Wikipedia:JavascriptWikiBrowser
Atención!: Ti tes toda a responsabilidade por calquera acción que realices usando o JavascriptWikiBrowser. Debes comprender as políticas de Wikipedia e usar esta ferramenta cumpríndoas, ou arriscaraste a ser bloqueado. |
GitHub repo |
Changelog |
Código fonte |
Worker file |
Ficheiro de internacionalización de mensaxes |
Folla de estilos |
Executar programa |
A súa páxina de configuración |
Tradución da páxina User:Joeytje50/JWB |
JavascriptWikiBrowser é un programa que permite ós usuarios realizar edicións semi-automáticas de forma sinxela. Para un uso xeral, funciona de xeito semellante ó AutoWikiBrowser, pero non precisa da instalación de ningún programa, e pode executarse na maioría dos principais sistemas operativos. Este programa toma prestado gran cantidade de deseño e funcionalidade do AWB, por exemplo usando o seu Regex Typo Fixing e a páxina de control de Usuarios. Para usar este programa, precisas apuntarte na páxina de control de usuarios, Wikipedia:AutoWikiBrowser/CheckPage, ou ter dereitos de administrador na wiki.
Se desexa contribuír a este proxecto, pode crear unha solicitude en GitHub: Joeytje50/JWB. Este repositorio require actualizacións manuais pola miña parte, polo que algúns cambios pequenos feitos na versión en aloxada aquí poden non estar en actualizados en GitHub de inmediato. Se ese é o caso, intentarei combinar calquera solicitude útil no código da versión que hai aquí. Tamén pode usar GitHub para contribuír nas traducións das mensaxes.
Instalación
[editar a fonte]Para usar este programa en calquera wiki, hai que poñer o seguinte código no seu ficheiro JavaScript (por exemplo Especial:MyPage/common.js, meta:Special:MyPage/global.js, ou un ficheiro JS de aparencia específica):
mw.loader.load('//en.wikipedia.org/w/index.php?title=User:Joeytje50/JWB.js/load.js&action=raw&ctype=text/javascript');
- Logo tes que engadir o teu nome de usuario en Wikipedia:AutoWikiBrowser/CheckPage
Comezando
[editar a fonte]Despois de configurar o programa, simplemente vai a esta páxina para executalo. Para os usuarios que usen o programa nun wiki distinto de en.wiki, simplemente teñen que ir á páxina Project:AutoWikiBrowser/Script na wiki onde queren executar o programa, e onde teñen configurado o código anterior.
A interface do JWB pode parecer un pouco recargada ó comezo, pero cun pouco de tempo afaraste a traballar con ela. Esta interface recargada permite usar moi poucas pestanas, o que che permite facer máis cousas sen ter que cambiar de pestana.
A parte máis importante do programa, por suposto, é a lista de páxinas. Podes escribir calquera número de páxinas na esquina inferior esquerda da interface para engadilas á lista. A lista de páxinas, igual que a área de edición e a xanela de resultados (a parte superior) son redimensionables, e os campos de texto, expandiranse sobre o resto da interface do JWB para evitar que se sitúen sobre a zona de contido.
Mentres se está editando, tódalas entradas están desactivadas, polo que para modificar a configuración primeiro hai que premer o botón de Parar.
Lista de páxinas
[editar a fonte]Na primeira pestana (Config.), atoparás un conxunto de opcións que permiten realizar certas acción na lista de páxinas. O botón Eliminar duplicados eliminará automaticamente os nomes de páxinas repetidos, e o botón Ordenar ordenará a lista de páxinas por orde alfabética.
Variables de páxina
[editar a fonte]Podes definir variables de páxina na lista de páxinas. Isto pode facerse poñendo unha |
despois do nome de páxina, e continuando co valor da variable de páxina. Esta variable agora é accesible usando $x
nas caixas de reemprazamento Substituír e Con, nas dúas caixas de saltar cando ..., e para os administradores, a caixa de nome de páxina obxectivo.
