Saltar ao contido

Sifón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sifón

Un sifón está formado por un tubo, en forma de "U" invertido, cun dos seus extremos somerxidos nun líquido, que ascende polo tubo a maior altura que a súa superficie, desaugando polo outro extremo. Para que o sifón funcione debe estar cheo de líquido, xa que o peso do líquido na rama do desaugadoiro é a forza que eleva o fluído na outra rama. O sifón xa era coñecido polos romanos que o utilizaban nos seus acuedutos.