Saltar ao contido

Paulo Mendes da Rocha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Paulo Archias Mendes da Rocha (nado o 25 de outubro do 1928 en Vitória, Espírito Santo) é un arquitecto e urbanista brasileiro. Pertence á xeración de arquitectos modernistas liderada por Joao Batista Vilanova Artigas. Nos últimos tempos destacou na arquitectura brasileira, recibindo no ano 2006 o Premio Pritzker da Arquitectura e o Premio Mies van der Rohe no ano 2000.

Traballando case exclusivamente no Brasil, Mendes produciu edificios modernistas/brutalistas dende 1957. Traballa na súa maioría con formigón, cun método que el chama Brutalismo Brasileiro, o cal lle permíte construír dun xeito barato e rápido. Deseñou moitos edificios notabeis no Sao Paulo, contribuíndo ó ensalzamento e á revitalización da cidade. Mendes da Rocha é só o segundo brasileiro en gañar o Premio Pritzker logo de Oscar Niemeyer no ano 1988.

Biografía

Paulo Mendes de Rocha formou-se arquiteto e urbanista pola Faculdade de Arquitetura e Urbanismo da Universidade Mackenzie de Sao Paulo no 1954. Nese período a faculdade aínda estaba ligada a un modelo historicista da arquitetura e Mendes da Rocha pasou a participar nun grupo de alumnos interesados na arquitetura moderna, como Jorge Wilheim e Carlos Millan.

A arquitetura proposta por Vilanova Artigas xa o influenciara no seu primeiro grande proxecto, o Clube Atlético Paulistano. Aí se evidencia a súa predilección polo uso do formigón armado aparente, pechamentos en vidro, grandes espazos abertos, entre outros elementos que virían a caracterizar a "Escola Paulista" supracitada.

Pasa a ensinar na Faculdade de Arquitetura e Urbanismo da Universidade de Sao Paulo no 1961, no meio dun intenso debate social promovido por mestres e alumnos. Discúte-se neste momento o papel social do arquiteto, o que non viria a agradar o goberno militar que se instaurou no país no 1964. En decorrencia diso, os seus dereitos políticos son cesados no 1969 e lle é prohibido de dar clase. Volta á faculdade apenas no 1980, xuntamente con outros profesores tamén cesados (entre eles, Vilanova Artigas).

No 1998 Paulo Mendes convértese en Mestre Titular de Proxectos arquitectónicos naquela escola. Dende entón recibe unha serie de premios internacionais pola súa obra, realizada en varias partes do mundo, dentre os cales destacan o Premio Mies van der Rohe para a América Latina (galardeado no 2001) e o Pritzker (no 2006).

Obra

A arquitectura de Paulo Mendes da Rocha considérase un exemplo paradigmático do pensamento estético que caracteriza á que se coñece como Escola Paulista da arquitectura brasileira, na que salienta a figura de João Batista Vilanova Artigas e bastante difundida na Faculdade de Arquitectura e Urbanismo da Universidade de Sao Paulo, onde ensinou Mendes da Rocha. A así a chamada Escola Paulista a pesar de bastante criticada nas últimas décadas polo seu alto custo social e económico, preocupábase esencialmente da promoción dunha arquitectura "crúa, limpa e clara" (dunha certa maneira, influenciada polos ideais estéticos do Brutalismo europeo), e presentaba solucións formais que supostamente permitirían a inmediata aprehensión, por parte dos usuarios da arquitectura, dos ideais de economía e síntese espacial expostos nos seus elementos formais, dentro dun raciocinio que se deu en chamar "verdade estrutural" da arquitectura.

Na obra de Paulo Mendes da Rocha varios destes elementos aparecen, reunidos segundo unha clara intención espacial evidenciada polas escollas de proxecto arquitetónico. É unha obra na que a influencia dos ditos "mestres da Arquitetura Moderna" transparece: a preocupación cunha arquitetura que mesmo sintética e limpa se exprime polos detalles construtivos rigorosamente estudados (Mies van der Rohe), o formigón aparente aliado aos grandes vans nos cais a relación individuo-espazo é agora íntima e agora monumental (Vilanova Artigas), a arquitetura formalista procurando denotar a funcionalidade (Le Corbusier/International Style), a busca de espazos supostamente incentivadores do convivio humano, dentro dun proxecto de cidade e de sociedade (Rino Levi, Artigas, Alvar Aalto, etc).

O xesto arquitetônico promovido por Paulo Mendes da Rocha, ou sexa, as intencións proxetuais que exprimen unha dada vión de mundo ou un certo desinio procuran cada un á sua maneira propor tamén un "proxecto de humanidade", e tal ata evolui na medida en que a súa carreira progride. Tal proxecto, que non resume a súa obra, é expreso tamén, xenericamente, en toda a obra da Escola Paulista. Dado que tal xesto é, supostamente, sempre confiante, as obras de Paulo Mendes acabaran caracterizándo-se por unha actitude ríxida, certeira sobre o territorio: o arquiteto acredita que o dominio do sitio - sexa através da mudanza da topografía, da súa completa redefinición ou mesmo dunha mera acción sobre os fluxos de circulación do entorno - é un elemento fundamental na expresión do dominio e da integración do home sobre e coa Natureza. Segundo as súas palabras, a primeira e primordial arquitetura é a xeografia [1].

A súa obra tamén é dita por algÚns como caracterizada por um "raciocinio de pórticos e planos". De feito, em vários de seus projetos, a plena configuración espacial dase através dun rápido xogo estrutural, promovido polo dominio compositivo de elementos construtivos tradicionais (pilares e vigas, así como paredes simples). Os proxectos nos cais máis se torna clara esta característica son os do Museo Brasileiro de Escultura, da loxa Forma e de algunhas residencias. A pesar da influencia visíbel dos xa citados Mies van der Rohe e Artigas, Paulo Mendes da Rocha é aclamado por algúns coma un lexítimo mestre cando lida con esta linguaxe.

Principais proxectos

Ligazóns externas