Retiro, Madrid
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Concello | Madrid | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 117.918 (2023) (21.596,7 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 5,46 km² | ||||
Altitude | 665 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1970 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Xunta Municipal do Distrito de Retiro | ||||
• Concelleira presidenta | Andrea Levy Soler (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28001, 28009, 28007 e 28014 | ||||
Sitio web | madrid.es… | ||||
Retiro[1] é un distrito da cidade de Madrid situado no centro da cidade.
Limita polo norte e nordés cos distritos de Salamanca e Ciudad Lineal, polo leste co distrito de Moratalaz, polo sueste co distrito de Puente de Vallecas, polo suroeste co distrito de Arganzuela e polo oeste co distrito de Centro. Ten unha superficie 5,46 km² e unha poboación de 117.918 habitantes no ano 2023.[2] En 1970 coa reorganización da división administrativa dos distritos, incluíronse ao distrito de Retiro xunto cos outros 17 distritos que lle dividiron.[3]
Neste distrito encóntrase o famoso Parque do Retiro. O parque era orixinalmente, en 1632, un lugar de repouso para a familia real, durante o reinado de Filipe IV. O palacio que alá existía foi destruído durante as guerras napoleónicas. Despois da guerra contra os franceses, o rei Fernando VII (1814 - 1833) iniciou a súa reconstrución e abriu parte do xardín ao público.
Datos históricos
[editar | editar a fonte]Situado no Sueste da área central de Madrid, a súa historia está marcada polo Parque do mesmo nome e polas instalacións ferroviarias que se situaron no Sur e Leste do Distrito.
En termos xerais pódese dicir que se trata dun distrito de carácter variado, cheo de contrastes, próspero e puxante. É un dos puntos máis turísticos da cidade de Madrid e o Distrito cultural por excelencia, no que se atopan desde o Museo do Prado, o Palacio de Comunicacións, o Panteón de Homes Ilustres ou a Basílica da Virxe de Atocha.
O Parque do Retiro xunto co Paseo do Prado, deron a súa personalidade á zona dos Jerónimos, mentres que o resto de barrios foise consolidando ao longo dos anos, cada un coas súas características particulares: Pacífico -sede da actual Xunta Municipal nos antigos cuarteis de Daoiz e Velarde-, Adelfas -orixinalmente lugar de acollida de inmigración e implantacións industriais e que sufriu un importante proceso de transformación-, Niño Jesús e Estrella –barrios residenciais de nivel económico crecente-, e Ibiza -importante zona comercial.[4]
Barrios
[editar | editar a fonte]Este distrito está dividido en seis barrios:[5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "Distrito de Retiro (Madrid)".
- ↑ "Características xerais do distrito de Retiro".
- ↑ "La organización de los Distritos" (PDF) (en castelán).
- ↑ "Datos históricos do distrito de Retiro".
- ↑ "Mapa Distrito 3 - Retiro" (PDF). xuño de 2022.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Montero Alonso, José; Azorín García, Francisco; Montero Padilla, José (1997). Diccionario de Madrid (en castelán). Madrid: Rubiños. p. 512. ISBN 9788480410946.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Retiro, Madrid |