Novo Galeguismo
Novo Galeguismo | |
---|---|
Fagámonos escoitar como país | |
Tipo | organización política |
Ideoloxía | nacionalismo galego, europeísmo, Humanismo, Socialdemocracia, Democracia cristiá, Liberalismo, Federalismo europeo e Terceira vía |
Área de operación | Galicia |
Data de fundación | setembro de 2018 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Novo Galeguismo (NOGA), é unha organización nacionalista con forma de asociación ou foro para o debate de ideas, o pensamento político e a acción cívico-política fundada en setembro de 2018 en Santiago de Compostela. Nos seus medios en liña defínese como un "espazo para o debate e a acción cívica na defensa do futuro de Galicia".[1] Está composta fundamentalmente por exdirixentes do sindicato estudantil galeguista Irmandade Galega Universitaria, e por algún exmilitante de Compromiso por Galicia, Converxencia 21 e o Partido Popular de Galicia. Defende un nacionalismo galego europeista e unha visión pluripartidista do nacionalismo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]As orixes de Novo Galeguismo están na organización xuvenil e estudantil Irmandade Galega Universitaria, configurada esta última para dotar dunha organización xuvenil aos sectores máis moderados do nacionalismo galego. Logo da gradual perda de actividade de Compromiso por Galicia e a desaparición da Mocidade Nacionalista Galega e o Movemento Estudantil Universitario, un grupo de estudantes da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais lanza en novembro de 2018 a organización estudantil Irmandade Galega Universitaria[2], que contou nalgún dos seus actos coa participación de Anxo Quintana, Rafael Cuíña ou Xosé Luís Barreiro Rivas. Esta chegou a obter representación nas xuntas da propia facultade, na de Historia, Filosofía, Ciencias Económicas ou Farmacia, e tamén no claustro, en repetidos comicios.
Froito daquela actividade organizativa, algúns exdirixentes do sindicato estudantil, xunto a integrantes do colectivo O Ferrado,[3] ou militantes do Partido Galego, deciden botar a andar un foro de pensamento e acción cívico política galeguista, que traslade as reivindicacións do galeguismo defendido por Irmandade Galega Universitaria á sociedade civil. Nas súas redes teñen amosado afinidade pola idea de contar cun maior número de forzas políticas propias ademais do BNG, tamén teñen amosado o seu interese ante a idea de reformar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981, e igualmente teñen apelado ao Partido Galeguista, Unidade Galega, Coalición Galega, o PNG-PG, como referentes noutras etapas históricas e ao Partido Nacionalista Vasco ou Coalición Canaria como referentes no exterior.
O 15 de abril do 2024 a promotora da plataforma acordou vincularse ao partido político histórico Coalición Galega, co obxectivo de refundar o partido nacionalista que nas eleccións galegas de 1985 obtivo 165.450 votos e 11 deputados, co obxectivo de dotar a Galicia dun sistema de partidos propio e homologable a outras nacionalidades sen Estado de Europa. Tanto o foro coma o partido ao que están vencellados, pediu o voto para a Coalición por Unha Europa Solidaria nas eleccións Europeas de 2024, subscribindo o seu manifesto.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Conta de X de NovoGaleguismo". X (formerly Twitter). Consultado o 2023-11-28.
- ↑ Diario, Nós (2018-12-12). "Preséntase Irmandade Galega Universitaria, a asociación “do estudantado galeguista”". Nós Diario. Consultado o 2023-11-28.
- ↑ "Nós". O Ferrado (en castelán). Consultado o 2023-11-28.