Saltar ao contido

Sue Grafton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSue Grafton

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1940 Editar o valor en Wikidata
Louisville, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 2017 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Santa Bárbara, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro do esófago Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLouisville Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Louisville (en) Traducir
Universidade de Kentucky Occidental
Atherton High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFicción detectivesca, television adaptation (en) Traducir, television screenwriting (en) Traducir e detective literature (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, autora, novelista, guionista, xornalista Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoNovela policial Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
PaisCornelius Warren Grafton Editar o valor en Wikidata  e Vivian Boisseau Grafton Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
American Women Writers Editar o valor en Wikidata
Sitio websuegrafton.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0333859 Allmovie: p217324
Facebook: SueGrafton BNE: XX974333 Discogs: 2370068 WikiTree: Grafton-220 Find a Grave: 186201791 Editar o valor en Wikidata

Sue Taylor Grafton, nada en Louisville, Kentucky, o 24 de abril de 1940 e finada en Santa Barbara, California, o 28 de decembro de 2018, foi unha escritora de novelas de detectives estadounidense. É coñecida por ser a autora da "serie do alfabeto" ("A" Is for Alibi etc.) protagonizadas pola investigadora privada Kinsey Millhone na cidade ficticia de Santa Teresa, California. Antes do éxito da serie, escribiu guións para telefilmes.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Sue Grafton era filla de C. W. Grafton (1909-1982) e Vivian Harnsberger, ambos os dous fillos de misioneiros presbiterianos.[1]

O seu pai era avogado municipal e tamén escribía novelas de misterio e a súa nai fora profesora de química nun instituto.[2] O seu pai alistouse no exército durante a segunda guerra mundial cando ela tiña tres anos e volveu cando tiña cinco, tralo cal a súa vida comezou a derrubarse. Ambos os proxenitores caeron no alcoholismo e Grafton dixo que "dende os cinco anos de idade, fun abandonada á miña propia crianza".[3][4]

Grafton e a súa irmá máis vella Ann creceron en Louisville, onde acudiu ao Atherton High School.[4][5] Asistiu á Universidade de Louisville (primeiro ano) e ao Western Kentucky State Teachers College (actualmente Western Kentucky University) nos seus seguintes anos[6] antes de graduarse na Universidade de Louisville en 1961 cun grao en literatura inglesa e minors en humanidades e belas artes. Foi membro de Pi Beta Phi.[7]

Despois de graduarse, Grafton traballou no mostrador de admisións dun hospital, como caixeira e como secretaria médica en Santa Monica e Santa Barbara.[7]

A nai de Grafton suicidouse en 1960 despois de volver a casa tras unha operación para eliminar un cancro de esófago que sufriu tras anos de beber e fumar. O seu fai faleceu en 1982, poucos meses antes da publicación de "A" Is for Alibi.[8]

O pai de Grafton estaba namorado da ficción detectivesca e escribía polas noites. El ensinou a Grafton o proceso de escritura e edición e preparouna para escribir cando tiña dezaoito anos, finalizando a súa primeira novela catro anos máis tarde. Continuou a escribir e completou outras seis novelas. Só dúas delas (Keziah Dane e The Lolly-Madonna War) foron publicadas.[4][9] Grafton destruíu máis adiante os manuscritos das súas cinco primeiras novelas inéditas.[10]

Incapaz de atopar éxito coas súas novelas, Grafton converteuse en guionista.[11] Traballou os seguintes quince anos escribindo guións para telefilmes, incluídos Sex and the Single Parent, Mark, I Love You e Nurse. Graton vendeu os dereitos de The Lolly-Madonna War e coescribiu o guión do filme. A adaptación, estreada en 1973 como Lolly-Madonna XXX, foi protagonizada por Rod Steiger e Jeff Bridges. O seu guión para Walking Through the Fire gañou un premio Christopher en 1979. En colaboración co seu marido Steven Humphrey, tamén adaptou as novelas de Agatha Christie A Caribbean Mystery e Sparkling Cyanide para a televisión e coescribiu Asasino da familia e Love on the Run.[7][12] Está acreditada polo argumento en que se baseou o telefilme Svengali (1983).[13][14]

A súa experiencia como guionista ensinoulle o básico da estrutura dunha historia, escritura de diálogos e creación de secuencias de acción. Grafton sentiu entón que estaba lista para volver a escribir ficción.[12] Mentres atravesaba un "amargo divorcio e unha batalla pola custodia que durous seis longos anos", Grafton imaxinaba formas de matar ou mutilar o seu exmarido. As súas fantasías eran tan reais que decidiu poñelas por escrito.[15]

Serie do alfabeto

[editar | editar a fonte]

