Salamandra atra
Salamandra atra | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Salamandra atra Laurenti, 1768 | |||||||||||||||||||||||
Distribución de Salamandra atra
|
A Salamandra atra é un anfibio urodelo da familia dos salamándridos.[1][2] [3]
Características
[editar | editar a fonte]Esta salamántiga pode medir ata 16 cm e é dunha cor negra brillante, aínda que ocasionalmente pode ser apardazada.[3]
Posúe glándulas velenosas na zona dorsal a modo de protección contra os depredadores.[4]
Os machos son máis pequenos cás femias: as dimensión máximas son 144 mm para os machos, e ata os 151 mm para as femias.[5]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Vive normalmente en bosques, pero tamén por riba do límite das árbores, en praderías alpinas,[3] e montañas de rochas calcarias da zona dos Alpes e os Balcáns, entre os 700 e os 2 800 m de altitude.[6]
Pode encontrarse en Albania, Alemaña, Austria, Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Francia, Italia, Liechtenstein, Montenegro, Serbia e Suíza.[6]
Normalmente agóchase baixo pedras, toros de árbores e buratos que reteñan a humidade.[3]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Alimentación
[editar | editar a fonte]Ten a mesma dieta cá salamántiga común, e aliméntase tamén de artrópodos de movemento lento, vermes e moluscos que caza, sobre todo, pola noite. Durante o día, só sae despois da choiva.
Reprodución
[editar | editar a fonte]A salamántiga alpina ten unha maneira especial de ter as crías. A femia é fecundada en terra seca, como a salamántiga común, pero xestación dura 2 anos ou mesmo máis tempo.
A fase larvaria ten lugar no interior da femia, dentro dos ovidutos., polo que as crías nacen xa metamorfoseadas
O parto prodúcese de novo en terra seca. As crías, dúas por camada, por termo medio, saen polo tanto totalmente formadas e miden ao redor de 4 cm.[7] Excepcionalmente a camada pode chegar até catro crías.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1768 polo médico e naturalista austríaco Josephus Nicolaus Laurenti, na súa obra:
Laurenti, J. N. (1768): Specimen medicum, exhibens synopsin reptilium emendatam cum experimentis circa venena et antidota reptilium austriacorum. Vienna: Joan Thomae, pp. 1–217 (Ler o texto íntegro).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O epíteto específico, atra provén do adxectivo latino ater, atra, atrum, "negro" ou "escuro", en referencia á súa cor.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]- Salamandra fusca Laurenti, 1768
- Salamandra nigra Gray, 1850
- Salamandra nera Dugès, 1852
- Salamandra alpestris Knauer, 1883
- Salamandra atra prenjensis Miksic, 1969
- Salamandra atra aurorae Trevisan, 1982
- Salamandra aurorae Trevisan, 1982
- Salamandra atra pasubiensis Bonato & Steinfartz, 2005
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense catro subespecies:[6][8]
- S. atra atra Laurenti, 1768, a subespecie nominal.
- S. atra pasubiensis Bonato & Steinfartz, 2005, restrinxida a unha pequena área da provincia italiana de Vicenza (Véneto), no monte Pasubio, cuberta de pequenas manchas amarelas.
- S. atra aurorae Trevisan, 1982, presente na Italia nororiental, nunha área restrinxida nos altoplanos de Vezzena e de Asiago, cuberta de amplas manchas difuminadas branco-amarelentas que a fan moi parecida á píntega ou salamántiga común. Foi elevada a rango de especie por algúns autores.
- S. atra prenjensis Miksic, 1969, difundida polos montes Cvrsnica e Prenj nos Alpes Dináricos, preto de Saraxevo. É unha subsespecie de validez cuestionada.[9]
Status de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualificou en 2009 o estado de conservación da esprecie como LC (pouco preocupante), cuaificación quje se mantén a día de hoxe, debido á súa ampla área de distribución, a tolerancia en certa medida á modificación do seu hábitat, á presumíbel gran poboación, e porque é pouco probable que esta estea declinando rapidamente como para cualificar o seu estado nunha categoría ameazada.[6]
Porén, a subespecie Salamandra atra aurorae cualifícase en perigo crítico porque a súa área de dispersión é probablemente de menos de 100 km2, todos os idividuos poden estar nun só lugar, e continúa o declive da calidade do seu hábitat no Altopiano dei Sette Comun, nos preralpes italianos.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lanka, Václav (1991). Anfibios y reptiles (en castelán) (2ª edición ed.). Madrid: Susaeta. pp. 30–31.
- ↑ "AmphibiaWeb.org" (en inglés).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Arnold, E. N. & Burton, J. A. (1978), p. 34.
- ↑ "Paradais sphynx (cat) - Salamandra Alpina" (en castelán).
- ↑ Salamandra atra na EOL.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Franco Andreone, Mathieu Denoël, Claude Miaud, Benedikt Schmidt, Paul Edgar, Milan Vogrin, Jelka Crnobrnja Isailovic, Rastko Ajtic, Claudia Corti, Idriz Haxhiu (asesores) (2009): Salamandra atra na Lista vermella da UICN. Versión 2016-3. Consultada o 3 de abril de 2017.
- ↑ "Waza.org - Salamandra atra Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine." (en castelán).
- ↑ Salamandra atra no NCBI.
- ↑ Dubois & Raffaëlli (2009): "A new ergotaxonomy of the family Salamandridae Goldfuss, 1820 (Amphibia, Urodela)". Alytes, vol. 26, pp. 1-85.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salamandra atra |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Salamandra atra |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arnold, E. N. & Burton, J. A. (1978): Guía de campo de los reptiles y anfibios de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 94-2820-488-8.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Salamandra atra en Amphibian Species of the World.
- Salamandra atra en AmphibiaWeb (en inglés)
- Salamandra atra Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fauna Europaea.
- Salamandra atra Laurenti, 1768 no ITIS.
- Salamandra atra no NCBI.
- Salamandra atra na EOL (en inglés).
- European Field Herping Community. "Picture gallery of S. a. atra, S. a. aurorae and S. a. pasubiensis subspecies". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 29 de agosto de 2016.
- Šunje, Emina. "Salamandra atra prenjensis". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2021. Consultado o 29 de agosto de 2016. (en bosníaco)