Paulo Mendes da Rocha
(2009) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de outubro de 1928 Vitória, Brasil |
Morte | 23 de maio de 2021 (92 anos) São Paulo, Brasil |
Residencia | São Paulo |
Educación | Universidade Presbiteriana Mackenzie (pt) |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, urbanista, deseñador, restaurador, pintor, profesor universitario |
Empregador | Faculdade de Arquitetura e Urbanismo da Universidade de São Paulo (pt) (1960–1998) Universidade de São Paulo |
Obra | |
Obras destacables | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Paulo Archias Mendes da Rocha, nado en Vitória (Espírito Santo) o 25 de outubro de 1928, é un arquitecto e urbanista brasileiro. Pertence á xeración de arquitectos modernistas liderada por Joao Batista Vilanova Artigas. Nos últimos tempos destacou na arquitectura brasileira, recibindo no ano 2006 o Premio Pritzker da Arquitectura e o Premio Mies van der Rohe no ano 2000.
Traballando case exclusivamente no Brasil, Mendes produciu edificios modernistas/brutalistas dende 1957. Traballa na súa maioría con formigón, cun método que el chama Brutalismo Brasileiro, o cal lle permíte construír dun xeito barato e rápido. Deseñou moitos edificios notábeis en São Paulo, contribuíndo ó ensalzamento e á revitalización da cidade. Mendes da Rocha é o segundo brasileiro en gañar o Premio Pritzker logo de Oscar Niemeyer no ano 1988.
Traxectoria
Paulo Mendes de Rocha formouse como arquitecto e urbanista pola Facultade de Arquitectura e Urbanismo da Universidade Mackenzie de San Paulo no 1954. Nese período a facultade aínda estaba ligada a un modelo historicista da arquitectura e Mendes da Rocha pasou a participar nun grupo de alumnos interesados na arquitectura moderna, como Jorge Wilheim e Carlos Millan.
A arquitectura proposta por Vilanova Artigas xa o influenciara no seu primeiro grande proxecto, o Clube Atlético Paulistano. Aí se evidencia a súa predilección polo uso do formigón armado á vista, pechamentos en vidro, grandes espazos abertos, entre outros elementos que virían a caracterizar a "Escola Paulista" supracitada.
Pasa a ensinar na Facultade de Arquitectura e Urbanismo da Universidade de São Paulo no 1961, no medio dun intenso debate social promovido por mestres e alumnos. Discútese neste momento o papel social do arquitecto, o que non viría a agradar ó goberno militar que se instaurou no país no 1964. En decorrencia diso, os seus dereitos políticos son cesados no 1969 e prohíbenlle dar clases. Volve á facultade no 1980, xuntamente con outros profesores tamén cesados (entre eles, Vilanova Artigas).
No 1998 Paulo Mendes convértese en Mestre Titular de Proxectos arquitectónicos naquela escola. Dende entón recibe unha serie de premios internacionais pola súa obra, realizada en varias partes do mundo, entre a que os cales destacan o Premio Mies van der Rohe para a América Latina (galardoado no 2001) e o Pritzker (no 2006).
Obra
A arquitectura de Paulo Mendes da Rocha considérase un exemplo paradigmático do pensamento estético que caracteriza á que se coñece como Escola Paulista da arquitectura brasileira, na que salienta a figura de João Batista Vilanova Artigas e bastante difundida na Facultade de Arquitectura e Urbanismo da Universidade de San Paulo, onde ensinou Mendes da Rocha. Así, a chamada Escola Paulista a pesar de bastante criticada nas últimas décadas polo seu alto custo social e económico, preocupábase esencialmente da promoción dunha arquitectura "crúa, limpa e clara" (dunha certa maneira, influenciada polos ideais estéticos do brutalismo europeo), e presentaba solucións formais que supostamente permitirían a inmediata aprehensión, por parte dos usuarios da arquitectura, dos ideais de economía e síntese espacial expostos nos seus elementos formais, dentro dun raciocinio que se deu en chamar "verdade estrutural" da arquitectura.
Na obra de Paulo Mendes da Rocha varios destes elementos aparecen, reunidos segundo unha clara intención espacial evidenciada polas escollas de proxecto arquitectónico. É unha obra na que se aprecia a influencia dos ditos "mestres da Arquitectura Moderna": a preocupación cunha arquitectura que mesmo sintética e limpa se espreme polos detalles construtivos rigorosamente estudados (Mies van der Rohe), o formigón aparente aliado aos grandes vans nos cales a relación individuo-espazo é agora íntima e agora monumental (Vilanova Artigas), a arquitectura formalista procurando denotar a funcionalidade (Le Corbusier/International Style), a busca de espazos supostamente incentivadores da convivencia humana, dentro dun proxecto de cidade e de sociedade (Rino Levi, Artigas, Alvar Aalto etc).
O xesto arquitectónico promovido por Paulo Mendes da Rocha, ou sexa, as intencións proxectuais que expresan unha visión dada do mundo ou un certo designio procuran cada un á súa maneira propor tamén un "proxecto de humanidade", e tal evoluiu na medida en que a súa carreira progresa. Tal proxecto, que non resumo da súa obra, é expresado tamén, xenericamente, en toda a obra da Escola Paulista. Dado que tal xesto é, supostamente, sempre confiante, as obras de Paulo Mendes acabaran caracterizándose por unha actitude ríxida, certeira sobre o territorio: o arquitecto acredita que o dominio do sitio - sexa a través da mudanza da topografía, da súa completa redefinición ou mesmo dunha mera acción sobre os fluxos de circulación do medio - é un elemento fundamental na expresión do dominio e da integración do home sobre e coa Natureza. Segundo as súas palabras, a primeira e primordial arquitectura é a xeografia.[1]
A súa obra tamén é cualificada por algúns como caracterizada por un "raciocinio de pórticos e planos". De feito, en varios de seus proxectos, a plena configuración espacial dáse a través dun rápido xogo estrutural, promovido polo dominio compositivo de elementos construtivos tradicionais (piares e vigas, así como paredes simples). Os proxectos nos que se torna máis clara esta característica son os do Museo Brasileiro de Escultura, da loxa Forma e dalgunhas residencias. A pesar da influencia visíbel dos xa citados Mies van der Rohe e Artigas, Paulo Mendes da Rocha é aclamado por algúns coma un lexítimo mestre cando lida con esta linguaxe.
Principais proxectos
- 1950, Clube de Atletismo Paulistano en San Paulo, Brasil
- 1970, Pavillón Brasileiro na Expo'70 de Osaka, Xapón
- 1986, Museo da Escultura en San Paulo, Brasil
- 1987, Salon do Móbel en San Paulo, Brasil
- 1993, Pinacoteca do Estado de San Paulo, Brasil
Véxase tamén
Ligazóns externas