Isto pode ser de utilidade cando se quere mover un gran número de páxinas. Simplemente crea unha lista de nomes de páxina co novo nome de páxina despois de ese separándoos por |
, e o programa encherá automaticamente o novo nome de páxina. Tamén pode ser usado cando precisas substituír unha palabra específica que é diferente para cada unha das páxinas da túa lista, ou se precisas substituír algo cunha palabra específica. Se non se indica unha variable de páxina, úsase o título da páxina como variable de páxina.
Pre-procesado
[editar a fonte]O modo de pre-procesado pode usarse para filtrar automaticamente a lista de páxinas para deixar só as que cumpran certos requirimento. Simplemente marca a caixa Usar modo pre-análise (sic.), e define os requirimentos das páxinas a saltar na pestana Saltar. Despois de definir as túas condicións de salto, preme en "Comezar" para iniciar a carga de cada páxina na lista, saltando as que cumpran as condicións de salto, ou movéndoa ó final da lista de páxinas para usalas máis adiante.
JWB inserirá automaticamente a marca #PRE-PARSE-STOP
ó final da lista, así tratará a lista de páxinas só unha vez. Se queres cambiar o sitio onde debe parar o pre-procesado, simplemente insire #PRE-PARSE-STOP
nunha nova liña na lista de páxinas debaixo da última páxina que queres pre-procesar (igual que se fose o nome dunha páxina).
Podes premer o botón de "Parar" en calquera momento durante o pre-procesado. A marca #PRE-PARSE-STOP
engadirase no sitio, co que simplemente poderás modificar as túas regras de salto, e continuar o proceso, ou podes premer o botón de "reiniciar" que está ó lado da caixa "Usar modo pre-análise" para re-procesar toda a lista de páxinas de novo.
Xerar a lista de páxinas
[editar a fonte]Para xerar unha lista de páxinas, simplemente preme o botón "Xerar" na pestana "Config.". Isto abrirá unha pantalla onde podes especificar os requirimentos que debe ter a lista de páxinas. Ten en conta que a xeración da lista de páxinas está limitada a 50 peticións consecutivas ó mesmo tempo. Isto é para previr que se sobrecargue o servidor. O número máximo de páxinas por petición depende do xerador que se use. Para páxinas nunha categoría or ligazóns nunha páxina, o límite é de 500 (ou de 5000 para os bots), e para o resto de xeradores é de 50 (ou de 500 para bots).
Cada un deses xeradores filtra os seus resultados en función dos espazos de nomes seleccionados na caixa de espazos de nomes á dereita das opcións de xeración. Podes seleccionar varios espazos de nomes premendo as teclas Ctrl or ⇧ Maiús mentres as escolles, ou arrastrando sobre os nomes de espazos. Se a lista de páxinas xerada supera a número máximo de páxinas, podes usar isto para separar os resultados para poder tratar a lista completa en varios pasos.
Simplemente marca a caixa que está diante do título de cada campo para activar os campos e incluír ese xerador de lista ó xerar a lista de páxinas.
- Categoría
- Obtén tódolos membros da categoría indicada.
Para excluír as subcategorías, ficheiros, ou páxinas concretas, simplemente desmarca a caixa ó seu lado para desactivala.
- Ligazóns a páxina
- Obtén tódalas ligazóns á páxina indicada.
- Pode incluír ligazóns wiki normais, transclusións de modelos, ou usos de ficheiros. Estes poden usarse de forma simultánea.
- Tamén ten a opción de filtrar as redireccións. Podes escoller se incluír só redireccións, excluír redireccións, ou incluír as redireccións e as ligazóns wiki.
- Finalmente, ten a opción de incluír as ligazóns ás redireccións da páxina. Isto quere dicir que se unha páxina A redirixe á páxina B, e a páxina C liga á páxina A, esta tamén será incluída na lista de páxinas cando se marca a caixa.
