Síndrome respiratoria aguda grave
Síndrome respiratoria aguda grave | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Radiografía de paciente con SARS, mostrando opacidade por pulmonía | |
ICD-10 | U04 |
ICD-9 | 079.82 |
DiseasesDB | 32835 |
MedlinePlus | 007192 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A síndrome respiratoria aguda grave (SARS, siglas en inglés) ou pneumonía asiática é unha enfermidade relacionada coa pneumonía, da que se coñecen dous episodios. O axente causante é o coronavirus da SARS.[1]
Pneumonía asiática I
[editar | editar a fonte]A pneumonía asiática fixo a súa aparición na provincia de Guandong en novembro de 2002 e declarouse como finalizada 8 meses despois. Estendeuse a uns 30 países, principalmente de Asia, deixando un saldo de 774 mortos, 349 deles en China e 299 en Hong Kong.
Pneumonía asiática II
[editar | editar a fonte]Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde setembro de 2013) |
(datos de comezos de 2004)
Repunta da enfermidade
[editar | editar a fonte]As autoridades chinesas, confirman o segundo caso de síndrome respiratoria aguda grave (xaneiro 2004), coñecido como pneumonía asiática. Mentres, a Organización Mundial da Saúde (OMS), envía ó país asiático a un equipo de expertos para identificar a fonte de contaxio do último caso. A alarma saltou en Pequín, onde unha muller ingresou cos síntomas desta epidemia.
A primeira afectada
[editar | editar a fonte]Unha rapaza de 20 anos, atópase en corentena e sometida a tratamento no hospital de Guangzhou. Os primeiros síntomas de febre producíronse o 26 de decembro (2003). Ata 48 persoas que tiveron contacto estreito coa paciente foron illadas e sometidas a un proceso de desinfección da zona onde residía. Outras 52 persoas que tamén estiveron en contacto con ela foron sometidas a estreita vixilancia médica.
Segundo afectado
[editar | editar a fonte]Un produtor de televisión de 32 anos protagonizou o segundo caso da síndrome respiratoria. Foi declarado sospeitoso polas autoridades da provincia de Guangdong, o sábado 27 de decembro e o luns 29, confirmouse que se trataba dun caso de pneumonía asiática. Ningunha das 81 persoas que estiveron en contacto con este paciente amosaron síntomas da enfermidade e a última delas debería saír de corentena o 28 de xaneiro de 2004.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Thiel V, ed. (2007). Coronaviruses: Molecular and Cellular Biology (1st ed.). Caister Academic Press. ISBN 978-1-904455-16-5.