Saltar ao contido

Pobo triqui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo triqui
Triquis durante a procesión do domingo de Ramos.
Poboación
Poboación total:
c  26 000[1]
Rexións principais:
MéxicoOaxaca, Estado de México, Cidade de México e Baixa California
Aspectos culturais
LinguaLinguas triquis e castelán
Relixióncatolicismo e crenzas tradicionais
Grupos
relacionados
pobo mixteca e pobo cuicateco

Os triquis son un pobo indíxena que habita no noroeste do estado de Oaxaca, México, formando unha illa cultural no territorio mixteco.[2] Caracterízanse polos seus huipiles vermellos,[3] e algúns practican a relixión tradicional triqui xunto coa relixión católica.

Orixe lendaria

[editar | editar a fonte]

Na tradición oral dise que os triquis proviñan de Monte Albán, de onde foron expulsados por desobedecer as ordes do rei. Desprazáronse á parte baixa da costa oaxaqueña, pero debido ó clima extremadamente caloroso buscaron rexións máis altas e asentáronse en Tlaxiaco, de onde tamén os expulsou o cacique do lugar.[4]

  1. INEGI (2010). "Lenguas indígenas en México y hablantes (de 5 años y más) al 2010". Hablantes de lengua indígena en México. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 6 de setembro de 2011. 
  2. Grupo indígena mexicano que habita en la zona occidental del estado de Oaxaca, en la Mixteca Alta y en las sierras de Chicahuaxtla y de Coyoacán. Véxase: "Trique" en Diccionario del Español de México (DEM). El Colegio de México, A.C., consultado o 29 de marzo de 2019.
  3. Takahashi, Masako. Mexican Textiles: Spirit and Style. Chronicle Books. 2003.
  4. Comisión Nacional para el Desarrollo de los Pueblos Indígenas. "Triquis-Tinujei". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]