Saltar ao contido

Volver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Volver
Penélope Cruz e Pedro Almodóvar no Festival de Cannes de 2006.
Ficha técnica
Título orixinalVolver
DirectorPedro Almodóvar
ProdutorEsther García
(produtora)
Agustín Almodóvar
(executivo)
GuiónPedro Almodóvar
IntérpretesPenélope Cruz
Carmen Maura
Lola Dueñas
Blanca Portillo
Yohana Cobo
Chus Lampreave
MúsicaAlberto Iglesias
FotografíaJosé Luis Alcaine
MontaxeJosé Salcedo
DistribuidoraSony Pictures Classics
Estrea17 de marzo de 2006
Duración121 minutos
OrixeEspaña
XéneroDrama
Orzamento9,4 millóns de dólares
Recadación87,2 millóns de dólares
Na rede
http://www.clubcultura.com/clubcine/clubcineastas/almodovar/volverlapelicula/index.html
IMDB: tt0441909 Filmaffinity: 428723 Allocine: 59605 Rottentomatoes: m/volver Mojo: volver Allmovie: v326227 TCM: 629223 Metacritic: movie/volver TV.com: movies/volver Netlix: 70044890 Editar o valor en Wikidata

Volver é un filme español de 2006 dirixida por Pedro Almodóvar.

Segundo as propias palabras de Almodóvar, a película fálanos de "tres xeracións de mulleres sobreviven ó vento solano, ó lume, á tolemia, á superstición e ata á morte a base de bondade, mentiras e unha vitalidade sen límites".

Elas son Raimunda (Penélope Cruz) casada cun obreiro en paro e unha filla adolescente (Yohana Cobo); Sole (Lola Dueñas), a súa irmá, gaña a vida como peiteadora, e a nai de ambas, Irene (Carmen Maura), morta nun incendio xunto ó seu marido. Este personaxe aparécese primeiro á súa irmá (Chus Lampreave) e despois a Sole, aínda que con quen deixou importantes asuntos pendentes foi con Raimunda e coa súa veciña do pobo, Agustina (Blanca Portillo).

"Volver" non é unha comedia surrealista, aínda que en ocasións o pareza. Vivos e mortos conviven sen estridencias, provocando situacións hilarantes ou dunha emoción intensa e xenuína. É unha película sobre a cultura da morte na miña Mancha natal. Os meus paisanos vívena cunha naturalidade admirable. O modo en que os mortos continúan presentes nas súas vidas, a riqueza e humanidade dos seus ritos fai que os mortos non morran nunca. "Volver" destrúe os tópicos da España negra e propón unha España tan real como oposta. Unha España branca, espontánea, divertida, intrépida, solidaria e xusta.

Comentarios

[editar | editar a fonte]

A estrea mundial produciuse en Puertollano (Cidade Real) o 10 de marzo de 2006. A oficial foi o 16 de marzo de 2006 no Palacio da Música da Gran Vía madrileña. Giorgio Armani patrocinou o evento.

En Volver prodúcese o reencontro coa súa «musa» por excelencia, Carmen Maura, a cal encarna o papel dunha «avoa pantasma». No seu anterior filme, La mala educación, aparece a modo de chiscadela-pista o cartel dunha suposta película que o personaxe de Enrique Goded rodaría: La abuela fantasma. Ademais, no despacho do director das oficinas de «El Azar S.A.», aparece o cartel doutra das películas de Goded (Fele Martínez), o cal mostra, na parte inferior esquerda, o nome da principal protagonista: Carmen Maura. Todos estas chiscadelas daban moitas pistas do encontro que levaría a cabo na próxima película almodovariana, Volver. Xa en La flor de mi secreto Amanda Gris escribe un libro, que a editorial rexeita por ser demasiado negro, no que unha muller esconde o cadáver do seu marido nun arcón conxelador.

Volver rende homenaxe ó perseverante e asfixiante loito que incitou ó director manchego a plasmar un universo de cor cuxas raíces están intimamente ligadas ó movemento Pop Art promovido por Andy Warhol. Sobrexpoñer a cotidianeidade de personaxes marxinados e desprazados por mor das fortes estruturas de poder da sociedade, é unha das características que, en esencia, resume a éxtase que Pedro Almodóvar transmite a través dos seus personaxes.

