Saltar ao contido

Thomas Cranmer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThomas Cranmer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de xullo de 1489 Editar o valor en Wikidata
Nottingham, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte21 de marzo de 1556 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte na fogueira Editar o valor en Wikidata
Arcebispo católico de Canterbury
30 de marzo de 1533 (Gregoriano) – 4 de decembro de 1555
← William WarhamReginald Pole (pt) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónAnglicanismo e Igrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónJesus College
Magdalene College
Universidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Canterbury Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1533–), canonista, teólogo, ministro anglicano Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
AlumnosEmmanuel Tremellius (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónJohn Longland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Familia
CónxuxeMargaret Cranmer Editar o valor en Wikidata
PaisThomas Cranmer Editar o valor en Wikidata  e Agnes Hatfield Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
30 de marzo de 1533consagración (St Stephen's Chapel (en) Traducir), per John Longland (en) Traducir, John Vesey (en) Traducir, Henry Standish (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кранмер Томас)
Dictionary of National Biography
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1234932 WikiTree: Cranmer-189 Find a Grave: 6141269 Editar o valor en Wikidata

Thomas Cranmer, nado en Aslockton (Nottinghamshire) o 2 de xullo de 1489 e finado en Oxford o 21 de marzo de 1556, foi un líder da reforma inglesa e arcebispo de Canterbury durante os reinados en Henrique VIII, Eduardo VI e, por un breve tempo, María I. Axudou a construír o caso para a anulación do matrimonio de Henrique con Catarina de Aragón, que foi unha das causas da seperación entre a igrexa inglesa e a Santa Sé. Xunto con Thomas Cromwell, apoiou o principio da supremacía real, en que o rei era considerado soberano sobre a igrexa no seu reino.[1]

Durante o mandato de Cranmer como arcebispo de Canterbury, foi responsable de establecer as primeiras estruturas doutrinais e litúrxicas da Igrexa de Inglaterra reformada. Baixo o reinado de Henrique, Cranmer non fixo moitos cambios radicais na igrexa, debido ás loitas de poder entre os conservadores e os reformistas relixiosos. Non obstante, tivo éxito na publicación do primeiro servizo en lingua vernácula oficialmente autorizado, Exhortation and Litany.

Cando Eduardo chegou ao trono, Cranmer puido promover reformas importantes. Escribiu e compilou a primeira das dúas edicións de Book of Common Prayer, liturxia completa para a Igrexa Inglesa. Coa axuda de varios reformadores continentais aos que deu refuxio, cambiou a doutrina ou a disciplina en áreas como a eucaristía, o celibato sacerdotal, o papel das imaxes nos lugares de culto e a veneración dos santos. Cranmer promulgou as novas doutrinas mediante o libro de pregarias, as homilías e outras publicacións.

Tralo ascenso da católica María I, Cranmer foi levado a xuízo por traizón e herexía. Encarcerado durante máis de dous anos e baixo a presión das autoridades católicas, fixo varias abxuracións e aparentemente reconciliouse coa igrexa católica. Aínda que isto normalmente o absolvería, María quería que o executasen e o día da súa execución retractouse das súas abxuracións para morrer como un herexe e como un mártir polos principios da reforma inglesa. A morte de Cranmer foi inmortalizada en Foxe's Book of Martyrs e o seu legado pervive na Igrexa de Inglaterra grazas a Book of Common Prayer e Thirty-Nine Articles, afirmación de fe anglicana derivada da súa obra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos (1489–1533)

[editar | editar a fonte]

Cranmer naceu en 1489 en Aslockton, próxima a Nottingham.[2] Os seus pais, Thomas e Agnes (Hatfield) Cranmer, eran de nivel social humilde e posuían bens o suficiente apenas para sustentar o fillo máis vello ata as súas mortes. Debido á falta de terras, o mozo Thomas, aínda en idade escolar, e o seu irmán máis novo foron iniciados nos servizos relixiosos.[3]

Unha praga forzou a Cranmer a mudarse de Cambridge a Essex. Aí chamou a atención do rei Henrique VIII, que se hospedara nas proximidades. O rei e os seus conselleiros encontraron en Cranmer un desexoso avogado para defender a anulación do matrimonio de Henrique con Catarina de Aragón, envolvéndose co caso en calidade de investigador. El e John Foxe compilaron a Collectanea Satis Copiosa en 1530, xerando precedente legal e histórico para casos como o de Henrique, permitindo ao rei construír unha tese académica que rompese co Roma. Thomas foi enviado á embaixada inglesa de Roma en 1530, e en 1532 converteuse en embaixador do emperador Carlos V do Sacro Imperio Romano Xermánico.

Cranmer coñeceu a súa segunda esposa, Margarete, durante o verán de 1532 en Nürnberg.

Arcebispo por Henrique VIII (1533–1547)

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 1533, o rei Henrique descubriu que Ana Bolena, a muller que desexaba desposar, estaba embarazada. Ese feito aumentou a urxencia da anulación do casamento do rei, facéndoos casaren secretamente no final daquel mes.

O 30 de marzo de 1533, Cranmer foi nomeado arcebispo de Canterbury, trala morte de William Warham. Cranmer foi escollido por crer Henrique que el apoiaria as súas políticas e atoparía solucións para os seus problemas. Ese nomeamento do rei, a pesar da recusa do Papa, demonstra que Henrique xa desistira en recibir o consentimento de Roma para a anulación do seu matrimonio.

