Senadores de España por designación real
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2019.) |
Coñécense como senadores por designación real as 41 persoas da elite intelectual, militar e política de España que foron escollidas polo rei Xoán Carlos I como senadores en 1977.
Contexto
[editar | editar a fonte]O Senado de España fora abolido como cámara lexislativa en 1931, pero o proceso de Transición democrática en España xerara a expectativa dunha Cámara de representación territorial. Nas Eleccións lexislativas de 1977 escolléronse senadores, pero unha cantidade deles —equivalente aproximadamente á quinta parte— foron nomeados directamente polo daquela rei de España Xoán Carlos I.
A designación real só tivo efecto ata 1979, cando tiveron lugar as primeiras eleccións postconstitucionais.
Lista de senadores
[editar | editar a fonte]- Fernando Abril Martorell
- Luis de Angulo
- Juan de Arespacochaga
- Justino de Azcárate
- Gloria Begué
- Jaime Carvajal y Urquijo
- Camilo José Cela
- Luis Díez-Alegría
- Alfonso Escámez
- Torcuato Fernández-Miranda
- Enrique Fuentes Quintana
- Marcial Gamboa Sánchez-Barcáiztegui
- Ignacio García López
- Domingo García-Sabell
- Antonio González González
- Julio Gutiérrez Rubio
- Antonio Hernández Gil
- Belén Landaburu
- Landelino Lavilla
- Guillermo Luca de Tena
- Julián Marías
- Rodolfo Martín Villa
- Luis Olarra
- Carlos Ollero
- Marcelino Oreja
- José Ortega Spottorno
- Alfonso Osorio
- Antonio Pedrol Rius
- Manuel de Prado y Colón de Carvajal
- Miguel Primo de Rivera y Urquijo
- Andrés Ribera Rovira
- Martí de Riquer
- Ángel Salas Larrázabal
- José Luis Sampedro
- Luis Sánchez Agesta
- Víctor de la Serna
- Maurici Serrahima
- Valentín Silva
- Josep María Socías
- Juan Ignacio de Uría
- Fermín Zelada de Andrés
A maior parte destes senadores procedían das elites dominantes no réxime franquista, aínda que se observaba un interese por incluír persoas máis novas e renovadoras. Estes senadores agrupáronse inicialmente en dous grandes colectivos independentes: os senadores da Agrupación Independente, máis moderados, entre os que se atopaban os galegos Camilo José Cela e Domingo García Sabell, e os senadores Independentes, máis próximos ao réxime franquista, entre os que se atopaba o militar. Algúns máis incorporáronse ao grupo da Unión de Centro Democrático, e os restantes repartíronse entre o Grupo Mixto, coma o ferrolán Marcial Gamboa, e entre as minorías de parlamentarios cataláns e vascos.