Saltar ao contido

Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris
(en) Manovo-Gounda St. Floris National Park Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoParque nacional Editar o valor en Wikidata
Parte deNortheast Central African Republic (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBamingui-Bangoran, República Centroafricana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 8°30′N 21°30′L / 8.5, 21.5
Características
Altitude425 m Editar o valor en Wikidata
Superficie17.400 km²
Patrimonio da Humanidade: 1.740.000 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → África
Data1988 (12ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) e (x) Editar o valor en Wikidata
En perigo1997 Editar o valor en Wikidata
Identificador475
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 2256 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación17 de maio de 1979 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1997-lista do Patrimonio Mundial en Perigo Editar o valor en Wikidata

O Parque Nacional do Manovo-Gounda St. Floris é un parque nacional declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO que se atopa na prefectura centroafricana de Bamingui-Bangoran, preto da fronteira co Chad. Foi inscrito na lista de Patrimonio da Humanidade no ano 1988[1] grazas á diversidade da vida salvaxe que acolle.

Localización

[editar | editar a fonte]

Ocupa a meirande parte da zona oriental da prefectura de Bamingui-Bangoran, ao norte da República Centroafricana. O seu límite setentrional coincide coa fronteira co Chad nos ríos Aouk (Bahr) e Kameur, a oriental co río Vakaga, a occidental co río Manovo (a uns 40 km ao leste de Ndéle) e a meridional co macizo de Bongo.

Conservación

[editar | editar a fonte]

Destacan especies como o rinoceronte negro, o elefante, o guepardo, o leopardo, a gacela de fronte vermella e o búfalo; así como unha ampla gama de aves acuáticas que se atopan nas chairas anegadas do norte. Porén, o parque está baixo ameaza por mor do case exterminio das súas especies de fauna raras. En 1997 pasou a ser incluído na lista do Patrimonio Mundial en Perigo despois de informes de pastoreo ilegal e de cazadores furtivos que puideron capturar até o 80% da fauna no parque.

Os disparos a catro membros do persoal do parque a comezos de 1997 e un estado xeral de deterioración da seguridade fixo que todos os proxectos de desenvolvemento e de turismo ficasen parados. O goberno da República Centroafricana propón asignar a responsabilidade da xestión do parque a unha fundación privada. A preparación dun informe de conservación e un plan de rehabilitación foi recomendado polo Comité do Patrimonio da Humanidade na reunión de 1988, trala que se comezou a traballar en programas de mellora para reactivar a vida silvestre.

  1. "Manovo-Gounda St Floris National Park". Consultado o 11 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]