Cranmer levou con el a súa esposa, a alemá Margarete, cando se converteu en arcebispo, mais mantivo a súa presenza en sixilo para non facer pública a súa creba do celibato clerical.

En maio, Cranmer declarou o matrimonio de Henrique e Catarina anulado, e Ana Bolena a súa esposa legal.[4] Ao facelo, Cranmer foi directamente contra o mandato do Papa. En setembro, Ana deu a luz a segunda filla de Henrique, a princesa Isabel. Cranmer foi o padriño.

Baixo a protección de Henrique, Cranmer conseguiu continuar a Reforma da Igrexa inglesa, incluídos os Dez artigos, que representaron a pedra fundamental da liturxia anglicana.

En 1538, condenou as visóns de John Lambert ao negar a transubstanciación. Lambert foi queimado vivo, a pesar de que posteriormente Cranmer adoptou as súas percepcións. Cranmer tamén se opuxo aos Seis artigos de Henrique VIII, que reafirmabam o celibato clerical. Na época da Disolución dos Mosteiros, foron cedida a Cranmer varias antigas propiedades católicas.

Cranmer fora un grande admirador de Henrique e ante a morte do rei declarou que nunca máis se barbearía, en sinal de loito.

Arcebispo por Eduardo VI (1547–1553)

[editar | editar a fonte]

Á morte de Henrique VIII, en 1547, Cranmer converteuse nun conselleiro indispensábel do príncipe sucesor, Eduardo VI, o cal medrara baixo a mentalidade protestante.

Durante o reinado de Eduardo, Cranmer rematou o seu gran traballo litúrxico, iniciado durante o reinado de Henrique. Produciu unha linguaxe litúrxica inglesa de carácter protestante. O Book of Common Prayer, como foi coñecido, foi moi influído por teólogos continentais, como Pietro Martire Vermigli, Martin Bucer (ambos convidados e hospedados en Inglaterra por Cranmer) e Hermann de Wied (arcebispo de Colonia, autor de Consultatio, grande inspiración de Cranmer). Cranmer foi responsábel das primeiras dúas edicións de Book of Common Prayer. A primeira edición, de 1549, era relativamente conservadora na súa estrutura literaria, comparada coa segunda edición, de 1552, máis radical, que criticaba e excluía unha serie de ritos católicos, como o exorcismo e o triplo mergullo do bautismo. Aversión actual de Book of Common Prayer da Igrexa Anglicana, foi realizado en 1662. Cranmer tamén promoveu a destrución de imaxes, seguindo a ideoloxía de Jean Calvin e Huldrych Zwingli.[5]

Preocupado pola necesidade de boas oracións protestantes e a falta de clérigos letrados, Cranmer compilou e escribiu o primeiro Libro de Homilías, así como os Corenta e dous artigos que resumen a doutrina anglicana. Esas obras, en xeral, levaron a Igrexa de Inglaterra nunha dirección máis protestante. Os Trinta e nove artigos, baseados nos Corenta e dous artigos e adoptado durante o reinado de Isabel I, aínda son recoñecidos como parte da herdanza anglicana á que os clérigos do culto xuran fidelidade.

Últimos anos (1553–1556)

[editar | editar a fonte]

Eduardo VI morreu en 1553 e foi sucedido pola súa media irmá María, filla de Henrique VIII e a súa primeira esposa, Catarina de Aragón, princesa española que a criou na fe católica. En sintonía coas súas crenzas católica, María I comezou o proceso de restauración da antiga relixión, afectando o proxecto levado a cabo durante toda a vida de Cranmer.

Primeiramente, Cranmer foi acusado e condenado de traizón polo seu apoio a Jane Grey como raíña, mais María resolveu xulgalo por herexía, manténdoo preso ata febreiro de 1556, permanecendo Cranmer como arcebispo. En novembro de 1554, o cardeal Reginald Pole foi a Inglaterra para restablecer os lazos do país co catolicismo. Pole foi nomeado arcebispo de Canterbury en 1556. Entrementes, Cranmer, enfraquecido polos máis de dous anos de prisión, declarou varios arrepentimentos, reafirmando a súa crenza na transubstanciación e na supremacía papal, dicindo, posteriormente, que o fixo a fin de evitar a súa execución. A pesar diso, Cranmer foi sentenciado a morte na fogueira.

De acordo con John Foxe, o 21 de marzo de 1556, Cranmer foi levado en procesión á Igrexa de Santa María, en Oxford, onde foi forzado a facer unha declaración pública afirmando o seu arrepentimento. En vez diso, Cranmer retirou a súa declaración anterior de arrepentimento e denunciou a doutrina da Igrexa Católica e o Papa, dicindo: "E sobre o Papa, eu recúsoo, como inimigo de Cristo e Anticristo, con toda a súa falsa doutrina". Logo diso, Cranmer foi levado á fogueira.

Está sepultado no Martyrs' Memorial, Oxford, Oxfordshire en Inglaterra.[6]

  1. MacCulloch 1996, pp. 54–59
  2. Ridley 1962, p. 13
  3. MacCulloch 1996, p. 109
  4. MacCulloch 1996, pp. 41–44
  5. MacCulloch 1996, pp. 60–66
  6. Thomas Cranmer en Find a Grave (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]