Saltar ao contido

Asociación Profesional de Xadrez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «PCA»)

A Asociación Profesional de Xadrez (PCA) en inglés Professional Chess Association foi unha organización rival da FIDE creada por Garri Kasparov e Nigel Short para organizaren e promoveren o seu propio Campionato do Mundo de xadrez, a entidade existiu dende 1993 ata 1996.

Creación

[editar | editar a fonte]

Nigel Short gañou no 1993 as eliminatorias do torneo de candidatos e clasificouse para xogar polo Campionato do Mundo de xadrez contra Garri Kasparov.

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
 Países Baixos Jan Timman  
 Suíza Viktor Korchnoi  2½  
 Países Baixos Jan Timman  6
   Alemaña Artur Yusupov  4  
 Alemaña Artur Yusupov  
 Ucraína Vassily Ivanchuk  4½  
 Países Baixos Jan Timman  5½
   Inglaterra Nigel Short  
 Inglaterra Nigel Short  5
  Boris Gelfand  3  
 Inglaterra Nigel Short  6
    Anatoli Karpov  4  
 India Viswanathan Anand  3½
  Anatoli Karpov    

As ofertas para o mundial de xadrez deberan seren concordadas por tres partes, polo campión, polo aspirante e pola federación, iso conforme as regras da FIDE. Segundo Nigel Short e Garri Kasparov, o naqueles tempos presidente da FIDE Florencio Campomanes incumpriu as regras da FIDE simplemente ó anunciar que Manchester gañara as poxas das ofertas para ser a sede do mundial. Cómpre notar que a FIDE recada unha parte considerábel dos seus ingresos coas contribucións dos mundiais.

A consecuencia diso, Kasparov e Short crearon a PCA nomeando a Bob Rice comisario, logo xogaron baixo a PCA o seu propio Campionato do Mundo en outubro do 1993. O duelo patrocinado polo xornal inglés The Times protagonizouse no edificio do Savoy Theatre en Londres. Kasparov venceu contundentemente por 12½ a 7½.

Duelo polo Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993
Partidas por orde 1[1] 2[2] 3[3] 4[4] 5[5] 6[6] 7[7] 8[8] 9[9] 10[10] 11[11] 12[12] 13[13] 14[14] 15[15] 16[16] 17[17] 18[18] 19[19] 20[20] Total
Garri Kasparov Rusia Rusia 1 ½ 1 1 ½ ½ 1 ½ 1 ½ ½ ½ ½ ½ 1 0 ½ ½ ½ ½ 12½
Nigel Short Inglaterra Inglaterra 0 ½ 0 0 ½ ½ 0 ½ 0 ½ ½ ½ ½ ½ 0 1 ½ ½ ½ ½

A FIDE anuloulle o título de Campión do Mundo a Kasparov e de paso organizou en contra outro Campionato do Mundo paralelo entre Anatoli Kárpov e Jan Timman, ambos foran eliminados por Short nas eliminatorias do torneo de candidatos. Kárpov gañou e proclamouse Campión do Mundo da FIDE. Por primeira vez na historia existiron dous campións do mundo ó mesmo tempo, o campión do mundo versión FIDE Anatoli Kárpov e o campión do mundo versión PCA Garri Kasparov.

Duelo polo Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Ámsterdam e Iacarta no 1993
Partidas por orde 1[21] 2[22] 3[23] 4[24] 5[25] 6[26] 7[27] 8[28] 9[29] 10[30] 11[31] 12[32] 13[33] 14[34] 15[35] 16[36] 17[37] 18[38] 19[39] 20[40] 21[41] Total
Jan Timman Países Baixos Países Baixos 0 1 ½ ½ ½ 0 ½ ½ ½ 0 ½ ½ ½ 0 0 0 ½ ½ ½ 1 ½
Anatoli Kárpov Rusia Rusia 1 0 ½ ½ ½ 1 ½ ½ ½ 1 ½ ½ ½ 1 1 1 ½ ½ ½ 0 ½ 12½

Ciclo 1995

[editar | editar a fonte]

A PCA levou a cabo un torneo Interzonal e duelos de candidatos co mesmo estilo das clasificatorias da FIDE entre 1993 e 1995. A FIDE tamén tivo o seu propio ciclo e algúns dos xadrecistas xogaron o ciclo da FIDE e ó mesmo tempo tamén o da PCA. O torneo dos candidatos da PCA gañouno o indio Viswanathan Anand.

Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
  Gata Kamsky  
  Vladimir Kramnik  1½  
  Gata Kamsky  
   Inglaterra Nigel Short  1½  
 Inglaterra Nigel Short  
  Boris Gulko  5½  
  Gata Kamsky  4½
   India Viswanathan Anand  
 Inglaterra Michael Adams  
  Sergei Tiviakov  6½  
 Inglaterra Michael Adams  1½
   India Viswanathan Anand    
 India Viswanathan Anand  5
 Ucraína Oleg Romanishin  2  


Kasparov denfendeu o seu título de Campión do Mundo versión PCA contra Anand nas Torres xemelgas (World Trade Center) de Nova York, o duelo empezara o 11 de setembro no 1995 e Kasparov gañou o duelo de 18 partidas 10½ a 7½.

