Juan Golpe
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Oza, España |
Morte | 1 de novembro de 1935 Oza, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, xornalista, político |
Membro de |
Juan Golpe Varela, nado en Oza (Oza-Cesuras) e finado na mesma parroquia o 1 de novembro de 1935,[1] foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no pazo de Paio, segundo fillo de Manuel Golpe Núñez e Rita Varela de Sotomayor e irmán de Salvador Golpe. Avogado, foi concelleiro na Coruña arredor do ano 1890. Foi vocal do comité local da Asociación Regionalista. Xunto co seu irmán Salvador Golpe fundou en 1894 o xornal rexionalista Unión Gallega. Foi dirixente do movemento agrario Solidaridad Gallega (1906-1910) e animador do periódico La Defensa. En 1909 presentouse a deputado provincial como candidato agrario polo distrito de Betanzos-Pontedeume fronte ao conservador Ramón García Álvarez, pero non resultou elixido.[2] Exerceu como avogado na Coruña.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Torres Regueiro, Xesús (2009). "Nove poemas galegos e un conto de Salvador Golpe (1850-1909)" (PDF). Anuario Brigantino 32: 465–488. Consultado o 19 de agosto de 2012.