Saltar ao contido

Palacio Real de Aranjuez

Palacio Real de Aranjuez
Palacio Real de Aranjuez
Coordenadas40°02′11″N 3°36′29″O / 40.036363888889, -3.6081805555556
editar datos en Wikidata ]

O Palacio Real de Aranjuez é unha das residencias da Familia Real Española, situada no Real Sitio e Vila de Aranjuez (Comunidade de Madrid), que é xestionada e mantida por Patrimonio Nacional.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Cando o Emperador Carlos V empezou a interesarse por desenvolver Aranjuez como unha vila rexia con amplo coto de caza aposentouse, como en 1501 fixera Filipe o Fermoso, no vello palacio dos maestres de Santiago.

Foi erixido por orde de Filipe II, quen lle encomendou o proxecto ao arquitecto Juan Bautista de Toledo, que morreu durante a súa construción, polo que a súa discípulo Juan de Herrera foi o encargado de rematar a obra. Durante todo o século XVII parouse a obra, ata que en tempos de Fernando VI lévase a cabo unha importante ampliación, que continuará Carlos III dotándoo dunhas ás que encerran o patio de armas, tal e como se pode contemplar hoxe en día. Un palacio menor, a chamada Casa do Labrador, sitúase fóra do recinto, formando parte do Xardín do Príncipe.

Os inmensos xardíns, proxectados para enxalzar a residencia real da árida e seca meseta do centro de España, e regados coas augas dos ríos Texo e Jarama, son os máis importantes do período dos Habsburgo en España. Alcanzaron singular renome grazas ao Concerto de Aranjuez, de Joaquín Rodrigo, considerada a composición musical española máis escoitada no mundo. En 2001 esta contorna foi declarada «Paisaxe Cultural Patrimonio da Humanidade» pola Unesco.

Do Palacio destacan a Sala Chinesa ou Gabinete de Porcelana, así como a Sala dos Espellos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]