Lanai
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago de Hawai | ||||
Situado na entidade xeográfica | Arquipélago de Hawai | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Condado de Maui, Estados Unidos de América (pt) | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 102.600 cm | ||||
Dimensións | 21 () × 29 () km | ||||
Perímetro | 84 km | ||||
Punto máis alto | Lānaihale (en) (1.030 m ) | ||||
Superficie | 363,97 km² | ||||
Actividade | |||||
Propietario | Larry Ellison, David H. Murdock (en) e Estados Unidos de América | ||||
Sitio web | gohawaii.com… | ||||
Lanai (oficialmente en hawaiano Lāna‘i) é unha das illas Hawai. Administrativamente depende do condado de Maui. O seu nome en hawaiano significa 'soportal' ou 'balcón'.
A illa é case circular, cunha forma que recorda un pouco a unha coma e unha superficie total de 364 km². Lanai está separada de Molokai pola canle Kalohi ao norte, e de Maui pola canle Au´au ao leste. A única cidade é Lāna‘i City, situada no centro da illa. A poboación total era de 3.193 habitantes no censo do 2000.
Lanai foi descuberta polo capitán Charles Clerke a bordo do HMS Resolution, o 25 de febreiro de 1779, cando partía das illas poucos días logo da morte de James Cook.
En 1922, James Dole, o presidente da Dole Food Company, comprou toda a illa de Lanai e converteuna na plantación de ananas máis grande do mundo. Chegou a producir o 75% do mercado de ananas, con especial éxito das ananas en conserva. Por iso Lanai ten o sobrenome de Pineapple Island ou Illa Ananas. Na década de 1980 comezouse a diversificar a economía cara ao turismo.
Turismo
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Turismo en Hawai.
O desenvolvemento do turismo en Lāna‘i foi bastante recente, coa retirada paulatina da industria da ananas nas illas.
Existen dous complexos hostaleiros en Lāna‘i: Manele Bay e o refuxio ou Lodge de Kō´ele. Este último é un caso atípico en Hawai´i xa que se atopa no interior e non preto da praia. Hai tamén un pequeno hotel en Lāna‘i City destinado principalmente a aloxar a quen visitan aos residentes en Lāna‘i. Ambos contan con campo de golf e forman parte dos Four Seasons.
O punto máis elevado é Lāna‘ihale, cunha altitude de 1.027 metros (3.370 pés).