Saltar ao contido

Sociedad Deportiva Octavio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Octavio Pilotes Posada»)
Academia Octavio
Equipo do Octavio no Trofeo Concello do Rosal 2014
Nome completoSociedad Deportiva Octavio
CidadeVigo, Galicia Galicia
Historia1966-2018
Fundado1966
Disolto2019
PavillónAs Travesas (4.500 espectadores)
PresidenteGalicia Javier Rodríguez López
AdestradorGalicia Enrique Domínguez
CompeticiónDivisión de Honra
Cores          Vermello e branco
Na rede
http://www.academiaoctaviovigo.com/
Facebook: academiaoctavio Twitter: AcademiaOctavio Editar o valor en Wikidata
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante
Sitio web
Sitio web oficial
Equipo do Octavio en decembro do 2012

O Octavio Pilotes Posada foi un equipo de balonmán de Vigo que antes da súa disolución en 2019 militaba no grupo A da Primeira Estatal. Xogaba como local no Complexo Deportivo das Travesas de Freixeiro, con capacidade para 4.500 persoas.

O Academia Octavio de Vigo foi fundado en 1966 por Octavio Rodríguez (pai do presidente Javier Rodríguez). O club comezou como equipo feminino, mais aos dous anos apareceu a sección masculina. Dous anos máis tarde desapareceu a sección feminina, deixando unicamente á sección masculina como representante do club.

En 1970 conseguiu o ascenso a 1ª Nacional, e o 5 de marzo de 1975 conseguiu o seu primeiro ascenso á Divisón de Honra. Logo de xogar dous anos na máxima categoría, o Octavio descendeu a 1ª Nacional. Na tempada 1979-80, o club olívico regresou por segunda vez na súa historia á máxima categoría. Desta vez, a súa andaina durou tres anos, tralos cales perdeu novamente a categoría.

Despois de tres anos na 1ª Nacional, o Academia Octavio tivo que xogar en 2ª Nacional durante a tempada 1985-86, aínda que ese mesmo ano conseguiu o ascenso a 1ª Nacional "B", categoría na que permaneceu ata a tempada 1990-91, cando conseguiu o ascenso a 1ª Nacional "A". Dúas tempadas máis tarde, na 1992-93, conseguiu o retorno á máxima categoría do balonmán español da man de Alejandro López. Nese momento comezaba a época dourada do club vigués: semifinais da Copa ASOBAL e final da Copa do Rei na tempada 1994-95, cuarto posto na tempada 1995-96, e tres anos consecutivos xogando competicións europeas. Mesmo nas tempadas 1996-97 e 1997-98 disputou as semifinais da Copa EHF e da City Cup respectivamente.

Na tempada 1997-98, o Octavio perdeu a categoría volvendo á División de Honra "B". A partir dese ano, o Octavio comezou a intercalar tempadas na División de Honra "B" con tempadas en ASOBAL (das últimas 13 tempadas: 6 en ASOBAL e 7 na División de Honra "B") gañando a sona de equipo "ascensor".

Na tempada 2010-11 acadou novamente o ascenso logo de pasar un ano na segunda categoría.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]