Almodóvar dirixe Volver de xeito máis fluído que nunca. Notamos a súa esencia en cada un dos planos do filme: reflexos en autobuses, tricolor na entrada do bar, primeirísimos primeiros planos arrepiantes (papel de cociña empapándose de sangue). Almodóvar volve a un aspecto xa homenaxeado en Todo sobre mi madre: mulleres ó bordo do abismo cuxas mellores armas son as mentiras e a estratexias que usan para ocultar (Volver é unha película na que se oculta moito); de feito, todas as actrices ocultan, nun momento ou outro, converténdose deste xeito en excelentísimas actrices vítimas da cotidianeidade social na que se atopan mergulladas. Ademais, a soidade (elemento clave en Hable con ella) convértese nunha «pantasma» que sobrevoa a película dun xeito moi sutil pero profunda. Frases como «Estou soa, coma sempre», «imaxino as soidades que pasarías», «non me fagas chorar, que as pantasmas non choran» deixan constancia dun selo almodovariano por excelencia. Capaz de mostrar unha suposta pantasma de xeito cómico pero envolvido nun contexto dramático, é unha habilidade cinematográfica que Almodóvar aborda mellor que ninguén. Bágoas, sorrisos, gargalladas, pantasmas, rusas, peiteadoras, clientas maruxas, bicos e rituais manchegos, acoso sexual, porros, prostitución, televisión lixo, mentiras, contas pendentes, soidade, mortes, nacementos, xoias de plástico, estampados floreados e unha infinidade de voltas, son os elementos que flúen, de xeito totalmente libre e diluído, por cada un dos minutos de metraxe de Volver.

Fai unha crítica ós programas de televisión que denominan telelixo, é unha homenaxe e referencia a Bellissima (Bellísima) de Luchino Visconti e ata o aspecto de Penélope Cruz é idéntico ó de Anna Magnani en Bellissima. Así como Magnani leva a súa filla a un concurso de talento, en Volver Irene leva á súa filla a un concurso televisivo de talento. Os personaxes teñen o acento da Mancha e na súa maioría son mulleres.

Elenco de actores

[editar | editar a fonte]

Premios e candidaturas

[editar | editar a fonte]
Categoría Acode Resultado
Mellor actriz Penélope Cruz Candidata
Categoría Acode Resultado
Mellor película Gañadora
Mellor director Pedro Almodóvar Gañador
Mellor actriz Penélope Cruz Gañadora
Mellor actriz secundaria Carmen Maura Gañadora
Mellor actriz secundaria Lola Dueñas Candidata
Mellor actriz secundaria Blanca Portillo Candidata
Mellor guión orixinal Pedro Almodóvar Candidato
Mellor dirección de produción Antonio Norella Candidato
Mellor música orixinal Alberto Iglesias Gañador
Mellor dirección artística Salvador Parra Candidato
Mellor deseño de vestiario Gina Daigeler Candidata
Mellor fotografía José Luís Alcaine Candidato
Mellor maquillaxe e peiteado Gina Daigeler Candidata
Mellor deseño de vestiario Ana Lozano, Massimo Gattabrus Candidatos
Mellor son Miguel Reixas Candidato
Categoría Resultado
Mellor película estranxeira Candidata
Categoría Acode Resultado
Mellor interpretación feminina (ó conxunto de actrices) Penélope Cruz, Carmen Maura, Blanca Portillo, Lola Dueñas, Chus Lampreave e Yohana Cobo Gañadoras
Mellor guión orixinal Pedro Almodóvar Gañador
Premio FIPRESCI da Federación Internacional da Crítica de Cine á mellor película do ano Gañador

Nota: É a segunda vez que FIPRESCI elixe un filme de Almodóvar como o mellor do ano, xa que en 1999 o Gran Premio foi para Todo sobre mi madre.

Categoría Persoa Resultado
Mellor película europea Candidata
Mellor director Pedro Almodóvar Gañador
Mellor actriz Penélope Cruz Gañadora
Mellor guión orixinal Pedro Almodóvar Candidato
Mellor compositor Alberto Iglesias Gañador
Mellor fotografía José Luís Alcaine Candidato
Premio do público á mellor película europea do ano Gañador
Categoría Persoa Resultado
Mellor película Gañadora
Mellor director Pedro Almodóvar Gañador
Mellor actriz Penélope Cruz Gañadora
Mellor actriz secundaria Carmen Maura Gañadora
Mellor guión orixinal Pedro Almodóvar Gañador
Mellor música Alberto Iglesias Gañador

Outros premios

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]