Saltar ao contido

Palacio de Congresos (Campo de las Naciones)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio de Congresos (Campo de las Naciones)
Coordenadas40°27′44″N 3°37′00″O / 40.4621, -3.61663
editar datos en Wikidata ]
O edificio Apot, de estilo moderno, que é a arquitectura típica da zona
Glorieta Don Juan de Borbón no Campo de las Naciones, xunto ao parque Juan Carlos I
Parque Juan Carlos I

O Campo de las Naciones é un espazo situado no barrio de Corralejos no distrito de Barajas, en Madrid, España. Inclúe o Pazo Municipal de Congresos de Madrid,[1] o recinto feiral de IFEMA,[2] o parque Juan Carlos I e o parque empresarial Puerta de las Naciones. Deseñouno o arquitecto Ricardo Bofill Levi.

Características

[editar | editar a fonte]

O seu deseño moderno, propio das obras daquel arquitecto, e unha superficie útil de máis de Modelo:Unidade distribuídas nas súas 14 plantas (7 delas subterráneas), confírelle unha gran versatilidade, coa tecnoloxía e os servizos necesarios para absorber todas as demandas do mercado, especialmente a organización de congresos, feiras e grandes encontros de todo tipo.

O edificio conta con aparcadoiro público, amplos espazos expositivos, dous auditorios con capacidade para 913 e 1.814 persoas respectivamente,[3] unha sala multiusos de 2200 m² e trinta cuartos de diferentes capacidades.

Na década de 1980[4] decidiuse destinar a zona a turismo, empresas e congresos. A zona bautizouse como Campo das Nacións.[4]

En 1988 a empresa de xestión pública municipal que ía xestionar este inmoble bautizouse como Campo de las Naciones. En 2006, cando xa xestionaba este Pazo e outros edificios expositivos da cidade, cambiou o seu nome a Madrid Espacios y Congresos S.A., coa denominación comercial de Madridec.[5] Con todo, Madridec quebra en 2013 e o propio Concello converteuse no xestor das súas débedas e patrimonio.[6]

En 1991 inauguráronse preto del as instalacións feirais de IFEMA.[7]

Entre outros eventos, acolleu cumios internacionais da OTAN, a Unión Europea e a Asemblea Anual do Fondo Monetario Internacional.

O 15 de decembro de 1995 acordouse aquí denominar euro a moeda única europea.[8][9][10]

En outubro de 2003 celebrouse a Conferencia Internacional de Doadores para a Reconstrución de Iraq.

Desde xaneiro de 2019 está xestionado por IFEMA.[11]


Referencias
  1. Modelo:Quote news
  2. Daniel Sänchez e Beatriz Lucas (10 de xullo de 2005). "A candidatura que podería cambiar un distrito". El País. 
  3. Bruno García Gallo (14 de marzo de 2013). "Arreglar la seguridad del Palacio de Congresos le cuesta un millón a Botella". El País. 
  4. 4,0 4,1 "El PSOE decidió su canidato para el Campo de las Naciones". El País. 17 de decembro de 1988. 
  5. "La empresa Campo de las Naciones cambia su nombre por Madrid Espacios y Congresos". El País. 9 de maio de 2006. 
  6. Bruño García Gallo (30 de xullo de 2013). "La quiebra de Madridec deja otro agujero de 400 millones al Ayuntamiento". El País. 
  7. "El Rey inaugurará hoy el nuevo recinto ferial, que acogerá cuatro millones de visitas". El País. 20 de decembro de 1991. 
  8. "Nace en Madrid el euro, moneda única de la UE". El País. 16 de decembro de 1995. 
  9. "España y la Unión Europea". Ministerio de Asuntos Exteriores de España. Arquivado dende o orixinal o |url-arquivo= require |data-arquivo= (Axuda). Consultado o 7 de outubro de 2015.  Parámetro descoñecido |dataaaquivo= ignorado (Axuda)
  10. Ignacio Cembrero y Xavier Vidal-Kosh (15 de decembro de 1995). "Madrid recibe la mayor concentración de líderes extranjeros de su historia". El País. 
  11. "IFEMA Palacio Municipal". eventoplus. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]