Saltar ao contido

Palinúridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Palinuridae»)
Palinúridos
Palinuridae

Rango fósil: 110 - 0 Ma

Palinurus elephas, a lagosta europea ou vermella,
no Museo Oceanográfico de Mónaco
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Subfilo: Crustacea
Clase: Malacostraca
Orde: Decapoda
Suborde: Pleocyemata
Infraorde: Achelata
Familia: Palinuridae
Latreille, 1802
Xéneros
Véexase o texto
Sinonimia
Véexase o texto
Exemplar xuvenil de Panulirus cygnus, a lagosta australiana.
Jasus edwardsii, especie do sur de Australia e de Nova Zelandia.

A dos palinúrios (Palinuridae) é unha familia de crustáceos malacostráceos da orde dos decápodos, suborde dos pleociemados e infraorde dos aquelados (que non teñen quelas ou pinzas),[1] que comprede unhas 60 especies,[2][3] coñecidas vulgarmente como lagostas.[4]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A familia foi desrita en 1802 polo zoólogo francés Pierre André Latreille.[1][5]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico da familia, Palinuidae, está formado sobre a raíz do nome do seu xénero tipo, Palinurus, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.

Sinónimo

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo protónimo que lle impuxo Latreillr, a familia coñeceuse tamén polo sinónimo:[6]

  • Synaxidae Spence Bate, 1881

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Na actualidade (2020) na familia coñécense os seguintes 11 xéneros:[1]

Porén, algúns autores, como os expertos do ITIS, só recoñecen estes 8:[5]

  • Jasus Parker, 1883
  • Justitia Holthuis, 1946
  • Linuparus White, 1847
  • Palinurus Weber, 1795
  • Palinustus A. Milne-Edwards, 1880
  • Panulirus White, 1847
  • Projasus George & Grindley, 1964
  • Puerulus Ortmann, 1897

Características

[editar | editar a fonte]

As principais característiucas dos membros deta familia son:[7][8]

  • Corpo co cacho sen rostro, ou cun moi rudimentario.
  • Patas sen pinzas verdadeiras, co primeiro par non moi desenvolvido (agás en Justitia sp).
  • Antenas alongadas, cilíndricas, máis longas que o corpo.

Rexistro fósil

[editar | editar a fonte]

O rexistro fósil das langostas ampliouse notabelmente co achado en 1995 dun fósil de 110 millóns de anos preto de El Espiñal, en Chiapas, México. Os investigadores da Universidade Nacional Autónoma de México nomearon este fósil como Palinurus palaecosi e informaronn que é o máis achegado aos membros do xénero Palinurus que actualmente viven nas costas de África.[9]

  1. 1,0 1,1 1,2 Palinuridae Latreille, 1802 no WoRMS. Consultado o 15 de febreiro de 2020.
  2. Harold W. Sims Jr. (1965). "Let's call the spiny lobster "spiny lobster"". Crustaceana 8 (1): 109–110. 
  3. Ferran Palero; Keith A. Crandall; Pere Abelló; Enrique Macpherson; Marta Pascual (2009). "Phylogenetic relationships between spiny, slipper and coral lobsters (Crustacea, Decapoda, Achelata)". Molecular Phylogenetics and Evolution 50 (1): 152–162. 
  4. palinúridos, en Xosé Feixó, dir. (1999): Dicionario Cumio da lingua galega. Vigo: Edicións do Cumio. ISBN 84-8289-091-3.
  5. 5,0 5,1 Palinuridae Latreille, 1802 no ITIS.
  6. Synaxidae Spence Bate, 1881 no WoRMS.
  7. Lipke Holthuis (1991). "Glossary". FAO species catalogue Vol. 13: Marine Lobsters of the World. Food and Agriculture Organization. ISBN 92-5103-027-8. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 16 de febreiro de 2020. 
  8. P. J. Hayward & J. S. Ryland (1996). Handbook of the Marine Fauna of North-West Europe. Oxford University Press. p. 430. ISBN 0-1985-4055-8. 
  9. Victoria Jaggard (3 de maio de 2007). "Photo in the news: oldest lobster fossil found in Mexico". National Geographic. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Martin, J. W. & Davis, G. E. (2001): An updated classification of the recent Crustacea. Science Series, 39. Natural History Museum of Los Angeles County. Los Angeles, CA, USA.
  • Chan, T. Y. (2010): "Annotated Checklist of the World's Marine Lobsters (Crustacea: Decapoda: Astacidea, Glypheidea, Achelata, Polychelida)". The Raffles Bulletin of Zoology. Supplement Nº 23: 153–181.