- Páxinas con prefixo
- Obtén unha lista de tódalas páxinas que comezan co prefixo indicado. Isto pode ser de utilidade cando se está intentando xerar unha lista de tódalas subpáxinas dunha páxina, por exemplo.
- Se a busca de prefixos "estrita" está habilitada, devólvense todas as páxinas que comezan exactamente coa cadea dada. Se non, pode executarse unha busca borrosa ('
engine_autoselect
'). - Lista de vixilancia
- Este xerador simplemente consulta tódalas páxinas da túa lista de vixilancia.
- Ligazóns nunha páxina
- Obtén unha lista de tódalas ligazóns que están incluídas na páxina indicada. Isto pode ser de utilidade cando se está a usar un xerador de lista de páxinas máis complexo como un DPL.
Límites
[editar a fonte]Na pestana Configuración, debaixo da lista de páxinas e as opcións de configuración, pode establecer límites a JWB. Usando estes límites, pode restrinxir o tempo que ocupe a JWB en calquera regra de busca e substitución ou a cantidade de caracteres engadidos ou eliminados por calquera edición. Teña en conta que establecer un límite de tamaño de diferenza non dá ningunha garantía sobre a calidade da súa edición. Non confíe exclusivamente nesta configuración para evitar que as regras de busca e substitución se comporten inesperadamente. Esta é "só" unha forma de "asegurarse" de que as súas edicións non engadirán nin eliminarán cantidades inesperadas de texto dunha páxina.
Opcións de salto
[editar a fonte]Usando a pestana Saltar, podes engadir varias regras para indicar que páxinas deben saltarse automaticamente.
- Redireccións
- Podes indicar que se sigan as redireccións e editar a páxina á que leva a redirección (isto tamén segue dobre redireccións), ou editar a redirección. Tamén podes seleccionar que salte as páxinas de redireccións.
- Sen cambios
- Se seleccionas saltar cando non se fan cambios nas páxinas, a páxina será saltada automaticamente cando as regras de buscar e substituír non realizan ningún cambio na páxina.
- Existencia da páxina
- Tamén podes seleccionar saltar cando a páxina existe, saltar cando non existe, ou editar tanto a páxina que existe como a que non.
- Contidos
- Podes saltar a páxina tanto cando contén unha cadea, ou cando non a contén. Se a frase que engades en Cando a páxina contén se atopa na páxina, ou cando a frase que engades en Cando a páxina non contén non se atopa, a páxina será saltada.
- Tamén podes poñer algunha frase chave que debe aparecer ou non na páxina, ou podes seleccionar que se use unha expresión regular. Para máis información sobre as expresións regulares, consulta #Usando expresións regulares.
Opcións de edición
[editar a fonte]Na pestana "Edición", podes indicar as opcións para a edición. Podes encher o campo "Resumo", e se queres, poder marcar a edición como "menor". A caixa ó lado do resumo é para indicar que se engada automaticamente, ou non, o texto (via JWB) ó final do teu resumo. Tamén podes seleccionar que facer coa túa lista de vixilancia. Podes seleccionar engadir ou eliminar tódalas páxinas que editas á/ou na túa páxina de vixilancia, non modificar a túa lista de vixilancia, ou vixilar páxinas baseándote nas túas preferencias.
Mentres editas, tamén podes engadir ou eliminar directamente á túa lista de vixilancia premendo o botón ó lado da lista despregable da lista de vixilancia. O botón estará nomeado coa acción que vai realizar (engadir ou eliminar).
Tódalas páxinas amosan automaticamente as diferencas entre o contido almacenado e o contido despois de facer os cambios. Tamén podes premer o botón "Vista previa" para ver como quedará o artigo. Algúns estilos pode que non se poidan cargar nesta vista, xa que JWB usa unha estrutura de páxina diferente das páxinas normais. Isto pode provocar que estilos que dependen da posición no documento non funcionen.
