Carbúnculo: Diferenzas entre revisións
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.1 |
Sen resumo de edición |
||
(Non se amosa unha revisión feita por outro usuario.) | |||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Sen referencias|data=agosto de 2017}} |
|||
{{Doenza |
{{Doenza |
||
| nome = Carbúnculo |
| nome = Carbúnculo |
||
Liña 28: | Liña 27: | ||
=== Mecanismo de transmisión === |
=== Mecanismo de transmisión === |
||
A transmisión en animais prodúcese normalmente por inxestión. Os [[herbívoro]]s poden infectarse ó inxerir esporas vehiculadas en plantas e pasto ou beber auga con en suspensión. Os gromos adoitan producirse en épocas de choivas fortes, inundacións ou secas. Os carnívoros adóitanse infectar tras a inxestión de carne contaminada procedente de animais infectados, mentres que os [[Prea|preeiros]] e as moscas poden esparexer a doenza logo de alimentarse de refugallos e depositar pingas de vómito nas plantas. As picaduras por moscas tamén poden contribuír a espallar a doenza, aínda que este xeito de transmisión é máis raro.<ref name="fao">{{Cita web|url=http://www.fao.org/ag/esp/revista/0112sp.htm|apelidos=Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación|título=El carbunco en los animales}}</ref> |
A transmisión en animais prodúcese normalmente por inxestión. Os [[herbívoro]]s poden infectarse ó inxerir esporas vehiculadas en plantas e pasto ou beber auga con en suspensión. Os gromos adoitan producirse en épocas de choivas fortes, inundacións ou secas. Os carnívoros adóitanse infectar tras a inxestión de carne contaminada procedente de animais infectados, mentres que os [[Prea|preeiros]] e as moscas poden esparexer a doenza logo de alimentarse de refugallos e depositar pingas de vómito nas plantas. As picaduras por moscas tamén poden contribuír a espallar a doenza, aínda que este xeito de transmisión é máis raro.<ref name="fao">{{Cita web|url=http://www.fao.org/ag/esp/revista/0112sp.htm|apelidos=Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación|título=El carbunco en los animales|data-acceso=10 de abril de 2017|data-arquivo=09 de febreiro de 2018|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20180209181512/http://www.fao.org/ag/esp/revista/0112sp.htm|url-morta=yes}}</ref> |
||
En humanos pódese producir un contaxio cutáneo ó contactar con animais infectados ou os seus produtos contaminados (pelello, la e sangue), ben directamente pola súa manipulación ou indirectamente vehiculado por diversos insectos [[Hematofaxia|hematófagos]]. Este é o xeito máis corrente de transmisión. Asemade, é posible o contaxio tras inhalar esporas; este xeito de contaxio está asociado a procesos como curtir peles ou o tratamento da [[la]]. Tamén se pode producir o contaxio por inhalación, dixestivo tras consumir carne procedente de animais infectados; o consumo de leite non semella transmitir a doenza, e a transmisión de persoa a persoa é moi rara. |
En humanos pódese producir un contaxio cutáneo ó contactar con animais infectados ou os seus produtos contaminados (pelello, la e sangue), ben directamente pola súa manipulación ou indirectamente vehiculado por diversos insectos [[Hematofaxia|hematófagos]]. Este é o xeito máis corrente de transmisión. Asemade, é posible o contaxio tras inhalar esporas; este xeito de contaxio está asociado a procesos como curtir peles ou o tratamento da [[la]]. Tamén se pode producir o contaxio por inhalación, dixestivo tras consumir carne procedente de animais infectados; o consumo de leite non semella transmitir a doenza, e a transmisión de persoa a persoa é moi rara. |
||
Liña 37: | Liña 36: | ||
== Notas == |
== Notas == |
||
{{listaref}} |
{{listaref|30em}} |
||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
Revisión actual feita o 27 de marzo de 2023 ás 06:24
Carbúnculo | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Lesión na pel causada polo carbúnculo. | |
ICD-10 | A22 |
ICD-9 | 022 |
DiseasesDB | 1203 |
MedlinePlus | 001325 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
O carbúnculo[1] (tamén coñecido como carbuncho,[2] solda[3] ou ántrax,[4] aínda este último termo é tamén sinónimo de furunculose por Staphylococcus aureus) é unha doenza contaxiosa, aguda e grave, que pode afectar a todos os homeotermos e entre eles ó home, causada por Bacillus anthracis, un bacilo grampositivo, anaeróbico facultativo e esporoxénico que se atopa no chan.[5] A severidade do carbúnculo no home varía segundo o modo de contaxio e a velocidade do tratamento; o carbúnculo cutáneo, a manifestación máis común da doenza presenta unha mortalidade baixa. En troques, o carbúnculo pulmonar é letal na maioría dos casos. As esporas de B. anthracis investigáronse como axentes de guerra biolóxica, e foron empregadas nos ataques con carbúnculo nos Estados Unidos de 2001.
