Saltar ao contido

Olaya Enrique

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOlaya Enrique
Biografía
Nacemento10 de maio de 2005 Editar o valor en Wikidata (19 anos)
Avilés, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2022– Real Madrid Femenino 6(0)
2024– cesión   Deportivo da Coruña Feminino 7(1)

Olaya Enrique Rodríguez, nada en Avilés o 10 de maio de 2005, é unha futbolista española que xoga como centrocampista no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira na canteira do CD Femiastur do seu Avilés natal, sección feminina do Real Avilés, no que xogou ata o verán de 2017, cunha paréntese dun ano no CF Versalles na tempada 2015/16. Para a tempada 2017/18 incorporouse ao equipo sub-14 do Sporting de Gijón, que compaxinou cos seus primeiros partidos co equipo B na liga autonómica asturiana, logrando o ascenso a Primeira Nacional, daquela terceira categoría do fútbol español. Na tempada 2019/20 xogou no equipo C, de novo na liga autonómica, contribuíndo con 18 goles en 15 partidos.

No verán de 2020 subiu ao primeiro equipo do Sporting, da Segunda División. O seu equipo logrou manterse na liga esa tempada e Olaya Enrique foi a segunda máxima goleadora do equipo con dez goles en 22 partidos. Na 2021/22 xogou 24 partidos e marcou dous goles, pero o Sporting quedou no penúltimo posto do Grupo Norte e, polo tanto, descendeu a Primeira Nacional.

En agosto de 2022, fichou polo Real Madrid, xogando inicialmente no filial de Segunda Federación.[1] Aquí converteuse nunha xogadora clave do equipo e fixo 21 partidos e catro goles ao longo da tempada.

O 10 de novembro de 2023 debutou co primeiro equipo do Real Madrid na Primeira División, nun partido ante a Real Sociedad no que substituíu no minuto 69 a Athenea del Castillo.[2] En total, disputou nove partidos oficiais co primeiro equipo esa tempada, e ademais conseguiu co filial o ascenso á Primeira Federación. Para a tempada 2024/25, foi cedida ao Deportivo da Coruña, que viña de ascender a Primeira.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección española sub-17 o 18 de agosto de 2021 nun amigable contra Noruega.[3] Máis tarde clasificouse para a fase final da Eurocopa sub-17 de 2022, onde España acadou a final, caendo ante Alemaña na quenda de penaltis. Olaya Enrique xogou catro partidos e anotou un gol durante o torneo. En outubro dese ano formou parte da selección española que disputou o Mundial sub-17. Xogou cinco partidos no certame mundial e proclamouse campioa ao derrotar na final a Colombia por 1-0.

Despois do Mundial, pasou á selección sub-19 e disputou con esta a Eurocopa de 2023. As españolas gañaron o título na quenda de penaltis da final contra Alemaña (despois de que encontro rematase sen goles). Olaya Enrique contribuíu con catro partidos durante o torneo.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Selección española sub-17
Selección española sub-19
  1. "El Sporting de Gijón traspasa a la joven Olaya Enrique al Real Madrid" (en castelán). 2 de agosto de 2022. Consultado o 30 de novembro de 2024. 
  2. Griñán, Marta (10 de novembro de 2023). "El Real Madrid se suelta la melena". As (en castelán). Consultado o 30 de novembro de 2024. 
  3. "La Selección española femenina Sub-17 se estrena con victoria ante Noruega en Montaigu (2-5)" (en castelán). 18 de agosto de 2021. Consultado o 30 de novembro de 2024.