Saltar ao contido

Praza de Portugal (Vigo)

Praza de Portugal
Fonte na praza de Portugal.
Tipoloxíapraza
Localización
LocalidadeVigo
Código postal36201

A praza de Portugal é unha praza situada na cidade de Vigo. Construíuse en 1929 durante a alcaldía de Gregorio Espino, con deseño do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez.[1] Creouse para ampliar os espazos verdes e de lecer no centro da cidade, e a súa estrutura salva un desnivel existente entre as rúas de Rogelio Abalde e do Uruguai. Entre a praza e esta última hai unha escalinata de pedra. Tamén comunica coas rúas de Churruca e de República Arxentina.

Pérgola de Jenaro de la Fuente instalada en 1928 na praza de Portugal e traslada en 2005 a Bouzas. Na foto, a pérgola na praza de Bouzas.
Escultura de Camoes, doada polo país luso.

A praza construíuse no ano 1929 sobre un proxecto do arquitecto Jenaro de la Fuente. O proxecto tivo un custo de 550.000 pesetas, excedéndose en 32.000 pesetas do orzamento inicial.

No ano 1931 a cidade portuguesa de Porto agasallou á cidade de Vigo cunha árbore que se plantou na praza. Dous anos despois, en 1933, a mesma cidade lusa encargou unha placa conmemorativa para expoñer na mesma praza. O 13 de agosto de 1934 inaugurouse unha escultura de Luís de Camões como doazón do Comité de Exposición Colonial do POrto, froito do escultor Souza Caldas.

Nos primeiros anos da praza o chan estaba composto de xabre, e apenas existían pequenas árbores e arbustos de menos de dous metros de altura. Tamén existía unha pérgola sobre a que medraban enredadeiras, así como parterres e zonas axardinadas.

En 1975 construíuse no seu subterráneo un aparcadoiro de vehículos.

En 2005, nunha nova remodelación, varios elementos foros trasladados de sitio. A pérgola de Jenaro de la Fuente enviouse, por orde da alcaldesa Corina Porro, a Bouzas, e as escalinatas trasladáronse á esquina da rúa de Blein Budiño con Venezuela.

No ano 2013 a praza reformouse para aumentar o espazo de céspede que substituíu o solo de xabre, así como varias fontes. Unha delas, na praza de Camelias, tiña gravados na pedra dous tritóns.

A escalinata

[editar | editar a fonte]

A escalinata que comunicaba a praza coa rúa de Uruguai é un dos elementos singulares da praza. Estaba constituída por dúas escadas pares, que a súa vez estaban divididas en dous tramos, un cara ao exterior e outro cara o interior. Construídas en pedra, estaban decoradas con balaustradas, columnatas e dúas fontes que vertían auga pola boca de dous tritóns.

As escalinatas trasladáronse á rúa de Blein Budiño, empregadas para salvar o desnivel existente coa rúa de Venezuela. A fonte cos tritóns dividiuse en dúas: un dos tritóns reconstruíuse na propia praza de Portugal, e o outro levouse á praza de Camelias.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]