Saltar ao contido

Romeo e Xulieta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Romeu e Xulieta»)

Romeu e Xulieta
Representación da famosa escena do balcón de Romeu e Xulieta. Pintura de 1884, por Frank Dicksee.
Título orixinalThe Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet[1]
Autor/aWilliam Shakespeare
OrixeReino Unido Reino Unido
Linguainglés
Tema(s)forbidden love
Xénero(s)Traxedia
Data de pub.1597 (Q1)
1599 (Q2)
1609 (Q3)
1622 (Q4)
1637 (Q5)
2003 (1ª tradución o galego)
TraduciónMiguel Pérez Romero
Na rede
IBDB: 7611 BNE: XX2187134 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Romeo e Xulieta de Ford Madox Brown.

Romeo e Xulieta[2] ou Romeu e Xulieta[3][4] (en inglés: Romeo and Juliet) é unha traxedia en lingua inglesa de William Shakespeare, escrita en 1597 co título orixinal de The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet. Foi traducida ao galego por Miguel Pérez Romero e foi publicado por Editorial Galaxia en 2003.[2]

Tema e argumento

[editar | editar a fonte]

A obra trata sobre dous amantes que viven un amor imposible pola rivalidade das súas familias, os Montescos e os Capuletos. Só a morte dos amantes conseguirá conciliar as súas familias. Xunto con Hamlet foi unha das obras máis populares da época de Shakespeare, e segue a ser unha das máis representadas. A estrutura dramática empregada polo dramaturgo inglés é notable, especialmente na combinación de comedia e traxedia para aumentar a tensión narrativa, así como no desenvolvemento de enredos secundarios e a expansión que sofren os personaxes máis secundarios, outorgándolle un sentido de forte complexidade ó relato. Os dous protagonistas acadaron co tempo un valor simbólico, derivando no arquetipo do amor perfecto pero que a sociedade fai imposible. De Romeu e Xulieta fixéronse numerosas versións teatrais, cinematográficas, musicais e de banda deseñada. A obra traduciuse a gran número de linguas. A tradución galega apareceu no ano 2003.

Romeu e Xulieta pertence á tradición de romances tráxicos que xa ven da antigüidade, o seu argumento baséase en dous contos italianos, o de Matteo Bandello e o de Masuccio Salernitano na versión que del fixo Luigi da Porto e que traduciu en 1562 Arthur Brooke titulando á súa obra The Tragical History of Romeus and Juliet e que William Painter reescribiu en prosa en 1582 co título Palace of Pleasure. Shakespeare baseouse nas dúas obras para escribir a súa entre 1591 e 1595, engadíndolle personaxes novos tales como Mercucio e Conde Paris.

Edicións

[editar | editar a fonte]

Foi escrita na primeira etapa como literato de Shakespeare. Como libro publicouse por primeira vez en 1597, o texto considérase de baixa calidade, segundo o crítico T. J. B. Spencer a edición non sería de Shakespeare senón que estaría baseada no recordo do texto por parte dos actores que a representaron. En 1599 publicouse a seguinte edición que tiña o título de The Most Excellent and Lamentable Tragedie of Romeo and Juliet, conta con 800 versos máis ca versión anterior e é un texto máis completo e fiable, reimprimiuse varias veces ó longo da primeira metade do século XVII. A edición que aparece no First Folio (1623), na que se basean os textos canónicos da maioría das obras de Shakespeare, é a reimpresión de 1609 con algúns engadidos. A primeira versión moderna é a de Nicholas Rowe e data de 1709.

Nome en galego

[editar | editar a fonte]

Segundo o Dicionario dos nomes galegos[4], en que "cada entrada pode a efectos oficiais ser considerada un dictame" da Real Academia Galega, a forma estándar debe ser Romeu e Xulieta. Tamén aparece así na Guía dos nomes galegos.[3]

  1. Denominación utilizada para o segundo e último quarto da edición orixinal, publicado en 1599.
  2. 2,0 2,1 Romeo e Xulieta. Traducido por Miguel Pérez Romero (1ª ed.). Vigo: Editorial Galaxia. 2003. ISBN 84-8288-624-X – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  3. 3,0 3,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-09-18. 
  4. 4,0 4,1 Ferro Ruibal, Xesús; Boullón Agrelo, Ana Isabel; García Álvarez, Xosé M.; Lema Suárez, Xosé María; Tato Plaza, Fernando R. (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. ISBN 84-7680-096-7. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]