Saltar ao contido

Victoria Kent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVictoria Kent

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Victoria Kent Siano Editar o valor en Wikidata
6 de marzo de 1898 Editar o valor en Wikidata
Málaga, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de setembro de 1987 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRedding Editar o valor en Wikidata
Deputada nas Cortes republicanas

22 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Xaén
Deputada nas Cortes republicanas

4 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Madrid (provincia)
Q38093999 Traducir
19 de abril de 1931 – 8 de xuño de 1932 – Vicente Sol Sánchez (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDereito e Dereitos da muller Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, avogada, xurista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
ParellaLouise Crane Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm8238131 BNE: XX1027876 Dialnet: 1632534 Find a Grave: 17841306 Editar o valor en Wikidata

Victoria Kent Siano, nada en Málaga o 6 de marzo de 1898 e finada en Nova York o 25 de setembro de 1987, foi unha avogada e política española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai, José Kent Román, foi un comerciante de tecidos, e a súa nai, María Siano González, unha humilde ama de casa. Viviu en Málaga ata 1917, ano en que marchou a Madrid a estudar o Bacharelato no Instituto Cardenal Cisneros, apoiada pola súa nai e polos contactos que trabara o seu pai. Á súa chegada á capital instálase na Residencia de Señoritas. En 1920 ingresa na Facultade de Dereito da Universidade Central (actual Universidade Complutense de Madrid), onde cursa a carreira como alumna non oficial ata a súa licenciatura en xuño de 1924.

Colexiouse en xaneiro de 1925 e, aínda que non tiña demasiado interese en exercer a profesión perante os tribunais, non tardou en ter a súa primeira intervención como avogada defensora. Foi a primeira muller española que interveu como avogado nos tribunais. Foi socia fundadora e vicepresidenta do Lyceum Club Femenino, creado en Madrid en 1926 para debater libremente tódolos problemas da condición feminina.

Fíxose famosa en 1930 defendendo perante o Tribunal Supremo de Guerra e Mariña a Álvaro de Albornoz, membro do Comité Revolucionario Republicano, detido e procesado xunto cos que despois formaron o Goberno provisional da República, a raíz da Sublevación de Jaca de decembro de 1930, co que foi a primeira muller no mundo en intervir diante dun consello de guerra, conseguindo a absolución do seu defendido. Afiliada ó Partido Republicano Radical Socialista, foi elixida en 1931 deputada das Cortes Constituíntes por Madrid e designada persoalmente polo presidente da República Alcalá-Zamora directora xeral de prisións, cargo que desempeñou co obxectivo de conseguir a rehabilitación dos presos, e que ocuparía ata 1934.

O seu mandato á fronte das prisións españolas foi moi significativo. Continuou co labor emprendido o século anterior pola súa precursora Concepción Arenal. De feito, unha vez que mandou retirar todos os grillóns e cadeas das prisións fixo modelar co metal obtido unha estatua de Concepción Arenal.[1] Dedicouse intensamente á reforma das prisións españolas, baixo o criterio de que as sociedades estaban obrigadas a recuperar o delincuente como persoa activa, e que as prisións son o instrumento para iso. Seguindo estas directrices, ordenou a mellora da alimentación dos reclusos, permitiu a liberdade de culto nas prisións, estableceu os permisos por razóns familiares, pechou 114 centros penitenciarios por estaren en pésimas condicións, ordenou construír a nova Prisión de mulleres de Ventas, en Madrid, na que non existían celas de castigo, e creou o Corpo Feminino de Prisións, para as prisións de mulleres substituíndo ás relixiosas que desempeñaban esa misión con boa vontade pero sen os precisos coñecementos penitenciarios, e o Instituto de Estudos Penais, onde se organizaban cursos non só para o persoal de prisións, homes e mulleres, senón tamén para a preparación da xente nova interesada en seguir a carreira xudicial e para os xuíces que o desexasen. Nomeou director do Instituto ó doutor Luis Jiménez de Asúa, insigne penalista español, profesor de Dereito Penal da Universidade de Madrid, e autoridade internacional desa disciplina. Deste gran profesor fora Victoria Kent, anos antes, a primeira alumna, é dicir, o primeiro alumno do sexo feminino que asistiu ás súas clases.

