Zaha Hadid
Zaha Hadid (en árabe: زها حديد), nada en Bagdad, Iraq, o 31 de outubro do 1950 e finada en Miami (Florida) o 31 de marzo de 2016,[1][2] foi unha arquitecta británica de orixe árabe identificada coa corrente desconstrutivista da arquitectura.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou matemáticas na Universidade Americana de Beirut.[3] Logo de se formar, pasou a estudar na Architectural Association de Londres. Despois de se licenciar como arquitecta tornouse membro do Office for Metropolitan Architecture, traballando co seu antigo profesor, o arquitecto Rem Koolhaas. En 1979, pasou a estabelecer un despacho profesional propio en Londres. De alí en diante, a súa obra pasa a posuír certo renome. Na década de 80, tamén deu clases na Architectural Association.
Proxectos
[editar | editar a fonte]Gran parte da obra de Zaha Hadid é conceptual. Entre os seus proxectos executados inclúense:
- Parque de Bombeiros de Vitra (1993), Weil am Rhein, Alemaña
- Centro Rosenthal de Arte Contemporánea (1998), Cincinnati, Ohio, EUA
- Terminal Hoenheim-North & estacionamento (2001), Estrasburgo, Francia
- Bergisel Ski Jump (2002), Innsbruck, Austria
- Phaeno, museo científico. Co lema Da staunst du (“Asombrate”) (2005), Wolfsburg, Alemaña
Zaha Hadid tamén realizou traballos de interiores de alto nivel, incluíndo a Zona da mente no Domo do Milenio en Londres. Vencedora de diversas competicións internacionais, algúns dos seus proxectos premiados nunca foron construídos: notabelmente The Peak Club en Hong Kong (1983) e a Ópera da Baía de Cardiff en Gales, 1994.
En 2004, Hadid converteuse na primeira arquitecta en recibir o Premio Pritzker de Arquitectura polo conxunto da súa obra.[4]Anteriormente tamén fora condecorada coa Orde do Imperio Británico polos servizos realizados á arquitectura.
Galería
[editar | editar a fonte]Primeiras obras (1991–2005)
[editar | editar a fonte]-
Estación de bombeiros en Weil am Rhein, Alemaña (1991–93)
-
Centro de Arte Contemporánea, Cincinnati, Ohio (1997–2003)
-
Centro Científico Phaeno, Wolfsburgo, Alemaña (2005)
Proxectos maiores (2006–2010)
[editar | editar a fonte]-
MAXXI Interior, Roma (1998–2010)
Proxectos maiores (2011–2012)
[editar | editar a fonte]-
Galaxy SOHO en Beijing, China (2008–2012)
Derradeiros proxectos maiores completados (2013–2016)
[editar | editar a fonte]-
Auditorio do Heydar Aliyev Center
-
Biblioteca e Centro de Estudos da Universidade de Economía e Empresa de Viena, Austria (2013)
-
Interior da Biblioteca da Universidade de Economía e Empresa de Viena (2013)
-
Complexo Wangjing SOHO en Beijing, China (2009–2014)
-
Torre de Innovación do Jockey Club na Hong Kong Polytechnic University (2007–2014)
-
Centro Internacional Cultural da Xuventude de Nanjing , 2015
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Architect Dame Zaha Hadid dies at 65"
- ↑ Zabalbeascoa, Anatxu (2016-04-01). "Muere Zaha Hadid, estrella de la arquitectura mundial". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-05-11.
- ↑ "Las mejores obras (construidas) de Zaha Hadid". Arquitectura y Diseño (en castelán). 2018-10-30. Consultado o 2021-05-11.
- ↑ "Zaha Hadid dejará su huella en Barcelona". El País (en castelán). 2009-07-14. ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-05-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zaha Hadid |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Zaha Hadid no blog Un día una arquitecta.