Etioloxía
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Bacillus anthracis.
O axente causante do carbúnculo é a bacteria Bacillus anthracis, un microorganismo esporoxénico que pode ficar no ambiente durante moitos anos. A célula é grande, entre 1 e 8 µm en lonxitude, e 1 e 1,5 µm de ancho. As esporas teñen un tamaño de aproximadamente 1 µm µm.[6] As esporas son moi resistentes; para a súa destrución, requírese a ebulición durante 10 minutos, o autoclave a 120 °C °C ou o forno a 160 °C durante 6 minutos.[7]
Epidemioloxía
[editar | editar a fonte]Reservorios
[editar | editar a fonte]Existe un reservorio animal representado polos animais doentes ou os cadáveres de animais mortos polo proceso, e un reservorio extraanimal, telúrico e máis importante dende o punto de vista epidemiolóxico, integrado polos terreos contaminados a partir dos excrementos e secrecións dos animais doentes. Estes animais liberan grandes cantidades de bacterias polo sangue eliminado por boca, nariz e ano. En contacto co osíxeno ambiental, as bacterias esporulan e contaminan o terreo circundante onde poden pervivir durante décadas con plena capacidade xerminativa. Estas esporas presentes no chan poden pasar á súa forma vexetativa e multiplicarse se existen as condicións edafolóxicas e climáticas óptimas (terreos calcáreos ou alcalinos ricos en materia orgánica e unha temperatura entre 30 e 35 °C) transformándose así o terreo no que se coñece como «área incubadora». O organismo sobrevive nas capas superficiais do chan, normalmente até uns 6 cm de profundidade, polo cal non se adoitan atopar en terreos ben drenados e de uso intenso para a agricultura.[8]
Mecanismo de transmisión
[editar | editar a fonte]A transmisión en animais prodúcese normalmente por inxestión. Os herbívoros poden infectarse ó inxerir esporas vehiculadas en plantas e pasto ou beber auga con en suspensión. Os gromos adoitan producirse en épocas de choivas fortes, inundacións ou secas. Os carnívoros adóitanse infectar tras a inxestión de carne contaminada procedente de animais infectados, mentres que os preeiros e as moscas poden esparexer a doenza logo de alimentarse de refugallos e depositar pingas de vómito nas plantas. As picaduras por moscas tamén poden contribuír a espallar a doenza, aínda que este xeito de transmisión é máis raro.[9]
En humanos pódese producir un contaxio cutáneo ó contactar con animais infectados ou os seus produtos contaminados (pelello, la e sangue), ben directamente pola súa manipulación ou indirectamente vehiculado por diversos insectos hematófagos. Este é o xeito máis corrente de transmisión. Asemade, é posible o contaxio tras inhalar esporas; este xeito de contaxio está asociado a procesos como curtir peles ou o tratamento da la. Tamén se pode producir o contaxio por inhalación, dixestivo tras consumir carne procedente de animais infectados; o consumo de leite non semella transmitir a doenza, e a transmisión de persoa a persoa é moi rara.
Existe distinta susceptibilidade á infección en función da especie afectada. As especies máis sensibles son os ruminantes, tanto salvaxes como domésticos, mentres que os carnívoros, súidos e equinos manifestan unha sensibilidade intermedia. Dentro desta sensibilidade intermedia podemos tamén incluír ó xénero humano. As aves son consideradas practicamente como refractarias á doenza, podendo este feito estar en relación coa súa alta temperatura corporal.[10]
Esta doenza atópase diseminada por todo o mundo, sendo especialmente frecuente en certas rexións de África, Asia e Oriente medio e o sueste europeo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carbúnculo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carbuncho.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para solda.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ántrax.
- ↑ Parlamento Europeo. "Boletines terminológicos y normativos.Boletín nº 32 - Ántrax/carbunco". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2012. Consultado o 10 de abril de 2017.
- ↑ "Bacillus anthracis".
- ↑ "Ántrax-Carbunco". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2012. Consultado o 10 de abril de 2017.
- ↑ Grupo de Ecopatología de la Fauna Silvestre de Andalucía. "Carbunco bacteridiano" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de abril de 2012. Consultado o 10 de abril de 2017.
- ↑ Organización de las Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación. "El carbunco en los animales". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2018. Consultado o 10 de abril de 2017.
- ↑ "Ántrax (Carbunco)" (4). doi:10.4067/S0716-10182001000400008.