Charrela: Diferenzas entre revisións
m Arranxos varios using AWB |
|||
Liña 9: | Liña 9: | ||
| ordo = [[Galliformes]] |
| ordo = [[Galliformes]] |
||
| familia = [[Phasianidae]] |
| familia = [[Phasianidae]] |
||
| genus = |
| genus = [[Perdix]] |
||
| species = |
| species = '''P. perdix''' |
||
| binomial = ''Perdix perdix'' |
| binomial = ''Perdix perdix'' |
||
| binomial_authority = [[Carolus Linnaeus|Linnaeus]], 1758 |
| binomial_authority = [[Carolus Linnaeus|Linnaeus]], 1758 |
Revisión como estaba o 30 de marzo de 2017 ás 08:17
Perdiz charrela | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Perdix perdix' Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||
Distribución Perdix perdix
|
A charrela ou perdiz charrela (Perdix perdix) é unha galinácea de orixe eurasiática aclimatada como peza de caza tamén no continente americano.
Descrición
A charrela é unha ave de entre 29 e 31 cm de lonxitude, ás e cola arredondadas e aspecto gordecho. A fronte, os lados da cabeza e a gorxa son de coloración que vai do laranxa o castaño ferruxento, o lombo e as plumas superiores da cola son gris claras. Os lados e partes laterais do peito teñen bandas castañas, Na metade inferior do papo teñen unha mancha castaña, chamada escudo, que a miúdo falta ou é moi pequena nas femias. O debuxo da plumas cobertoiras dos ombreiros permite diferenciar as femias dos machos: as primeiras teñen listas transversais das que os machos carecen. Tamén o debuxo da parte superior da cabeza cambia segundo os sexos: os machos teñen raias que no caso das femias son manchiñas.
Bioloxía reprodutora
A época de apareamento comeza cando se acaba a parte máis dura do inverno. As charrelas establecen parellas monógamas que duran unha estación de cría. Fan o niño no chan, no que se confunden ben grazas á súa plumaxe críptica de fondo gris e castaño con manchas negras, avermelladas e castañas. Poñen entre 10 e 25 ovos, que chocan unhas tres semanas. As femias defenden o niño con forza e moitas veces non o abandonan ata o ultimo momento, aínda que a ameaza sexa evidente. Cando os polos saen do ovo móvense en grupos familiares. Cando se atopan dúas familias durante a época de cría, poden ter lugar fortes disputas. Só a finais do outono se forman bandos compostos por varias familias. Durante o inverno as poboacións redúcense moito, malia a resistencia das charrelas ó frío.
As charrelas son moi fieis ós seus territorios e os exemplares novos adoitan asentarse preto dos adultos.
Distribución e subespecies
A charrela está espallada dende o centro e norte de Europa ata o oeste de Siberia, Turquestán, Paquistán e o norte de Irán. Foi introducida como animal de caza en Norteamérica e na actualidade está presente nas praderías do norte dos Estados Unidos e do sur de Canadá.
Distínguense as seguintes variedades (Raethel, 1996):
- Perdix perdix perdix: do sur de Escandinavia, Gran Bretaña, e do nordeste de Francia a Grecia.
- Perdix perdix sphagnetorum: do norte dos Países Baixos e noroeste de Alemaña.
- Perdix perdix armoricana: de Francia.
- Perdix perdix hispaniensis: vive nos Pireneos centrais, norte de España e nordeste de Portugal .
- Perdix perdix italica: da península italiana
- Perdix perdix lucida: espallada dende Finlandia ata os montes Urais polo leste e o mar Negro, Crimea e o Cáucaso polo sur.
- Perdix perdix robusta: vive dende os Urais ata o Altai, chegando polo leste a Saian e a república rusa de Tuba e polo sur ata a costa do mar Caspio, o mar de Aral e o Sinkiang.
- Perdix perdix canescens: variedade propia de Turquía, sur do Cáucaso, Transcaucasia e norte e noroeste do Irán.
- Perdix perdix arenicola
Situación
A distribución xeográfica e o número de exemplares vense ameazados polos cambios nos sistemas agrícolas, sobre todo a mecanización das colleitas. A IUCN calcula a poboación total da charrela entre 2,5 e 5 millóns de exemplares, polo que, malia o lixeiro retroceso da especie, a cualifica como "non ameazada".
Nomes vulgares noutras linguas
- Alemán: Rebhuhn
- Catalán: Perdiu xerra
- Danés: Agerhøne
- Español: Perdiz pardilla
- Euskara: Eper gris
- Francés: Perdrix grise
- Inglés: Grey Partridge
- Italiano: Starna
- Neerlandés: Patrijs
- Polaco: Kuropatwa
- Sueco: Rapphöna
Literatura
- Heinz-Sigurd Raethel: Wachteln, Rebhühner, Steinhühner, Frankoline und Verwandte. Verlagshaus Reutlingen, Reutlingen 1996, ISBN 3-88627-155-2.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Charrela |
Xustificación da clasificación da charrela como non ameazada pola IUCN