Zoanthus
Zoanthus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Colonia de Zoanthus sansibaricus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Zoanthus sociatus (Ellis, 1768) | |||||||||||||||
especies | |||||||||||||||
|
Zoanthus é un xénero de cnidarios antozoos da subclase dos hexacoraliarios, que o tipo da familia dos zoántidos.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1801 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Zoanthus está formado pola unión dos elementos do latín científico zo-, e -anthus. O primeiro é un prefixo derivado do substantivo do grego antigo ζῷον zõon, "animal"; e o segundo está tirado do substantivo do grego antigo ἄνθος, ánthos, "flor".[2]
Literalmente: "os animais que teñen forma de flor".
Especies
[editar | editar a fonte]No xénero recoñécense as seguintes especies: [1]
- Zoanthus coppingeri Haddon & Shackleton, 1891
- Zoanthus durbanensis Carlgren, 1938
- Zoanthus gigantus Reimer & Tsukahara in Reimer, Ono, Iwama, Takishita, Tsukahara & Maruyama, 2006
- Zoanthus kealakekuaensis Walsh & Bowers, 1971
- Zoanthus kuroshio Reimer & Ono in Reimer, Ono, Iwama, Takishita, Tsukahara & Maruyama, 2006
- Zoanthus natalensis Carlgren, 1938
- Zoanthus praelongus Carlgren, 1954
- Zoanthus pulchellus (Duchassaing & Michelotti, 1860)
- Zoanthus robustus Carlgren, 1950
- Zoanthus sansibaricus Carlgren, 1900
- Zoanthus sociatus (Ellis, 1768)
- Zoanthus solanderi Le Sueur, 1818
- Zoanthus vietnamensis Pax & Müller, 1957
Característica
[editar | editar a fonte]Son pólipos coa mesma estrutura morfolóxica que as anemones. De feito, denomínanse vulgarmente anemones incrustantes. A columna alcanza os 3 cm de altura, e o disco oral, incluíndo os tentáculos, 1,5 cm de diámetro; os tentáculos son delicados e radiados desde o exterior do disco oral. Os pólipos pódense conectar entre si a través do cenénquima, un tecido a modo de alfombra situado na base, que utilizan para desenvolveren colonias.[3]
A coloración do disco oral e dos tentáculos é moi variada, e en ocasións moi vistosa, con combinacións de rosada, parda, amarillo, azul, laranxa ou verde. A intensidade da cor varía segundo a iluminación.
As colonias están formadas por diversos pólipos fixados a rochas ou a esqueletos de corais duros, e incluso noutras especies de corais vivos, que son atacadas polos nematocistos dos tentáculos dos Zoanthus.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Hábitat
[editar | editar a fonte]Viven en zonas de correntes de medias a fortes. Normalmente adheridos a rochas e corais mortos ou ao substrato, a profundidades entre 0 e 300 m, e nun rango de temperaturas entre os -0,02 e os 28,95 °C.[4]
Distribución
[editar | editar a fonte]As especies do xénero Zoanthus esténdese por todos os mares temperados e tropicais, dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico, incluído o mar Mediterráneo.[4]
Nutrición
[editar | editar a fonte]As especies de Zoanthus conteñen gran cantidade de algas simbióticas (mutualistas: ambos os organismos benefícianse desta relación) chamadas zooxantelas. As algas realizan a fotosíntese producindo oxíxeno e glícidos, que son aproveitados polos corais, mentres que as algas aliméntanse dos catabolitos do coral (especialmente fóforo e nitróxeno). Porén, os Zoanthus aliméntanse tanto dos produtos que xeran estas algas (entre un 75 e un 90 %), como das presas do plancto, que capturan cos seus minúsculos tentáculos.[5]
Reprodución
[editar | editar a fonte]Reprodúcense sexual e asexualmente.[6]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Zoanthus mantoni
-
Zoanthus pulchellus
-
Zoanthus sp
-
Zoanthus sp nun acuario
-
Zoanthus sp
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Zoanthus Lamarck, 1801 no WoRMS. Consultado o 17 de agosto de 2020.
- ↑ Zoanthus no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Button Polyps en animal-world.com (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2020.
- ↑ 4,0 4,1 Zoanthus Lamarck, 1801 en OBIS. Consultado o 17 de agosto de 2020.
- ↑ Debelius & Baensch 1997.
- ↑ Fluorescent Zoanthids. Zoanthus na EOL. Consultada o 17 de agosto de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zoanthus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Zoanthus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Borneman, Eric H. (2001): Aquarium corals: selection, husbandry and natural history. Shelburne, Vermont, USA: Microcosm Ld. ISBN 978-1-8900-8747-0.
- Daly, M. et. al, (2007): "The phylum Cnidaria: A review of phylogenetic patterns and diversity 300 years after Linnaeus". Zootaxa 1668: 127-182.
- Debelius, Helmut & Baensch, Hans A. (1997): Marine Atlas. Volume 1. Osnabrück, Baixa Saxonia, Alemaña: Mergus Verlag GmbH. ISBN 978-3-8824-4051-5.
- Gosliner, T. M.; Behrens, D. W. & Williams, G. C. (1996): Coral Reef Animals of the Indo-Pacific. Monterey, California, USA: Sea Challengers Inc. ISBN 978-0-9301-1821-1.
- Veron, J. E. N. (1986): Corals of Australia and the Indo-Pacific. Sydney, Australia: Angus & Robertson Publishers. ISBN 978-0-2071-5116-3.
- Wilkinson, C. (2004): Status of coral reefs of the world: 2004. Volume 2. Townsville, Queensland, Australia: Australian Institute of Marine Science
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Zoanthus na ADW.
- Fluorescent Zoanthids. Zoanthus na EOL.
- Zoántidos (Zoanthidae) en aquanovel.com (en castelán).