Os usuarios que teñan a marca de bot tamén poderán gardar automaticamente as súas edicións. Isto pode facerse cun regulador, para previr a sobrecarga do servidor. O número indicado no campo "cada []
sec" é a cantidade de segundos entre edicións. Este número tamén pode conter decimais (usando un .
como separador decimal).
Substitucións
[editar a fonte]Quizais a función máis importante do JWB son as substitucións automatizadas. Ti podes definir as regras para a substitución na pestana "Editar". Por defecto, tódalas substitucións realízanse de forma global. Isto quere dicir que se indicamos que a debe ser substituído por b, tódalas letras a no artigo serán substituídas con bs. Cando se usan expresións regulares, isto pode desactivarse eliminando a marca g
.
Os retornos de carro, ou saltos de liña, poden indicarse tanto nas expresións regulares como no modo normal, engadindo \n
no lugar onde queres inserir un carácter de salto de liña. Tamén podes inserir unha barra engadindo \\
na caixa de texto.
Arranxos ortográficos
[editar a fonte]- Ver tamén en:User:Joeytje50/RETF
Podes usar lista de erros de AWB para amañar de forma automática os erros definidos nes páxina. Lembra que sempre debes revisar se as correccións automáticas son correctas. Os arranxos automáticos non se aplican ós nomes das imaxes, nomes de modelos e parámetros[1], citas[2], e calquera texto despois de dous puntos ou asterisco, e tamén se saltan as regras que coincidan cunha ligazón wiki. Estas regras están sacadas da lista de regras para o AWB.
Ten en conta que isto usa a lista de erros da wiki dende a que se executa o programa. Se estás a usar este programa nun wiki que non ten a páxina Wikipedia:AutoWikiBrowser/Typos, a corrección de erros ortográficos non funcionará.
- ↑ A causa da natureza non-regular do wikitexto, este programa recoñecerá calquera
}}
coma o final do modelo máis externo. Isto implica que se un modelo está aniñado noutro, e hai un erro ortográfico despois do modelo aniñado, non será ignorado. - ↑ As citas que non están dentro dun modelo de cita (p. ex. as citas indicadas por
""
) só poden ocupar unha liña para ser recoñecidas. Se o comezo dunha cita está nunha liña e non remata ata a seguinte liña, non se terá en conta como cita, e non será ignorada. Por favor, vixía as citas que non se recoñecen automaticamente.
Usando expresións regulares
[editar a fonte]Ademais de engadir regras simples para atopar e substituír texto, podes definir substitucións usando expresións regulares. Desta forma tes máis control sobre o que coincide e o que non. Podes especificar as marcas que queiras para usar na caixa ó lado da marca de "Expresión regular".
Neste programa JWB, tamén podes especificar a marca _
(guión baixo). Isto fará que a expresión trate tódolos espazos e guións baixos do mesmo xeito. Isto pode ser de utilidade cando se traballa con ligazóns wiki, transclusións de modelos, etc.
Para realizar varias substitucións na mesma páxina, podes usar o botón "Máis campos de substitución", isto fará que se abra outra pantalla onde podes engadir máis regras no mesmo formato que o formato da pestana "Edición". Se premes a tecla Tab ↹ cando tes o cursor na última regra de substitución, engadirase outro conxunto de entradas. Alternativamente, podes premer o botón "Engadir máis campos".
Para probar as expresións regulares (sen usar a marca _
), podes usar IDEs en liña como http://regex101.com/, http://debuggex.com/, ou http://regexr.com/.
Ignorar contido sen analizar
[editar a fonte]Se marcas esta caixa provocará que a regra de substitución só se aplique en contido que estea fóra do seguinte:
- Comentarios:
<!-- Isto será ignorado -->
- Marcas de código: os contidos de
<nowiki>
,<code>
,<source>
,<syntaxhighlight>
e<pre>
serán ignorados - Etiquetas de formatado:
<math>
,<gallery>
,<math>
e<timeline>
O contido dentro desas etiquetas non será modificado. Esta opción tamén funcionará cando non se usan expresións regulares.
