Onymacris unguicularis
Aparencia
Onymacris unguicularis | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Onymacris unguicularis é unha especie de escaravello que recolle auga da néboa nativo do deserto do Namib do sur de África.[1] Son nativos dunha zona moi árida pero moi neboenta e teñen o hábito de apuntar a súa cabeza cara a atrás usando as patas e o resto do corpo para recoller auga. A néboa condénsase sobre o corpo do escaravello formando pingas de auga. Despois dirixe esas pingas cara a súa boca para hidratarse.[2]
A adaptación deste escaravello ao seu hábitat extremadamente árido inspirou novas tecnoloxías. Kitae Pak, un esudante da Universidade Nacional de Tecnoloxía de Seúl, inventou o Dew Bank, unha botella de auga qye recolle auga do resío de xeito similar a como o fai o escaravello.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hamilton, William J.; Seely, Mary K. (1976). "Fog basking by the Namib Desert beetle, Onymacris unguicularis". Nature 262 (5566): 284–285. doi:10.1038/262284a0.
- ↑ "Understanding Evolution". Arquivado dende o orixinal o 2014-08-29. Consultado o 2015-07-26.
- ↑ IDSA Dew Bank
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |