Saltar ao contido

Pércidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Percidae»)
Perca común

Os pércidos (Percidae), comunmente percas, son unha familia de peixes propios de augas doces e salobres, incluídos na orde dos Perciformes. Están distribuídos por todo o hemisferio Norte.

Inclúe especies tan coñecidas como a perca común (Perca fluviatilis).

Características

[editar | editar a fonte]

Corpo alargado, algo oblongo e comprimido, con escamas ctneoideas. Boca grande, terminal ou subterminal, co premaxilar protráctil ou non e varias filas de dentes afiados.

Dúas aletas dorsais: a primeira con 6-15 espiñas e a segunda con raios brandos ramificados; a aleta anal é oposta á segunda dorsal, con dúas espiñas; pelvianas en posición torácica, cunha espiña e 5 raios brandos; caudal algo fendida.

O talle máximo rexistrado é de 100 cm (Sander lucioperca).

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Comprenden dez xéneros e unhas 200 especies:

  • Xénero Ammocrypta
  • Xénero Crystallaria
  • Xénero Etheostoma
  • Xénero Gymnocephalus
  • Xénero Perca
  • Xénero Percarina
  • Xénero Percina
  • Xénero Romanichthys
  • Xénero Sander
  • Xénero Zingel

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]