Saltar ao contido

aínda

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
(Redirixido dende ainda)

Galego

Adverbio

  1. Indica que a acción ou o estado expresados polo verbo se seguen mantendo ou realizando no momento en que se fala ou do que se fala.
    • Exemplo: Aínda está a durmir. Daquela aínda traballaba, agora xa se retirou. Mañá aínda estás a tempo de ires

      .
  2. Serve para exaltar o valor dunha calidade, nunha comparación.
    • Exemplo: O rapaz aínda é máis alto do que pensaba. Se segue isto así, aínda imos acabar peor

      .
  3. Serve para indicar con énfase que se inclúe na afirmación aquilo que se cita, ás veces como elemento que culmina unha serie.
    • Exemplo: Dixo aínda outra cousa

      .
  4. Polo menos, sequera.
    • Exemplo: Se aínda tivese traballo, podería criar os fillos

      .
  5. Utilízase para dar máis énfase a un enunciado.
    • Exemplo: Aínda es ben atrevido. Aínda morra se non é certo!

Observacións