Saltar ao contido

Zipacón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaZipacón
Imaxe

Localización
Mapa
 4°45′36″N 74°22′47″O / 4.76, -74.3797
EstadoColombia
DepartamentosCundinamarca Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.570 (2016) Editar o valor en Wikidata (79,57 hab./km²)
Xeografía
Superficie70 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude2.550 m Editar o valor en Wikidata
Creación5 de xullo de 1561 Editar o valor en Wikidata

Sitio webzipacon-cundinamarca.gov.co… Editar o valor en Wikidata

Zipacón é un dos 116 concellos do departamento de Cundinamarca, Colombia. Atópase na provincia de Sabana Occidente, a 50 km de Bogotá.

Período precolombiano

[editar | editar a fonte]

Zipacón é o territorio do altiplano cundiboyacense onde se atoparon as evidencias máis antigas de agricultura e olaría, que datan do ano 1270 a. C.

Durante o dominio da Confederación muisca, estivo baixo a xurisdición do Zipazgo, e foi un punto de gornición para espiar ós panches, que pola grande abertura deste lado adoitaban invadir frecuentemente o territorio muisca.

Dise que o Zipa se retiraba a Zipacón a meditar no medio dunha gran tristeza, polo que se lle deu á palabra Zipacón o significado de «O pranto do Zipa», frase que á súa vez é emblema do escudo do concello. A este respecto, o Manuscrito 158 BNC da Biblioteca Nacional de Colombia, que probablemente é unha copia encargada por José Celestino Mutis a finais do século XVIII, dálle á palabra Cone o significado de «pranto». Porén, o dicionario chibcha de Joaquín Acosta Ortegón di que a palabra quere dicir «Aliado do noso pai».[1]

  1. chb.cubun.org (ed.). "Manuscrito 158 BNC". Consultado o 31 de xullo de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]