Russell Means
Modelo:Infobox actor Russell Charles Means, coñecido en lingua lakota como Oyate Wacinyapi, é un actor, músico e activista político sioux.
Traxectoria
Russell Means nado en Wanblee, Dakota do Sur, nunha comunidade que se atopa no Pine Ridge Indian Reservation, é fillo de Theodora Feather e Harold "Hank" Means. Foi bautizado como Oyate Wacinyapin, que na lingua lakota quere dicir "traballa para a xente". Seus pais eran os dous Sioux Oglala.
En 1968 uniuse á American Indian Movement (AIM) unha organización que loita polos dereitos dos indios americanos, e rapidamente converteuse nun dos seus líderes.
Traxectoria profesional
Means comeza a súa carreira como actor en 1992, encarnando ó xefe Chingachgook en The Last of the Mohicans, un filme dirixido por Michael Mann. A partir de entón aparece en filmes como Assassins nascuts e Into The West. En Pocahontas, presta a súa voz para o personaxe do pai, Powhatan. Tamén a presta para o videoxogo Under A Killing Moon.
Retratos de Warhol
Andy Warhol pintou dezaoito retratos de Russell Means na súa serie de Indios de América. O instituto de arte de Dayton ten un deses cadros.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- AIM (en inglés)