Saltar ao contido

Lagarto arnal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Timon lepidus»)
Lagarto arnal
Timon lepidus

Timon lepidus macho
En Dobres, La Vega de Liébana, Cantabria

Timon lepidus femia En Caunas, Lunas, Hérault
Timon lepidus femia
En Caunas, Lunas, Hérault

Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Infraorde: Scincomorpha
Familia: Lacertidae
Subfamilia: Lacertinae
Xénero: Timon
Especie: Timon lepidus
Daudin, 1802
Área de distribución de Timon lepidus
Área de distribución de Timon lepidus

Área de distribución de Timon lepidus
Subespecies

T. l. ibericus López-Seoane, 1884
T. l. lepidus Daudin, 1802
T. l. nevadensis Buchholz, 1963
T. l. oteroorum Castroviejo & Mateo, 1998

Sinonimia

Lacerta lepida Daudin, 1802

O lagarto arnal,[2][3][4] ou lagarto ferreño,[4] Timon lepidus (antes Lacerta lepida), é unha especie de réptil orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos, unha das que na actualidade integran o xénero Timon.[5]

É un lagarto endémico da Europa suroccidental. Vive tamén en Galicia, onde é un dos lagartos de maior tamaño, xunto co lagarto das silvas. Pode chegar aos 70 cm ou máis de lonxitude total incluíndo a cola. A coloración de fondo no dorso adoita ser verde, pero ás veces pode ser gris o apardazada, especialmente na cabeza e na cola, e presenta dúas bandas de pintas ( ocelos) azuis interconectadas.

Durante décadas, e até hai pouco foi considerado como pertencente ao xénero Lacerta, sendo denominado daquela Lacerta lepida.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Variacións taxonómicas

[editar | editar a fonte]

Características

[editar | editar a fonte]

O lagarto arnal é un dos principais membros da familia Lacertidae, e o lacértido máis grande de Europa. O adulto mide de 30 a 60 cm de longo contando o rabo e pode alcanzar ata 90 cm (cabeza e corpo de 24 cm como media), cun peso máximo de máis de 0,5 kg (de 130 a 350 g xeralmente[6]).[7] Os neonatos miden de 4 a 5 cm de longo, excluído o rabo.

Parella de Timon lepidus en Serra Nevada.

É un lagarto robusto. O macho ten a cabeza larga, meirande que a das femias, con placas cefálicas grosas e duras, con patas grosas e fortes, e uñas longas e curvadas. A cor dorsal é xeralmente verde, pero ás veces pode ser gris ou marrón, especialmente na cabeza e o rabo. A isto superponse un punteado negro. A parte inferior é de cor amarelada ou verdosa. O macho é máis brillante que a femia e ten manchas azuis nos seus flancos. Os individuos novos son de cor verde, gris ou marrón, con partes amareladas ou brancas con manchas por todas partes.

Hábitat e distribución

[editar | editar a fonte]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

O lagarto arnal é unha especie característica do suroeste de Europa, asociada aos ecosistemas mediterráneos. Encontrámolo distribuído na Península Ibérica, sur de Francia, noroeste de Italia e noroeste de África. Na Península só está ausente na parte máis ao norte de Galicia e algunha comarca fría do interor (pero si aparece no resto de Galicia, incluídas as illas atlánticas), na vertente norte da Cornixa Cantábrica, País Vasco e norte de Navarra. Dentro do hábitat mediterráneo parece non depender demasiado dos factores climáticos e pódese encontrar en condicións moi diferentes, pero non se atopou en zonas por debaixo dos 6 °C de temperatura media anual.

Detalle da testa.

É unha especie ubicua, que ocupa toda clase de biótopos, agás aqueles completamente humanizados; encóntrase en terreos con toda clase de cultivos e bosques mediterráneos e de montaña. En xeral, o lagarto arnal é unha especie que prefire áreas con cobertura vexetal non moi elevada, posto que así ten espazos abertos onde poder tomar o sol e refuxios para poderse agochar. En Galicia atopámolo en moi diversos hábitats: claros en bosques, cultivos, dunas, serras, cantís costeiros, pero sempre prefire zonas abrigadas e cálidas. En Galicia está activo de marzo a outubro e despois en inverno agóchase entre pedras ou en galerías ou furas.[8]

Os machos adultos son agresivos e territoriais e o seu período de celo comeza en abril. Os machos loitan ferozmente entre eles e trábanse coas súas fortes mandíbulas. Aparéase coa femia agarrándoa mordéndoa nas costas entre abril e xuño. A femia deposita de 6 a 22 ovos (moi variable) baixo pedras ou en galerías, que tardan en eclosionar de 66 a 88 días (a 25-30 °C) e eclosionan en setembro ou outubro.[9]

En Galicia, aliméntase de coleópteros, himenópteros e outros insectos e caracois, e esporadicamente lagartas ou mesmo ratos, e consome tamén froitos (amoras, uvas etc.). Os seus depredadores son cobras e aves. Nalgunhas partes de España, como Estremadura, cómese, pero nunca en Galicia.[10]

Distribución

[editar | editar a fonte]
T. lepidus xuvenil.

É orixinario de Europa suroccidental. Encóntrase en toda a Península Ibérica (España e Portugal), e distribúese irregularmente no sur de Francia e no extremo noroeste de Italia. Está dividido en subespecies, que teñen a seguinte distribución:

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

Gastronomía

[editar | editar a fonte]

O lagarto arnal (ocelado, en castelán) formou parte da cociña tradicional de Estremadura.[12] Nesta rexión, o lagarto preparábase normalmente en guisado, elaborado fritindo toros do lagarto en aceite de oliva, que despois eran guisadas a lume lento.[13][14][15]

  1. Juan M. Pleguezuelos, Paulo Sá-Sousa, Valentín Pérez-Mellado, Rafael Márquez, Marc Cheylan, Claudia Corti, Íñigo Martínez-Solano (2009): Timon lepidus na Lista vermella de especies emeazadas da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 23 de novembro de 2019.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para lagarto.
  3. Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.
  4. 4,0 4,1 Vocabulario forestal, páx. 124, Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela, 2012
  5. Timon en The Reptile Database. Consultada o 23 de novembro de 2019.
  6. Silvio, Bruno (1986). Giunti Martello, ed. Guida a Tartarughe e Sauri d'Italia (en italiano). Florence. p. 256. 
  7. http://www.biotropics.com/englisch/html/timon_lepidus.html Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine..
  8. Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 290.
  9. Galán Regalado & Fernández Arias 1993, pp. 290-291.
  10. Galán Regalado & Fernández Arias 1993, pp. 292-293.
  11. 11,0 11,1 11,2 Galán Regalado & Fernández Arias 1993, p. 289.
  12. Gastronomía extremeña Arquivado 19-02-2015 en Wayback Machine..
  13. Díaz, Lorenzo (2001): Los Sabores Perdidos. Madrid: Editorial EDAF. ISBN 978-84-4141-023-7. ("Gastronomia extremeña", p. 178).
  14. Gastronomía tradicional extremeña Arquivado 04 de marzo de 2010 en Wayback Machine..
  15. Aparicio Moreno, Mª Luz e Infante Sánchez, Ana Isabel: "Los hábitos culinarios en el pasado extremeño" Arquivado 19 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.. Deputación de Cáceres.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]