Grafton estaba fascinada polas series de misterio con títulos relacionados como a serie de John D. MacDonald sobre Travis McGee, que incluía en cada título unha cor, e a serie de Harry Kemelman sobre Rabbi Small, que incluía un día da semana nos títulos. Mentres lía The Gashlycrumb Tinies de Edward Gorey, un libro ilustrado cunha listaxe alfabética de formas de morreren os nenos, Grafton decidiu escribir unha serie de novelas con títulos que seguisen o alfabeto. Inmediatamente sentou e fixo unha listaxe de todas as palabras que coñecía relacionadas cos delitos.[12]

Estas convertéronse na serie coñecida como "novelas do alfabeto", protagonizadas pola investigadora privada Kinsey Millhone. A serie está ambientada en Santa Teresa, versión ficcionalizada de Santa Barbara.[16] Grafton seguiu a estela de Ross Macdonald, que creara a versión ficticia da cidade.[17] Grafton describiu a Kinsey Millhone como a súa alter ego, "a persoa que eu puiden ser se non casase tan nova e tivese fillos".[8]

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Grafton casou por primeira de 1959 aos dezaoito anos con James L. Flood, co que tivo un fillo e unha filla. Divorciáronse na época en que Grafton se graduou da universidade en 1961. O seu segundo matrimonio foi con Al Schmidt en 1962 mais acabou cun longo divorcio e proceso de custodia da súa filla.[18]

CAsou co seu terceiro marido, Steven F. Humphrey, en 1978.[9] Dividiron o seu tempo entre Santa Barbara, California, e Louisville, Kentucky;[4] Humphrey deu clases nas universidades das dúas cidades.[15] En 2000, a parella comprou e restaurou Lincliff, unha propiedade de 28 acres en Louisville que pertencera a William Richardson Belknap.[4][19]

Grafton faleceu no Cottage Hospital de Santa Barbara[20] o 28 de decembro de 2017, despois dunha batalla de dous anos contra o cancro.[9][21][22]

Serie "Alphabet Mystery"

[editar | editar a fonte]
  1. Ward, Kat (9 de agosto de 2015). "Sue Grafton In Conversation". hometown-pasadena.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  2. "Kinsey Millhone's PI Report on Sue Grafton". Sue Grafton official website. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2017. Consultado o 31 de decembro de 2017. 
  3. Schudel, Matt (29 de decembro de 2017). "Sue Grafton, author of best-selling 'alphabet' mysteries, dies at 77". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Myers, Marc (22 de agosto de 2017). "Author Sue Grafton's Scary Childhood Home". The Wall Street Journal. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  5. Shanklin, Sherlene (29 de decembro de 2017). "Hometown Hero, local author Sue Grafton dies at 77". WHAS-TV. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  6. "Questions and Answers". Sue Grafton Website. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2007. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "The Kinsey Report". Sue Grafton Website. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2006. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  8. 8,0 8,1 Crace, John (18 de marzo de 2013). "Sue Grafton: 'My childhood ended when I was five'". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2017. Consultado o 31 de decembro de 2017. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Genzlinger, Neil (29 de decembro de 2017). "Sue Grafton, Whose Detective Novels Spanned the Alphabet, Dies at 77". The New York Times. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  10. Carlson, Michael (3 de xaneiro de 2018). "Sue Grafton obituary". Guardian. Consultado o 23 de febreiro de 2018. 
  11. "'Lolly-Madonna' changed lives". Anchorage Daily News. 8 de xullo de 1973. p. 14. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "A Conversation with Sue Grafton". Sue Grafton Website. 1996. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2006. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  13. O'Connor, John J. (9 de marzo de 1983). "TV Movie: 'Svengali'". New York Times. Consultado o 12 de xuño de 2011. 
  14. "More credits for'Svengali'". New York Times. Consultado o 12 de xuño de 2011. 
  15. 15,0 15,1 White, Claire E. "A Conversation with Sue Grafton". Writers Write. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  16. Brantingham, Barney (1 de xullo de 2008). "W Is for Writers Conference; Sue Grafton Is Kinsey Millhone". Santa Barbara Independent. Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2012. Consultado o 2 de agosto de 2011. 
  17. "Bestselling Mystery Writer Sue Grafton To Speak at Annual Literary Voices Event". The Metropolitan Library System of Oklahoma County. 2007. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2007. Consultado o 8 de febreiro de 2007. 
  18. Powell, Steven (2012). 100 American Crime Writers. Palgrave Macmillan UK. pp. 138–41. ISBN 978-0-230-52537-5. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  19. Ward, Logan (2014). "Sue Grafton's Kentucky Garden". Garden & Gun. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2017. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  20. Ellis, Ralph (29 de decembro de 2017). "Sue Grafton, mystery writer who based titles on the alphabet, dies at 77". CNN. Consultado o 14 de xaneiro de 2018. 
  21. Loosemore, Bailey (29 de decembro de 2017). "Sue Grafton, internationally acclaimed mystery author and Louisville native, dies". Louisville Courier-Journal. Consultado o 30 de decembro de 2017. 
  22. "Mystery writer Sue Grafton dies in California". www.msn.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2017. Consultado o 29 de decembro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]