Planetes
Este artigo ou sección describe un tema de ficción principalmente desde unha perspectiva ficticia. Por favor, revise o contido e reescriba o mesmo para explicar a ficción con claridade, desde a perspectiva do mundo real. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2016.) |
Planetes | |
---|---|
Formato | Ciencia ficción, Acción, Aventuras |
Creado por | Gorō Taniguchi |
Intérpretes | Animación |
Tema de apertura | "Dive in the Sky", por Mikio Sakai |
Tema de peche | "Wonderful Life", por Mikio Sakai (episodios 1-25) "PLANETES", por Hitomi Kuroishi (episodio 26) |
País de orixe | Xapón |
Lingua(s) | xaponés |
Episodios | 26 |
Produción | |
Produtor(es) | Sunrise |
Duración | 24 minutos por episodio |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | NHK BS2 |
Primeiro episodio | 4 de outubro do 2003 |
Derradeiro episodio | 17 de abril do 2004 |
Na rede | |
http://www.planet-es.net | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Planetes (プラネテス?) é un manga escrito e ilustrado por Makoto Yukimura, composto por 4 tomos, do que tamén se realizou unha serie de anime co mesmo título. Dirixida por Goro Taniguchi e producida por Sunrise, consta dun total de 26 episodios. Foi estreada o 4 de outubro do 2003.
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia ambiéntase no ano 2075 e trata sobre un grupo de astronautas empregados na estación espacial Tecnora, na sección de refugallos, máis coñecida como “a semi” (xa que é un grupo con recorte de orzamento e só conta coa metade do persoal) cuxo deber é recoller o lixo espacial que interfere nas actividades aeronáuticas da Terra.
Dende o accidente sufrido pola nave de pasaxeiros Alnail-8, no ano 2068, o problema do lixo espacial cobrou grande importancia e protagonismo; satélites artificiais dun só uso, tanques abandonados polas lanzadeiras, residuos derivados da construción de estacións espaciais. Todos estes refugallos orbitan ao redor da Terra a velocidades que roldan o 8 km/s. O impacto dun destes obxectos cunha nave espacial podería provocar un grave accidente, e para evitar que unha nova traxedia se repetise, considerouse necesario para a carreira espacial manter baixo control a súa recollida.
No futuro que expón a serie, o ser humano xa colonizou a Lúa e chegou ata Marte no ano 2058, por mor disto existe unha organización terrorista chamada “Fronte de defensa espacial” que se opón a que o ser humano colonice e contamine outros planetas, e atópanse varias veces cos protagonistas ao longo da serie.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Hachirota Hoshino (星野 八郎太 Hoshino Hachirōta?): co alcume de “Hachimaki” (en xaponés «cinta para o cabelo», xa que el sempre leva unha nas súas misións espaciais, e que lle fai situarse na realidade e axúdalle a concentrarse), é un dos co-protagonistas. Leva no traballo de recolledor de lixo 4 anos, xunto cos seus compañeiros Fee Carmichael e Yuri Mihairokoh, pero el sempre soñou con ter a súa propia nave espacial. Pronto se dará conta de que non todo é posible e que as cousas as consegue quen pode. Xa ben entrada a historia, Hachimaki sentirase moi unido á nave que lle levará a Xúpiter, a Wernher Von Braun, á que chama “a miña nave”. Exprésase fatal nos asuntos sentimentais, pero Tanabe enténdelle perfectamente.
- Ai Tanabe (田名部 愛 Tanabe Ai?): É unha rapariga que se une á Debris Section (a sección de refugallos). Inicialmente terá unha relación de antipatía con Hachimaki, co que non está de acordo en nada, pero ao final sucederá todo o contrario, cando Hachimaki dáse conta de que cada un ten un gran afecto polo outro. Nun principio é reservada, cautelosa, tímida, pero acabará sendo moi decidido a levar a cabo o que se propón, recorrendo á súa idea de que o amor o arranxa todo, que sen amor ninguén podería existir, e de que ninguén quere vivir nin morrer só. Ao final da historia, ao ser atacada a nave Von Braun por uns terroristas, chamados “Fronte de Defensa do Espazo”, Tanabe sofre unha hipoxia por falta de aire no seu traxe e as súas funcións motrices quedan moi afectadas, pero acabará recuperándose. Xogando a un xogo de palabras con Hachimaki, a este tócalle unha palabra que comeza por “cas-”, á que responde “casemos”.
- Fee Carmichael: é a capitá da DS-12 Toy Box, a nave da semi. Naceu en Richmond, Virxinia, Estados Unidos de América. É unha muller moi protectora dos integrantes do seu grupo. Na oficina sempre está a fumar nunha cabina. É moi calculadora, intelixente, pero cun defecto, é unha fumadora irremediable, tanto que recorrerá a un accidente, aproveitando que combateu contra unha nave dos terroristas, para volver fumarse un cigarro despois de 4 días de intentos errados de facelo. Nas naves espaciais hai moi pouco sitio para xente fumadora, cousa que lle saca de couzón.
- Yuri Mihairokoh (Юрий Михалков): É un astronauta ruso que encerra tras un muro de pedra o seu pasado e os seus sentimentos. Fíxose recuperador de refugallos unicamente para recuperar o compás da súa muller, falecida no accidente da Alnail-8. Cando por fin o atopa, e coa axuda do irmán novo de Hachimaki e tras 6 anos de procura, reflexiona seriamente sobre a súa dimisión, xa que a súa misión está cumprida. Finalmente quedará no grupo porque pensa que xa non está atado ao seu pasado e pode decidir a súa vida, cegada pola dor da morte da súa esposa. É o encargado do coidado e mantemento dos animais que se sitúan na “seven” (ISPV 7), a estación espacial desde onde comezan as súas misións de recuperadores.
Episodios do anime
[editar | editar a fonte]- Na exosfera
- Como un soño
- Órbita de retorno
- Profesionais
- Lévame á Lúa
- Esquíos voadores na Lúa
- A moza extraterrestre
- Un lugar onde apoiarse
- Espiñas cravadas
- Estrelas residuais
- Fronteiras
- Un humilde desexo
- Paisaxe cun foguete
- Punto de inflexión
- Cousas dela
- Ignición
- O elixido
- O último día do departamento de refugallos
- Os finais sempre son…
- Dúbidas e máis dúbidas
- Espello Tandem
- Revelación
- Refugallos á deriva
- Amor
- Persoa desaparecida
- E os días que se cruzan…