Vancouver Canucks
Vancouver Canucks | |
---|---|
Fundación | 1945 (PCHL) 1970 (como equipo de expansión da NHL) |
Cidade | Vancouver, Columbia Británica Canadá |
Estadio | Rogers Arena (18.910 espectadores) |
Liga | National Hockey League |
Conferencia | Oeste |
División | Pacific |
Campionatos | 0 |
Propietario(s) | Canucks Sports & Entertainment (Francesco Aquilini, presidente) |
Director | Jim Benning |
Afiliado(s) | Manitoba Moose (AHL) Victoria Salmon Kings (ECHL) |
Cores | Azul, verde, prata, branco |
Na rede | |
https://www.nhl.com/canucks/ | |
O Vancouver Canucks é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Vancouver, o Canadá, que actualmente compite na NHL. Foi fundado en 1945 e competiu inicialmente na Pacific Coast Hockey League, ata que na tempada 1970-71 debutou na NHL, logo de ser aceptado pola competición xunto cos Buffalo Sabres.
O seu alcume Canuck é un termo coloquial para referirse a calquera persoa natural do Canadá.
Pavillóns
[editar | editar a fonte]Os Canucks xogan os seus partidos como locais no Rogers Arena, un pavillón inaugurado en 1995 baixo o nome de General Motors Place, e con capacidade para máis de 18.890 espectadores para os partidos dos Canucks. O Rogers Arena foi tamén a sede da competición de hóckey sobre xeo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010. O pavillón é propiedade e é operado por Canucks Sports & Entertainment. Antes de trasladarse ao Rogers Arena, o equipo xogaba os seus partidos como local no Pacific Coliseum, en Hastings Park, durante 25 anos. O Pacific Coliseum ten actualmente capacidade para 16.281 para partidos de hóckey sobre xeo, mentres que a súa capacidade cando foi inaugurado era de 15.713 espectadores. Durante os Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 foi sede da competición de patinaxe artístico e patinaxe de velocidade sobre pista curta. Actualmente o Pacific Coliseum é a casa dos Vancouver Giants, equipo de hóckey sobre xeo que compite na Western Hockey League.
Despois do traslado do equipo ao Rogers Arena, a media desespectadores aumentou notablemente, dos 13.932 espectadores de 1995 no Pacific Coliseum pasouse a unha media de 17.795 no novo pavillón ao ano seguinte. Os anos seguintes ao traslado a media de espectadores foi diminuíndo ata os 14.642 espectadores do ano 2000 (asistencia mínima no Rogers Arena). Dende o cambio de milenio a audiencia media aos partidos dos Canucks non deixou de medrar, sendo a máis alta da NHL na 2010-11 con 18.860 espectadores. na tempada 2012-13 rexistrouse a mellor entrada nunha tempada do equipo con 18.947 espectadores.[1]
-
O Pacific Coliseum, fogar dos Canucks entre 1970 e 1995.
-
O Rogers Arena, fogar actual dos Canucks.
Ano | 1996 | 1997 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | 2009 | 2010 | 2011 | 2012 | 2013 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Asistencia media | 17.795 | 17.320 | 16.986 | 15.803 | 14.642 | 17.017 | 17.713 | 18.396 | 18.631 | 18.630 | 18.630 | 18.630 | 18.630 | 18.810 | 18.860 | 18.884 | 18.947 |
Maior media de espectadores esa tempada na NHL. |
Xogadores
[editar | editar a fonte]Números retirados
[editar | editar a fonte]Nº | Xogador | Posición | Carreira | Data da retirada |
---|---|---|---|---|
10 1 | Pavel Bure | RW | 1991–99 | 2 de novembro de 2013 [2] |
12 | Stan Smyl | RW | 1978–91 | 3 de novembro de 1991 |
16 | Trevor Linden | RW | 1988–98, 2001–08 | 17 de decembro de 2008 |
19 | Markus Naslund | LW | 1996–2008 | 11 de decembro de 2010 |
99 2 | Wayne Gretzky | C | - | 6 de febreiro de 2000[3] |
- Notes:
- 1 Bure levou o número 10 en cinco das súas sete tempadas en Vancouver. Vestiu tamén o número 96 durante a tempada 1995–96 e 1996–97 antes de vestir outra vez o número 10 na tempada 1997–98.
- 2 Gretzky nunca xogou para a franquía. O seu dorsal 99 foi retirado de todos os equipos da Liga pola NHL.
Números fóra de circulación
[editar | editar a fonte]Aínda que non están oficialmente retirados, os seguintes números non son empregados polos Canucks:
- 11 - Wayne Maki, LW, 1970–1973, fóra de circulación dende a súa morte a causa dun tumor cerebral o 1 de maio de 1974. Mark Messier (C, 1997–2000) é o único xogador dos Canucks que levou este número dende aquela.
- 28 - Luc Bourdon, D, 2006–2008, fóra de circulación dende a súa morte nun accidente de moto o 29 de maio de 2008. Levou o número 4 na tempada 2006-07.
- 37 - Rick Rypien, C, 2005-2010, fóra de circulación dende o seu suicidio o 15 de agosto de 2011. Levou o número 15 na tempada 2005-07.
Hall of Fame
[editar | editar a fonte]Xogadores | |||
Nome | Posición | Carreira | Introducido |
---|---|---|---|
Igor Larionov | C | 1989–1992 | 2008 |
Mark Messier | C | 1997–2000 | 2007 |
Cam Neely | RW | 1983–1986 | 2005 |
Pavel Bure | RW | 1991–1998 | 2012 |
Mats Sundin | C | 2008–09 | 2012 |
Directivos | |||
Name | Position | Career | Inducted |
Frank Griffiths | Propietario | 1974–1994 | 1993 |
Jake Milford | Director Xeral | 1977–1982 | 1984 |
Roger Neilson | Asistente, Adestrador | 1981–1984 | 2002 |
Bud Poile | Director Xeral | 1970–1973 | 1990 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Datos de asistencia dos Vancouver Canuks en www.hockeyarenas.net
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2013.
- ↑ "Gretzky's number retired before All-Star Game" Arquivado 28 de setembro de 2013 en Wayback Machine., Sports Illustrated, 7 February 2000
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vancouver Canucks |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bedall, Justin (2004). Vancouver Canucks: Heartstopping Stories from Canada's Most Exciting Hockey Team. Altitude Pub. Canada. ISBN 1-55153-792-3.