Xoán Neira López
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Xoán Neira.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1953 (70/71 anos) Meilán, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor |
Xoán Neira López, nado en Meilán, Lugo o 4 de febreiro de 1953, é un escritor galego.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre xubilado en Viveiro, onde vive desde 1982.[2] É membro fundador do Seminario de Estudos Terra de Viveiro co que participa en publicacións colectivas e outras actividades, colaborador das páxinas de El Progreso-A Mariña.
Foi premiado en distintos certames de poesía: Meigas e Trasgos do Concello de Vilalba (en tres ocasións), Rosalía de Castro de Barcelona, e nos de xornalismo Manuel Reimóndez Portela (A Estrada) e Begonte e o Nadal, tamén en tres ocasións.
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Memoria e soño (1996). Edición do autor.
- Nas varandas do abrente (2000). Edición do autor.
- Ás catro augas (2004). Fundación Manuel María.
- Máxica lúa (2023). A Coruña: Medulia. Ilustracións de Lucía Barrios.[3]
- Outras linguaxes (2024). A Coruña: Medulia Ed. 96 páxs. ISBN 978-84-10324-27-5.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Recreos (1997). Baía Edicións, poesía.
- Xiz de cor (2004). Baía Edicións, poesía.
- Farrapos de nube (2007). Baía Edicións, poesía.
- No cubil da lúa (2009). Baía Edicións, poesía.
- Un niño no xardín (2012). Xerais, poesía.
- Chafarís (2017). Embora, poesía.
- Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017) (2018). Baía Edicións, poesía. Edición de Armando Requeixo.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Homenaxe poética ao trobador Xohan de Requeixo, 2003.
- Negra sombra. Intervención contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, AELG.
- Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG.
- Linguaxes, 2005, edición do autor.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xoán A. Neira López Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2024-11-23.
- ↑ "Xoan Neira López Belén de Begonte". www.belendebegonte.es. Consultado o 2024-11-23.
- ↑ Requeixo, Armando (Xullo, agosto, setembro). "Un autor en plenitude". Grial LXII (243): 79, 80. ISSN 0017-4181.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xoán Neira López, na web da AELG.