Saltar ao contido

Charrela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de marzo de 2017 ás 08:17 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (top: Arranxos varios, replaced: species = '''''P. perdix''''' → species = '''P. perdix''', genus = ''Perdix'' → genus = Perdix)
Perdiz charrela
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Xénero: Perdix
Especie: P. perdix
Nome binomial
'Perdix perdix'
Linnaeus, 1758
Distribución Perdix perdix
Distribución Perdix perdix

Distribución Perdix perdix

A charrela ou perdiz charrela (Perdix perdix) é unha galinácea de orixe eurasiática aclimatada como peza de caza tamén no continente americano.

Descrición

A charrela é unha ave de entre 29 e 31 cm de lonxitude, ás e cola arredondadas e aspecto gordecho. A fronte, os lados da cabeza e a gorxa son de coloración que vai do laranxa o castaño ferruxento, o lombo e as plumas superiores da cola son gris claras. Os lados e partes laterais do peito teñen bandas castañas, Na metade inferior do papo teñen unha mancha castaña, chamada escudo, que a miúdo falta ou é moi pequena nas femias. O debuxo da plumas cobertoiras dos ombreiros permite diferenciar as femias dos machos: as primeiras teñen listas transversais das que os machos carecen. Tamén o debuxo da parte superior da cabeza cambia segundo os sexos: os machos teñen raias que no caso das femias son manchiñas.

Bioloxía reprodutora

Macho de charrela chamando.

A época de apareamento comeza cando se acaba a parte máis dura do inverno. As charrelas establecen parellas monógamas que duran unha estación de cría. Fan o niño no chan, no que se confunden ben grazas á súa plumaxe críptica de fondo gris e castaño con manchas negras, avermelladas e castañas. Poñen entre 10 e 25 ovos, que chocan unhas tres semanas. As femias defenden o niño con forza e moitas veces non o abandonan ata o ultimo momento, aínda que a ameaza sexa evidente. Cando os polos saen do ovo móvense en grupos familiares. Cando se atopan dúas familias durante a época de cría, poden ter lugar fortes disputas. Só a finais do outono se forman bandos compostos por varias familias. Durante o inverno as poboacións redúcense moito, malia a resistencia das charrelas ó frío.

As charrelas son moi fieis ós seus territorios e os exemplares novos adoitan asentarse preto dos adultos.

Distribución e subespecies

A charrela está espallada dende o centro e norte de Europa ata o oeste de Siberia, Turquestán, Paquistán e o norte de Irán. Foi introducida como animal de caza en Norteamérica e na actualidade está presente nas praderías do norte dos Estados Unidos e do sur de Canadá.

Distínguense as seguintes variedades (Raethel, 1996):

Situación

A distribución xeográfica e o número de exemplares vense ameazados polos cambios nos sistemas agrícolas, sobre todo a mecanización das colleitas. A IUCN calcula a poboación total da charrela entre 2,5 e 5 millóns de exemplares, polo que, malia o lixeiro retroceso da especie, a cualifica como "non ameazada".

Nomes vulgares noutras linguas

  • Alemán: Rebhuhn
  • Catalán: Perdiu xerra
  • Danés: Agerhøne
  • Español: Perdiz pardilla
  • Euskara: Eper gris
  • Francés: Perdrix grise
  • Inglés: Grey Partridge
  • Italiano: Starna
  • Neerlandés: Patrijs
  • Polaco: Kuropatwa
  • Sueco: Rapphöna

Literatura

  • Heinz-Sigurd Raethel: Wachteln, Rebhühner, Steinhühner, Frankoline und Verwandte. Verlagshaus Reutlingen, Reutlingen 1996, ISBN 3-88627-155-2.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Xustificación da clasificación da charrela como non ameazada pola IUCN