Con motivo das discusións para conseguir o sufraxio feminino, posicionouse en contra de outorgar de forma inmediata o voto ás mulleres. A súa opinión era que a muller española carecía naquel momento da suficiente preparación social e política como para votar responsablemente, polo que, por influencia da Igrexa católica, o seu voto sería conservador, o que prexudicaría ós partidos de esquerdas. Sostivo unha polémica ó respecto con outra representante feminista nas cortes, Clara Campoamor.[2] Isto acarreoulle certa impopularidade, non obtendo acta de deputada nas eleccións do 19 de novembro de 1933. Ó ano seguinte abandonou a Dirección Xeral de Prisións.

Nas eleccións do 16 de febreiro de 1936, Victoria Kent foi escollida deputada por Madrid, nas listas de Izquierda Republicana, que formaba parte da Fronte Popular. Durante a guerra civil española fíxose cargo da creación de refuxios para nenos e das garderías infantís. O goberno da República enviouna a Francia como primeira secretaria da embaixada republicana en París, para que se encargase das evacuacións dos nenos. Permaneceu en Francia ata o final da guerra, e cando rematou colaborou na saída dos refuxiados españois cara a América. Non obstante, non puido seguir o mesmo camiño e foi sorprendida pola invasión nazi. Cando foi ocupada París pola Wehrmacht o 14 de xuño de 1940, Victoria Kent refuxiouse na embaixada de México, onde permaneceu durante un ano, ó estar o seu nome na lista negra entregada pola policía franquista ó goberno colaboracionista de Vichy. A Cruz Vermella proporcionoulle un apartamento preto do Bois de Boulogne, onde viviu ata a liberación coa identidade falsa de Madame Duval. Neste tempo na capital francesa escribiu "Catro anos en París", novela autobiográfica narrada en terceira persoa cuxo protagonista, Plácido, é un alter ego da autora.

En 1948 marchou a México, onde deu clases de Dereito Penal na Universidade, fundando a Escola de Capacitación para o persoal de prisións, da que foi directora durante dous anos. Chamada pola ONU, en 1949 viaxou a Nova York para colaborar na Sección de Defensa Social, co encargo de estudar o lamentable estado das cárceres de Iberoamérica, cargo que abandonou pouco despois por ser excesivamente burocrático. Segundo o libro Victoria Kent e Louise Crane en Nova York. Un exilio compartido (2016) Louise Crane e Victoria Kent mantiveron unha relación sentimental que se prolongou ata a morte da política republicana española.[3] En Nova York fundou e dirixiu a revista Ibérica desde 1954 a 1974, na que publicaba as noticias chegadas desde España para os exiliados republicanos nos Estados Unidos. Aínda que viaxou a España en 1977, volveu a Nova York, onde pasou o resto dos seus días ata a súa morte en 1987 aos 96 anos.

  • Catro anos en París (1948).
  1. Xosé Manuel Sarille (6 de marzo de 2020). "Antiquísima Victoria Kent". Praza Pública. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  2. Francisco Martínez Hoyos (6 de decembro de 2019). "Victoria Kent, la feminista que se opuso al voto femenino". La Vanguardia. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  3. "Victoria Kent y Louise Crane en Nueva York. Un exilio compartido - Sílex Ediciones". web.archive.org. 2016-04-26. Archived from the original on 26 de abril de 2016. Consultado o 2022-08-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Villena, Miguel Ángel, "Vitoria Kent, una pasión republicana", 2007, Barcelona, Debate
  • María Dolores Ramos, Victoria Kent (1892-1987), Ediciones del Orto, 1999
  • Maria Telo Nunez, Concepcion Arenal y Victoria Kent: La prisiones, vida y obra, Instituto de la Mujer, 1995
  • Angela Kershaw & Angela Kimyongur, Women in Europe Between the Wars: Politics, Culture and Society, Ashgate Pub Co, 2007
  • Cristina Oñoro (2022). Las que faltaban. Una historia del mundo diferente". Editorial: Taurus. ISBN: 978-84-306-2441-6