Duelo polo Campionato do Mundo da PCA na planta 107 da torre xemelga sur en Nova York no 1995
Partidas por orde 1[42] 2[43] 3[44] 4[45] 5[46] 6[47] 7[48] 8[49] 9[50] 10[51] 11[52] 12[53] 13[54] 14[55] 15[56] 16[57] 17[58] 18[59] Total
Viswanathan Anand India India ½ ½ ½ ½ ½ ½ ½ ½ 1 0 0 ½ 0 0 ½ ½ ½ ½
Garri Kasparov Rusia Rusia ½ ½ ½ ½ ½ ½ ½ ½ 0 1 1 ½ 1 1 ½ ½ ½ ½ 10½

Desaparición e secuelas

[editar | editar a fonte]

A PCA perdeu o seu patrocinador principal Intel no 1996 e parou de existir pouco despois. Iso deixou a Kasparov sen capacidade de organizar un ciclo de clasificacións para pór o seu propio título en xogo. Kasparov escolleu no ano 2000 arbitrariamente ó seu ex pupilo Vladímir Krámnik como contrincante para o Campionato do Mundo. Ese comportamento deixou moi mal sabor no mundo do xadrez xa que o posto de aspirante correspondía a Aleksei Xírov por gañarlle no 1998 a Krámnik nun duelo sen perder ningunha partida.

Dese xeito creou Kasparov nepotismo, el mesmo culpou toda a súa vida á FIDE e á Unión Soviética polo mesmo. Así predicou auga e bebeu viño. Sexa como for, no 2000 encontraron como patrocinador a Braingames. Kasparov e Krámnik xogaron polo título ó cal chamaron Campionato do Mundo Clásico de xadrez. A idea de poñelo clásico xurdiu porque segundo eles se entendía que só un aspirante que gañase ó Campión do Mundo podería ser campión. Unha maneira algo esquizofrénica porque eles mesmos se desautorizaban do título, xa que pola mesma regra de tres, Bobby Fischer sería o Campión Clásico ata morrer no 2008.

Krámnik derrotou a Kasparov sen perder ningunha partida, de modo que Kasparov sería naqueles momentos o único Campión do Mundo na historia que foi destronado sen nin poder gañar unha partida, o que foi un rexistro histórico remarcábel. Máis aínda tendo en conta que Krámnik perdera dous anos antes tamén sen gañar unha partida nun enfrontamento contra Xírov.

As secuelas da separación da FIDE en 1993 foron supostamente pechadas co título de reunificación no 2006 cando o Campión da versión FIDE Veselin Topalov perdeu contra Krámnik, mais no mundo real as secuelas seguen intactas.

  1. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, primeira partida
  2. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, segunda partida
  3. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, terceira partida
  4. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, cuarta partida
  5. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, quinta partida
  6. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, sexta partida
  7. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, sétima partida
  8. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, oitava partida
  9. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, novena partida
  10. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, décima partida
  11. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, undédima partida
  12. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, duodécima partida
  13. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, décimo terceira partida
  14. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, décimo cuarta partida
  15. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, décimo quinta partida
  16. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, décimo sexta partida
  17. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, décimo sétima partida
  18. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, décimo oitava partida
  19. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, décimo novena partida
  20. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, vixésima partida
  21. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, primeira partida
  22. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, segunda partida
  23. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, terceira partida
  24. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, cuarta partida
  25. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, quinta partida
  26. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, sexta partida
  27. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, sétima partida
  28. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, oitava partida
  29. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, novena partida
  30. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, décima partida
  31. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, undécima partida
  32. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, duodécima partida
  33. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, décimo terceira partida
  34. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, décimo cuarta partida
  35. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, décimo quinta partida
  36. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, décimo sexta partida
  37. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, décimo sétima partida
  38. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, décimo oitava partida
  39. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, décimo novena partida
  40. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Kárpov-Timman, vixésima partida
  41. Campionato do Mundo da FIDE en Zwolle, Arnhem, Amsterdam e Iacarta no 1993, Timman-Kárpov, vixésimo primeira partida
  42. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, primeira partida
  43. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, segunda partida
  44. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, terceira partida
  45. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, cuarta partida
  46. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, quinta partida
  47. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, sexta partida
  48. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, sétima partida
  49. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, oitava partida
  50. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, novena partida
  51. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, décima partida
  52. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, undédima partida
  53. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, duodécima partida
  54. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, décimo terceira partida
  55. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, décimo cuarta partida
  56. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, décimo quinta partida
  57. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, décimo sexta partida
  58. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Anand-Kasparov, décimo sétima partida
  59. Campionato do Mundo da PCA en Nova York no 1995, Kasparov-Anand, décimo oitava partida