Saltar ao contido

María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Cristina de Borbón»)
Modelo:BiografíaMaría Cristina de Borbón-Dúas Sicilias

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) María Cristina de Borbónuhj Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de abril de 1806 Editar o valor en Wikidata
Palermo, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte22 de agosto de 1878 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Le Havre, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCripta Real do Mosteiro do Escorial Editar o valor en Wikidata
Member of the Junta de Damas de Honor y Mérito (en) Traducir
29 de decembro de 1829 –
Consorte de España
Rexente de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, monarca Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
TítuloPrincesa
Raíña consorte de España
Raíña
Princess of the Two Sicilies (en) Traducir
Raíña nai Editar o valor en Wikidata
FamiliaPrincesas de Bourbon-Duas Sicílias pelo casamento (pt) Traducir e Casa de Borbón-Anjou Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAgustín Fernando Muñoz (1833–valor descoñecido)
Fernando VII (1829–1833) Editar o valor en Wikidata
FillosAntonio Muñoz y de Borbón
 () Agustín Fernando Muñoz
Isabel II de España
 () Fernando VII
Luísa Fernanda de Bourbon
 () Fernando VII
Maria Amparo Muñoz e Bourbon
 () Agustín Fernando Muñoz
Maria de los Milagros Muñoz
 () Agustín Fernando Muñoz
Agustín Muñoz, Duque de Tarancón
 () Agustín Fernando Muñoz
Fernando Muñoz, 2nd Duke of Tarancón
 () Agustín Fernando Muñoz
María Cristina Muñoz y Borbón
 () Agustín Fernando Muñoz
Juan Muñoz y de Borbón, Conde de Recuerdo
 () Agustín Fernando Muñoz
Jose Muñoz y de Borbón, Conde de Gracia
 () Agustín Fernando Muñoz Editar o valor en Wikidata
PaisFrancisco I das Duas Sicílias Editar o valor en Wikidata  e Maria Isabel de Bourbon Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarolina de Nápoles e da Sicília
Luísa Carlota de Bourbon-Duas Sicilias
Fernando II das Duas Sicílias
Carlos Fernando de Bourbon-Duas Sicílias
Leopoldo de Bourbon-Duas Sicílias
Maria Antónia das Duas Sicílias
Antônio de Bourbon-Duas Sicílias
Maria Amália de Bourbon-Duas Sicílias
Maria Carolina de Bourbon-Duas Sicílias
Tareixa Cristina de Borbón-Dúas Sicilias
Luís Carlos de Bourbon-Duas Sicílias
Francisco de Bourbon-Duas Sicílias Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4579341 WikiTree: Borbone-29 Find a Grave: 8857546 Editar o valor en Wikidata

María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, nada en Palermo o 27 de abril de 1806 e finada en Sainte Adresse (Francia) o 22 de agosto de 1878, foi unha nobre italiana, raíña consorte de España polo seu matrimonio con Fernando VII e raíña rexente durante a minoría de idade de Isabel II.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era filla de Francisco I Dúas Sicilias e de María Isabel de Borbón[1], e casou co seu tío, Fernando VII, en Aranjuez o 11 de decembro de 1829. Actuou como rexente durante a enfermidade e a morte do seu esposo, até que a súa filla Isabel acadase a maioría de idade e puidera chegar ao poder.

Para preservar os dereitos da súa filla ao trono de España, María Cristina apoiouse nos políticos liberais moderados, para facer fronte ao opositor da súa filla Carlos María Isidro de Borbón, que estaba apoiado polos sectores do absolutismo.

Na súa etapa de rexente, tivo que facer fronte á Primeira guerra carlista. Tratou de gobernar o país por medio dun Estatuto apoiándose na figura dun liberal moderado como Martínez de la Rosa, pero a insurrección de La Granja obrigouna a volver ao constitucionalismo. A súa política, hostil aos avances liberais, provocou un "descontento" na súa contra (1848) xustamente ao remate da Primeira Guerra Carlista. Ademais, durante a súa rexencia no 1833, disólvese a Xunta Superior do Reino de Galiza, dividindo a Galiza en catro provincias. Dende o seu cargo, mandou imprimir a Carta xeométrica de Galicia, que elaborara o xeógrafo Domingo Fontán.

Renunciou á rexencia e marchou a Francia, deixando en España as súas fillas (Isabel e Luísa Fernanda). Nese momento xa era de dominio público que, pouco despois de morrer Fernando VII, María Cristina casara en segredo (28 de decembro de 1833), en matrimonio morganático, co sarxento Agustín Fernando Muñoz, con quen tivo oito fillos desa relación, o que lle supuxo unha boa parte da súa impopularidade cando finalmente se fixo público.

Desde Francia, Cristina conspirou contra o xeneral Espartero e promoveu o levantamento frustrado de 1841. Coa caída de Espartero volveu a España, influíu na política do país e participou en negocios "sucios" que fixeron que o seu descrédito e o odio popular se estenderan.

Coa revolución de 1854 evitou o xuízo grazas á axuda de Espartero, que a permitiu fuxir. Dende aquel momento fixou a súa residencia en Sainte Adresse (Francia), onde morreu o 22 de agosto de 1878.

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Do primeiro matrimonio

[editar | editar a fonte]

Do segundo matrimonio

[editar | editar a fonte]

Antepasados

[editar | editar a fonte]
  1. VV., AA. (1844). Vida militar y política de Espartero. Vol. I. Madrid: Imprenta de la sociedad de operarios del mismo arte. p. 96. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Villa-Urrutia (1925). La reina gobernadora, Doña María Cristina de Borbón. Madrid: Francisco Beltrán. Prólogo del Conde de Romanones.
  • G. Rico, Eduardo (1994). María Cristina, la reina burguesa. Madrid: Planeta. ISBN 8408011871.
  • Cifuentes, Paula (2020). María Cristina. Reina gobernadora. Madrid: Ariel. ISBN 8434432676.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]