Lois o Xermánico
Nome orixinal | (de) Ludwig der Deutsche |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 806 |
Morte | 28 de agosto de 876 (69/70 anos) Frankfurt, Alemaña |
Lugar de sepultura | Abadia de Lorsch (pt) |
1º Rei de Francia Oriental | |
843 – 876 ← sen valor – Lois III de Alemaña → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Dinastía Carolinxia |
Cónxuxe | Emma da Baviera (827 (Gregoriano)–) |
Fillos | Gisla, Veronus, Verona, Hildegarda, Berta, Carlomán de Baviera, Ermengarda de Chiemsee, Lois III de Alemaña, Carlos III o Gordo |
Pais | Lois I o Piadoso e Ermengarda de Hesbaye |
Irmáns | Lotario I Pepino I da Aquitânia Carlos II o Calvo Arnulfo de Sens Xisela Rotruda Berta Hildegarda |
Descrito pola fonte | Hamburgische Biografie Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie |
Lois o Xermánico,[1][2] nado c. 806[3][4]/810[2] e finado o 28 de agosto de 876, tamén coñecido como Lois II (de Alemaña), foi o primeiro rei de Francia Oriental (actual Alemaña) e gobernou dende o 843 até a súa morte. Neto do emperador Carlomagno, era o terceiro fillo de Lois o Piadoso (Ludovico Pío), emperador de occidente, e a súa primeira esposa, Ermengarda de Hesbaye.[5] Recibiu o sobrenome Germanicus varios anos despois da súa morte, cando Francia Oriental comezou a ser coñecido como reino de Xermania.[6]
Despois de numerosos enfrontamentos co seu pai e irmáns, Lois recibiu o reino de Francia Oriental en 843 coa firma do Tratado de Verdún. Os seus intentos por conquistar o reino de Francia Occidental do seu irmán Carlos o Calvo en 858-59 foron infrutuosos. Os anos 860 estiveron marcados por unha profunda crise, con rebelións dos seus fillos en Francia Oriental, así como loitas para manter a supremacía no reino. Polo Tratado de Meerssen adquiriu Lotarinxia para Francia Oriental en 870. Porén, fracasou nos seus intentos por facerse co título de emperador e de conquistar Italia. No leste, Lois conseguiu unha paz duradeira cos moravos en 874 tras décadas de conflito.[7]
Gobernante competente e enérxico, fortaleceu a autoridade real nas súas terras e fomentou o desenvolvemento da literatura vernácula, anticipando o goberno de Odón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-06.
- ↑ 2,0 2,1 Goldberg 2006, pp. 26–27.
- ↑ Dutton 1990, p. 92.
- ↑ Costambeys, Innes & Maclean 2011, p. xx.
- ↑ Riche 1993, p. 145.
- ↑ A expresión latina Regnum Teutonicum corresponde ao alemán deutsches Reich en tradución literal. Porén, no uso común alemán, o termo deutsches Reich está reservado para o estado nacional alemán de 1871-1945, véxase: Matthias Springer, "Italia docet: Bemerkungen zu den Wörtern francus, theodiscus und teutonicus" en: Dieter Hägermann, Wolfgang Haubrichs, Jörg Jarnut (eds.), Akkulturation: Probleme einer germanisch-romanischen Kultursynthese in Spätantike und frühem Mittelalter, Walter de Gruyter (2013), 68-98 ((73ss).
- ↑ Prudentius (861). Annals of St. Bertin.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Costambeys, Marios; Innes, Matthew; MacLean, Simon (2011). The Carolingian World. Cambridge University Press.
- Dutton, Paul Edward (1990). "Beyond the Topos of Senescense: The Political Problems of Aged Carolingian Rulers". En Sheehan, Michael M. Aging and the Aged in Medieval Europe. Pontifical Institute of Medieval Studies.
- Geary, Patrick J. (2006). Women at the Beginning: Origin Myths from the Amazons to the Virgin Mary. Princeton University Press.
- Goldberg, Eric Joseph (2006). Struggle for Empire: Kingship and Conflict Under Louis the German, 817-876. Cornell University Press.
- Gwatkin, Henry Melvill; Whitney, James Pounder; Tanner, Joseph Robson; Previté-Orton, Charles William; Brooke, Zachary Nugent, eds. (1957). The Cambridge Medieval History. Volume 3. Macmillan.
- McKitterick, Rosamond (1999). The Frankish Kingdoms under the Carolingians. Longman.
- Reuter, Timothy (2013). Germany in the Early Middle Ages C. 800-1056. Routledge.
- Riche, Pierre (1993). The Carolingians: A Family who Forged Europe. University of Pennsylvania Press.
- Walsh, Michael J. (2007). A New Dictionary of Saints: East and West. Liturgical Press.