Saltar ao contido

Unión Deportiva Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Deportiva Ourense
NomeUnión Deportiva Ourense
Fundación2014
EstadioEstadio do Couto (Ourense)
Inauguración1949
Capacidade5.659
PresidenteFernando Currás
AdestradorBorja Fernández Fernández
Liga3ª – Grupo 1
2021–22 (Preferente – Grupo Sur)
VestimentaMercury
UD Ourense no estadio do Couto, maio de 2022.
Entrega da copa de vencedores da liga 2021-22.

A Unión Deportiva Ourense é un club de fútbol da cidade de Ourense. Naceu en 2014 para substituír o baleiro que deixou a desaparición do CD Ourense. Xoga os seus partidos como local no Estadio do Couto, e no ano 2022 ascendeu á Terceira División RFEF.

Tras a desaparición do CD Ourense por mor da crise económica, os seareiros do equipo crearon a plataforma SOS CD Ourense. Decidiuse formar un novo equipo co nome de Unión Deportiva Ourense, e asinouse a acta fundacional o 10 de xullo de 2014.[1] Logo de se inscribir no rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia e na Federación Galega de Fútbol, o club foi encadrado no grupo 13 da Terceira Autonómica de Galicia.

A Asociación de ex xogadores do CD Ourense asumiu a parcela deportiva do novo club. Antonio Dacosta foi nomeado adestrador do primeiro equipo, e Perfecto Rodríguez "Peluso" foi nomeado coordinador dos equipos base. Xogadores do CD Ourense xa retirados volveron aos campos para sacar adiante o proxecto, como Adolfo, José Ramón Dacosta, Santi ou Víctor Arias.

O primeiro encontro amigábel tivo lugar ante a Unión Deportiva Barbadás, de 3ª división, o 28 de agosto no campo dos Carrís. Venceron os locais por 5-0. O primeiro partido oficial foi o 31 de agosto, nun encontro da Copa Deputación B ante o Santa Teresita de 2ª Autonómica no campo dos Remedios. Venceu a Unión Deportiva Ourense por 3-1, e Adolfo foi o autor do primeiro gol da historia do club.

No campionato de liga 2014-15 o equipo acadou o 1º posto, logrando o ascenso a Segunda Autonómica de Galicia. Os primeiros partidos do campionato tiveron lugar no Campo Miguel Ángel dos Remedios, e os seguintes xogáronse xa no Estadio do Couto, propiedade da Xunta de Galicia.

Tras dous ascensos consecutivos máis, o 27 de maio de 2018 conseguiu chegar a categoría nacional no derradeiro e decisivo partido da liga. A UD Ourense chegaba como líder e xogaba polo ascenso nun duelo directo no campo do Atios. No caso de perder, dependía do resultado do Porriño Industrial, que tamén obtivo unha vitoria. O partido acabou co empate inicial e a UD Ourense ascendeu. Militou durante tres tempadas na Terceira División, ata que en 2021 sufriu o primeiro descenso da súa historia, caendo de novo a Preferente.[2]

Historial na liga

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
2014/15 3ª Autonómica
2015/16 2ª Autonómica
2016/17 1ª Autonómica
2017/18 Preferente
2018/19
2019/20
2020/21 10º
2021/22 Preferente
2022/23 3ª RFEF
2023/24 3ª RFEF
  1. "HISTORIA | Unión Deportiva Ourense". Unión Deportiva Ourense (en castelán). Consultado o 2017-10-14. 
  2. "Primer descenso de la UD Ourense". La Región (en castelán). 21 de xuño de 2021. Consultado o 6 de outubro de 2021.