Hispania
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /is.pa.ˈni.a/ (AFI)
Hispania
- Hispania foi o nome dado polos antigos romanos á península Ibérica, (comprendendo as actuais Portugal, España, Andorra e Xibraltar) despois de derrotar aos cartaxineses, descendentes dos fenicios. Máis tarde, cando os romanos conquistaron o norte de África, en tempos de Diocleciano, estenderon a Hispania formando a denominada Diocesis Hispaniarum (diocese das Hispanias), baixo a dirección do vigairo de Hispaniae, cuxas competencias se estendían tamén á Mauretania Tinxitana (terra de mouros arredor de Tánxer).