Ten en conta que estas regras de excepcións non son o mesmo que as regras para os arranxos de erros ortográficos, os elementos como citas e ligazóns non serán ignorados con este modo.
Configuración
[editar a fonte]JWB permíteche almacenar a túa configuración actual tanto na wiki coma no teu ordenador. Tamén podes almacenala de forma temporal durante esta sesión premendo en "Almacenar configuración". Isto permíteche volver á configuración almacenada durante a sesión do navegador, co que podes re-executar JWB nunha lista de páxinas concretas. Para acceder á configuración nunha sesión posterior, tes que gardala na wiki, ou descargala.
Gardar na wiki almacena a túa configuración en Especial:MyPage/AWB-settings.js. A configuración para esta páxina tamén se carga automaticamente en AWB cando se carga, e a configuración nomeada "default"
aplicarase automaticamente cando cargue. Se modificaches a túa configuración AWB na túa subpáxina /AWB-settings.js, tamén podes refrescalas no JWB premendo no botón "Refrescar".
Tamén podes descargar a configuración como un ficheiro JSON. Cando gardes este ficheiro, asegúrate de indicar a extensión de ficheiro .json
, se non, non poderás seleccionalo no botón "Importar". Podes importar ficheiros premendo "Importar" e seleccionando o ficheiro JSON, ou arrastrando e soltando o ficheiro sobre a pantalla de JWB. Se a extensión é JSON, o programa cargará automaticamente a configuración dende o ficheiro.
Tamén podes borrar unha configuración da túa lista seleccionándoa no menú despregable, e premendo "Borrar". Se premes de forma accidental neste botón, podes desfacer o borrado de forma doada premendo "Desfacer" na barra de estado.
Outras accións
[editar a fonte]Os administradores tamén poden realizar outras accións na páxina. Estas accións non poden automatizarse, nin sequera en contas cos dereitos de bot' e administrador.
Mover
[editar a fonte]Cando se moven páxinas, o resumo sácase de pestana "Edición". Podes seleccionar eliminar redireccións, o que evita que o movemento deixe unha redirección no lugar do título da páxina vella. Tamén podes seleccionar mover tódalas subpáxinas e/ou a páxina de conversa.
Borrar
[editar a fonte]Borrar, igual que nos movementos usa a caixa de resumo para poñer a razón de borrado.
Protección
[editar a fonte]Para protexer, podes especificar de forma separada o nivel de protección para mover e crear. Cando a páxina non existe, o nivel definido na protección de edición aplícase á protección de creación. O campo "Remata" permite indicar o tempo da protección do mesmo xeito que a forma normal. Isto significa que entradas como "1 hora!, "5 Xaneiro 2019", etc. poden usarse aquí.
Rexistros
[editar a fonte]A pestana "Rexistro" almacena un historial de tódalas accións feitas en orde cronolóxica. A barra de estatísticas da parte de abaixo fai un rexistro destas accións. Os rexistros tamén conteñen ligazóns ás edicións feitas, co que podes revisar as túas edicións despois de facelas.
Véxase tamén
[editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: JavascriptWikiBrowser |
Outras páxinas
[editar a fonte]- Wikipedia:Uso dun bot con JavascriptWikiBrowser, paso a paso
- Wikipedia:Exercicios sinxelos con JavascriptWikiBrowser
- Wikipedia:JavascriptWikiBrowser/Lista de lugares de Galicia
- Usuaria:Maria zaos/WD/Lista de parroquias da provincia da Coruña segundo Wikidata
- Usuaria:Maria zaos/WD/Lista de parroquias da provincia de Lugo segundo Wikidata
- Usuaria:Maria zaos/WD/Lista de parroquias da provincia de Ourense segundo Wikidata
- Usuaria:Maria zaos/WD/Lista de parroquias da provincia de Pontevedra segundo Wikidata
- Wikipedia:Usar o JavascriptWikiBrowser para mover categorías
- Wikipedia:AutoWikiBrowser