Estación de Ourense
Ourense-Empalme | |
---|---|
Situación | Avenida de Marín s/n 32001 Ourense |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Intercity, Trenhotel |
Media distancia | Intercity, Avant, MD, Rexional, Rexional Exprés |
A Estación de Ourense-Empalme é a principal estación de tren de Adif da cidade de Ourense, por diante de Ourense-San Francisco. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe. En 2010, recibiu 321 772 pasaxeiros.[1]
Situación ferroviaria
A estación atópase situada a 133 metros de altitude nos trazados das seguintes liñas férreas:
- Liña férrea de ancho convencional Monforte de Lemos-Redondela, punto quilométrico 46.[2]
- Liña férrea de ancho convencional Zamora-A Coruña, punto quilométrico 248,90.[2]
Ademais a estación integrarase dentro da liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia que unirá Galicia coa Meseta e cuxo tramo Santiago-Ourense está operativo desde decembro de 2011.[3]
Historia
A chegada a Ourense do ferrocarril produciuse o 18 de xuño de 1881 coa apertura da liña Vigo-Ourense.[4] Unha máquina de vapor de tres eixos e sete vagóns novos foron os encargados de estrear a nova estación tras cinco horas de viaxe.[4] A Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo (MZOV) constituída en 1880 foi a encargada das obras. O 1 de decembro de 1884 esta mesma compañía realizou a conexión con Monforte de Lemos. En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.[5] En 1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en RENFE. Moito máis tardía foi a ligazón coa Meseta debido á gran complexidade das obras na provincia de Zamora. Por iso non foi ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra cando se puido completar a liña Zamora-A Coruña.[6]
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
O 10 de decembro de 2011 inaugurouse o tramo Santiago de Compostela-Ourense como parte da futura liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia.
A estación
A estación está situada na rúa Eulogio Gómez Franqueira s/n, na zona norte de Ourense, na ribeira norte do río Miño, a 1,5 km do centro da cidade.
O edificio para viaxeiros está composto por un pavillón central flanqueado por dous anexos laterais de dous pisos. A parte central incorpora unha ampla cristaleira. En xeral o conxunto mostra unhas liñas sobrías e funcionais.
Componse de tres plataformas, unha lateral e dous centrais ás que acceden cinco vías. O complexo ferroviario complétase con máis vías. Os cambios de plataforma realízanse grazas a un paso subterráneo.
Dispón de venda de billetes, punto de información, cafetería, librería e aseos. Todo o recinto está adaptado para as persoas con minusvalía. No exterior atópase un aparcadoiro, unha parada de taxi e outra de autobuses urbanos.
Servizos ferroviarios
Longa Distancia
Actualizados a 10 de xuño de 2016.
Media distancia
Actualizados a 10 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
Avant | Terminal | <> | A Coruña | |
Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
2 | Rexional | Ourense-San Francisco | <> | Santiago de Compostela |
4 | MD | Terminal | <> | A Coruña Lugo |
6 | Rexional Exprés | León Ponferrada |
<> | Vigo-Guixar |
6 | MD Rexional Exprés |
Terminal | <> | Vigo-Guixar |
Notas
- ↑ Anuario del ferrocarril 2011. Fundación de los Ferrocarriles Españoles y Vía Libre
- ↑ 2,0 2,1 Orense-Empalme (Est.) Euroferroviarios
- ↑ Arrinca a alta velocidade entre A Coruña, Santiago e Ourense La Región
- ↑ 4,0 4,1 Ourense celebra o 125 aniversario da chegada do tren pensando no AVE Faro de Vigo
- ↑ Medina del Campo a Zamora y Orense a Vigo - MZOV Spanishrailway
- ↑ Liña Zamora-Ourense Afzamorana