Little Boy
Little Boy foi o nome en código da bomba atómica lanzada na cidade xaponesa de Hiroshima o 6 de agosto de 1945 durante a segunda guerra mundial dende a aeronave Boeing B-29 Superfortress Enola Gay, pilotada polo coronel Paul W. Tibbets, Jr., comandante do Grupo Composto 509 das Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos. Foi a primeira bomba atómica utilizada nunha guerra. O bombardeo de Hiroshima foi a segunda explosión nuclear artificial da historia trala proba Trinity, e a primeira detonación baseada en uranio. Estoupou cunha enerxía de aproximadamente 15 quilotóns de TNT (63 TJ). A bomba causou unha destrución significativa para a cidade e os seus habitantes.
A bomba Little Boy desenvolveuna o grupo da División O do capitán William S. Parsons baixo o mando do tenente comandante Francis Birch no Laboratorio de Los Alamos durante a segunda guerra mundial. Parsons voou na misión de Hiroshima como artilleiro. Little Boy foi un desenvolvemento do proxecto previo da bomba Thin Man. Ó igual que esta outra, era unha arma de fisión de tipo balístico, pero derivaba o seu poder explosivo da fisión nuclear do uranio-235 en lugar de basearse na fisión do plutonio-239. A fisión acadábase disparando un cilindro óco de uranio enriquecido a un cilindro sólido do mesmo material mediante unha carga de pólvora propulsora nitrocelulosa. Contiña 64 kg (141 lb) de uranio enriquecido, do que menos dun quilogramo experimentaba a fisión nuclear. Os seus compoñentes fabricáronse en tres plantas diferentes para que ninguén externo ó proxecto puidese obter unha copia do deseño completo.
Trala fin da guerra non se agardaba que o ineficiente deseño do Little Boy fose requirido de novo, polo que se destruíron moitos plans e diagramas do deseño, pero a mediados de 1946 os reactores de Hanford Engineer Works sufrían do efecto Wigner polo que se produciron seis ensamblaxes de Little Boy na Base Sandia. O Gabinete de Artillaría da Armada construíu outros 25 Little Boy en 1947 para usalos na aeronave Lockheed P2V Neptune. Tódalas unidades Little Boy retiráronse do servizo militar a finais de xaneiro de 1951.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Little Boy |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bernstein, Jeremy (2007). Nuclear Weapons: What You Need to Know. Cambridge University Press. ISBN 0-521-88408-X.
- Campbell, Richard H. (2005). The Silverplate Bombers: A History and Registry of the Enola Gay and Other B-29s Configured to Carry Atomic Bombs. Jefferson, North Carolina: McFarland & Company. ISBN 0-7864-2139-8. OCLC 58554961.
- Coster-Mullen, John (2012). Atom Bombs: The Top Secret Inside Story of Little Boy and Fat Man. Waukesha, Wisconsin: J. Coster-Mullen. OCLC 298514167.
- Glasstone, Samuel (1962). The Effects of Nuclear Weapons, Revised Edition. United States: United States Department of Defense, United States Atomic Energy Commission. ISBN 978-1258793555.
- Groves, Leslie R. (1962). Now it Can Be Told: the Story of the Manhattan Project. New York: Da Capo Press (1975 reprint). ISBN 0-306-70738-1.
- Hansen, Chuck (1995). Volume V: US Nuclear Weapons Histories. Swords of Armageddon: US Nuclear Weapons Development since 1945. Sunnyvale, California: Chuckelea Publications. ISBN 978-0-9791915-0-3. OCLC 231585284.
- Jones, Vincent (1985). Manhattan: The Army and the Atomic Bomb (PDF). Washington, D.C.: United States Army Center of Military History. OCLC 10913875. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de outubro de 2014. Consultado o 12 de decembro de 2017.
- Rhodes, Richard (1986). The Making of the Atomic Bomb. New York: Simon & Schuster. ISBN 0-684-81378-5. OCLC 13793436.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |