Sophias

Sophias

Serie web de ficci�n realizada polo Consello da Cultura Galega coa colaboraci�n da Conseller�a de Promoci�n do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia para divulgar a figura e as ideas de mulleres fil�sofas ao longo da historia.

Marta e Mar�a son d�as compa�eiras de traballo que nos seus encontros atopan sempre un motivo para filosofar sobre as ideas de mulleres que forman parte da historia do pensamento. Desde a Grecia cl�sica ata os nosos d�as, nestes sete cap�tulos abordan con humor, paix�n e incluso misticismo as achegas de fil�sofas que pode que non estean nas conversas de corredor, pero que deber�an.

Os episodios

CAP�TULO 01 �P�ker de sabias�




Existen as mulleres na historia do pensamento occidental? Existen, pero xa se sabe que quen reparte� En �P�ker de sabias� repasamos algunhas das figuras da filosof�a da �poca antiga e medieval, como Aspasia de Mileto, Safo de Lesbos, Hipatia ou Hildegarda de Bingen.

CAP�TULO 02 �Iluminadas�




Na revoluci�n de pensamento que supuxo a Ilustraci�n existiron voces que reivindicaban que a muller fose tida en conta como suxeito social e incorporada en igualdade � nova orde social. E non, non foron Rousseau ou Kant, referentes deste S�culo das Luces, sen�n pensadoras como Mary Wollstonecraft e Olympe de Gouges.

CAP�TULO 03 �A fil�sofa do sacho�




Pensadora e activista, Simone Weil faleceu cando ti�a s� 34 anos, deixando atr�s unha obra extensa e profunda marcada pola revisi�n do marxismo e a m�stica. Pensaba dende a palabra pero tam�n dende a acci�n, inspirada polas s�as experiencias como obreira e membro da resistencia antifascista. Unha fil�sofa complexa da que queda moito por descubrir.

CAP�TULO 04 �Movendo os marcos�




Reco�ecer�a hoxe en d�a Simone de Beauvoir o segundo sexo en igualdade de condici�ns? Que pensar�a dos avances na igualdade? E dos debates entre tendencias do feminismo? Dous caf�s, un sof� e unha aplicaci�n de citas serven �s nosas protagonistas para reflexionar sobre o legado da pensadora feminista m�is co�ecida da historia.

CAP�TULO 05 �Hannah�




Un soliloquio introd�cenos no pensamento de Hannah Arendt, fil�sofa do s�culo XX que reflexionou sobre a deriva social cara aos totalitarismos. Para ela, � o que facemos o que nos converte no que somos. E si, podemos deixarnos levar como nun ascensor, piso arriba e abaixo, pero a verdadeira liberdade est� na acci�n e na busca de acordo� se o traballo nos deixa tempo, claro.

CAP�TULO 06 �Cigarr�n Butler�




Un xogo de capas narrativas e visuais con parada e fonda no Entroido galego. Esa � a proposta deste cap�tulo, no que se repasan as ideas de Judith Butler respecto � identidade sexual e os tipos de violencia, dous dos temas abordados por esta pensadora e activista contempor�nea.

CAP�TULO 07 �Cancelo Agra�




Mar�a Xos� Agra � a muller m�is importante da filosof�a galega. E non s� polas achegas do seu pensamento, centrado na idea de xustiza e igualdade; tam�n polo seu labor na documentaci�n, investigaci�n e divulgaci�n dos movementos feministas e de diversidade de x�nero en Galicia. Con ela pechamos esta serie de cap�tulos sobre mulleres fil�sofas.

Por que Sophias?



As fil�sofas son as grandes esquencidas da Historia do Pensamento e deben de entrar a formar parte do curr�culo escolar. Esa reivindicaci�n foi o punto de partida co que un grupo de profesoras e profesores de Filosof�a comezaron a traballar no ver�n de 2021 para darlle forma � idea de facer contidos audiovisuais para introducir o pensamento das mulleres no �mbito escolar, pero non so a�. As ideas e contributos desas fil�sofas merec�an o reco�ecemento e a transmisi�n nas aulas, mais tam�n compartir os espazos da divulgaci�n filos�fica e da cultura popular.

E as� naceu SOPHIAS, un proxecto do Consello da Cultura Galega co apoio da Conseller�a de Promoci�n do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, no que a trav�s dunha ficci�n divulgativa se presenta unha escolma de autoras e dos temas e debates que abriron. Son mostra do seu xenio e capacidade para dialogar co contexto hist�rico e social, inclu�ndo o tema da exclusi�n das mulleres do espazo p�blico e da creaci�n de co�ecemento. Hai moitas m�is fil�sofas, pero escoll�ronse estas pola pegada do seu pensamento e pola s�a actualidade para acompa�ar no proceso de pensar o presente. Fronte ao inmediato e a rapidez, � unha aposta polo repouso do di�logo. Pensar sempre � compartido.

FICHA T�CNICA

T�tulo: Sophias
X�nero: Ficci�n
Cap�tulos: 7
Duraci�n: 5 minutos cada cap�tulo
Idioma: Galego
Int�rpretes: Marta P�rez e Mar�a Roja
Produci�n executiva: Carme Ad�n
Gui�ns: Cristina de la Torre, Carme Ad�n, Iolanda Mart�nez, Manuel Torres, Jorge �lvarez, Mar�a del Toro, Celia Pereira, Zeltia Laya, �frica L�pez Souto
Direcci�n e montaxe: Cristina de la Torre
Fotograf�a: Pio Cribeiro
Son: Eloy T�boas
Produci�n: Consello da Cultura Galega co apoio da Conseller�a de Promoci�n do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e do Pacto de Estado contra a violencia de x�nero
Ano: 2022