Russell Means
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de novembro de 1939 Reserva india de Pine Ridge, Estados Unidos de América |
Morte | 22 de outubro de 2012 (72 anos) Porcupine, Estados Unidos de América |
Causa da morte | cancro do esófago |
Educación | San Leandro High School |
Actividade | |
Campo de traballo | Actor, Activismo, política, Actuación, música e literatura |
Ocupación | actor, actor de dobraxe, actor de televisión, activista pola paz, activista político, político, autobiógrafo, actor de cinema, músico, escritor |
Período de actividade | 1968 - |
Partido político | Partido Libertario |
Membro de | American Indian Movement (1968–) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Tatanka Means |
Irmáns | Lorelei DeCora Means |
Sitio web | russellmeans.com |
|
Russell Charles Means, nado o 10 de novembro de 1939 na Reserva india de Pine Ridge e finado o 22 de outubro de 2012 en Porcupine, foi un actor, músico e activista político síux, tamén coñecido en lingua lakota como Oyate Wacinyapi.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Russell Means nado en Wanblee, Dacota do Sur, nunha comunidade que se atopa no Reserva india de Pine Ridge, é fillo de Theodora Feather e Harold "Hank" Means. Foi bautizado como Oyate Wacinyapin, que en lakota quere dicir "traballa para a xente". Os seus pais eran os dous síux Oglala.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Means comeza a súa carreira como actor en 1992, encarnando ó xefe Chingachgook en O derradeiro dos mohicanos, un filme dirixido por Michael Mann. A partir de entón aparece en filmes como Asasinos natos, Into The West ou Pathfinder. En Pocahontas, presta a súa voz para o personaxe do pai, o Xefe Powhatan. Tamén a prestou para o videoxogo Under A Killing Moon.
Activismo
[editar | editar a fonte]En 1968 uniuse á American Indian Movement (AIM) unha organización que loita polos dereitos dos indios americanos, e rapidamente converteuse nun dos seus líderes. En 1969, uniuse a un grupo de nativos da organización Indians Of All Tribes (IOAT) para ocupar a illa de Alcatraz durante 18 meses[1][2] e, ao ano seguinte, converteuse nun dos líderes da organización. Máis tarde ese ano, Means foi un dos líderes da ocupación do monte Rushmore por parte de AIM. En 1972, participou na ocupación AIM da Oficina de Asuntos Indios en Washington, e en 1973 dirixiu a ocupación de Wounded Knee, que foi a acción máis famosa do grupo.[3]
Retratos de Warhol
[editar | editar a fonte]Andy Warhol pintou dezaoito retratos de Russell Means na súa serie de indios de América. O instituto de arte de Dayton ten un deses cadros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Treuer, David (20 de novembro de 2019 [actualizado o 21 de novembro de 2019]). "How a Native American Resistance Held Alcatraz for 18 Months". nytimes.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2024.
- ↑ "Occupation of Alcatraz (November 1969 – June 1971)". muscarelle.wm.edu (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2024.
- ↑ Redacción (9 de febreiro de 2010). "AIM occupation of Wounded Knee begins". history.com (en inglés). Consultado o 20 de novembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Russell Means |