Aeroporto de Oslo-Gardermoen
Aeroporto de Oslo-Gardermoen Oslo lufthavn
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Oslo Lufthavn AS (parte de Avinor) | ||
Cidade/Illa | Oslo | ||
Localización | Gardermoen | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
01L/19R | 3 600 | 11 811 | asfalto/formigón |
01R/19L | 2 950 | 9 678 | asfalto/formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 25 788 610 |
O aeroporto de Oslo-Gardermoen (IATA: OSL, ICAO: ENGM) é o principal aeroporto internacional de Oslo, a capital e cidade máis habitada de Noruega. Oslo tamén está servido polo aeroporto de Sandefjord-Torp, a 119 km ao sur da cidade e usado principalmente por aeroliñas de baixo custo. Oslo-Gardermoen é o principal centro de conexións doméstico e o principal aeroporto internacional de Noruega, sendo o segundo aeroporto máis concorrido dos países nórdicos. É un centro de conexións de Scandinavian Airlines e unha base de operacións de Norwegian Air Shuttle, ademais dunha cidade focal para Widerøe. O artoporto ten 31 destinos domésticos e 128 internacionais. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións case 26 millóns de pasaxeiros, sendo o 19º aeroporto máis concorrido de Europa.
O aeroporto atópase a 35 km ao nordés de Oslo, en Gardermoen, pertencente ao municipio de Ullensaker e ao condado de Akershus. Ten dúas pistas paralelas con aproximadamente orientación norte-sur e que miden 3 600 e 2 950 metros e 71 zonas de estacionamento de avións, das cales 50 teñen pasarelas de acceso aos aparellos. O aeroporto está conectado ao centro da cidade por unha liña de ferrocarril de alta velocidade. A porcentaxe de pasaxeiros que usan o transporte público para ir ou regresar do aeroporto é unha das máis altas do mundo, chegando case ao 70%.[1] As instalacións en terra son propiedade de Oslo Lufthavn AS, unha subsidiaria da compañía estatal Avinor. Nas súas instalacións tamén se atopa a Estación Aérea de Gardermoen, operada pola Real Forza Aérea de Noruega. A finais de abril de 2017 inaugurouse unha expansión cunha nova terminal e un terceiro peirao de embarque.
O lugar onde se atopa o aeroporto foi usado primeiro polo exército noruegués dende o ano 1940, sendo construídas as primeiras instalacións do aeródromo militar na década dos 40. Gardermoen mantívose como un aeroporto de reserva para os voos fletados ao aeropuerto de Oslo-Fornebu ata o 8 de outubro de 1998, cando este foi pechado e o abriu o renovado aeroporto de Oslo-Gardermoen.11.4 billion Norwegian kroner (NOK).
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Avinor (ed.). "Rekordhøy kollektivandel i tilbringertransporten til Oslo Lufthavn". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2017. Consultado o 1 de setembro de 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2018. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ "Croatia Airlines schedules new routes in S17". Routesonline. Consultado o 6 March 2017.
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/275174/lot-resumes-oslo-service-in-march-2018/
- ↑ 2016, UBM (UK) Ltd. "Norwegian Adds Seasonal Oslo – Verona Service June – August 2016".[Ligazón morta]
- ↑ "Norwegian Adds Oslo – Las Vegas Service from Nov 2016". airlineroute. Consultado o 23 March 2016.
- ↑ "AEROCROATIA".
- ↑ "Oslo lufthavn – Avinor". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2018. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ 2016, UBM (UK) Ltd. "SAS Adds Miami Service from late–Sep 2016".[Ligazón morta]
- ↑ 2016, UBM (UK) Ltd. "SAS adds new European routes in S17".[Ligazón morta]
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ "SAS flights from Dublin (DUB) to Oslo (OSL)". FlightMapper.Net. Consultado o 19 April 2017.
- ↑ "Destinazioni – Aeroporto di Fiumicino – Adr.it – Aeroporti di Roma".[Ligazón morta]
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 "Flybilletter til Norge og resten av verden – fly med Widerøe".
- ↑ https://www.dfly.no/nye–widroeruter–fra–oslo–i–sommer/[Ligazón morta]
- ↑ 17,0 17,1 "AirBridge Cargo makes Avinor Oslo Airport the Scandinavian hub for air cargo". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2023. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ 19,0 19,1 "Cargolux launches cargo route at Avinor Oslo Airport". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- ↑ "Media - News & Press Releases - Emirates SkyCargo launches freighter service to Oslo - Emirates SkyCargo".