Manuel Rojo Moreira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
Morte | 19 de xuño de 1938 Palas de Rei, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente ecuestre |
Alcalde de Palas de Rei | |
1936 – 19 de xuño de 1938 (finado no cargo) ← Manuel Vázquez Ouro | |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Manuel Rojo Moreira, finado en Palas de Rei o 19 de xuño de 1938, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Rojo García e Manuela Moreira Suárez. Avogado en Palas de Rei. Foi xuíz municipal de Palas de Rei de 1924 a 1930.[1] Foi presidente da Sociedad de Agricultores, Oficios y Profesiones de Palas de Rei.[2] Nos anos finais da República militou no Bloque Nacional.[3] Logo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado presidente da xestora municipal de Palas de Rei. Logo da renovación da xestora, foi elixido alcalde de Palas de Rei o 7 de xuño de 1937.[4] Morreu a consecuencia do golpe dun cabalo que fuxía dunha casa incendiada o 19 de xuño de 1938.[5][6][7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Matilde Lagares Guntín e foi pai de Eugenia, José, Pablo e María Teresa Rojo Lagares.
Notas
[editar | editar a fonte]Predecesor: Manuel Vázquez Ouro |
Alcalde de Palas de Rei 1936 - 1938 |
Sucesor: Alejo Vázquez Viña |