Porno for Pyros
Porno for Pyros | |
---|---|
Orixe | Os Ánxeles, California, |
Período | 1992 - 1998 2009 2020 2022 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Warner Bros. Records |
Membros | Perry Farrell Stephen Perkins Martyn LeNoble Peter DiStefano |
Antigos membros | Mike Watt |
Na rede | |
Porno for Pyros é unha banda estadounidense de rock alternativo formada no ano 1992 nos Ánxeles (California) tras a separación de Jane's Addiction.[1] O grupo formárono os membros dese grupo Perry Farrell (voces) e Stephen Perkins (batería), xunto con Peter DiStefano (guitarra) e Martyn LeNoble (baixo).[2] O baixista Mike Watt foi membro da banda entre 1995 e 1998, e posteriormente en aparicións únicas nos anos 2020 e 2022.
A banda publicou dous álbums de estudio, Porno for Pyros (1993) e Good God's Urge (1996), antes de entrar en hiato en 1998.[1] No ano 2009 a formación orixinal reuniuse para unha única aparición na festa do 50 aniversario de Perry Farrell. En 2020, a formación da época de Watt reuniuse para o Lolla2020, un evento gratuído emitido a través de YouTube durante as corentenas globais debidas ao COVID-19. Tras a actuación, membros do grupo continuaron traballando xuntos en material novo,[3] e en 2022 Farrell e Perkins reuniron Porno for Pyros para realizar a súa primeira serie de actuacións a grande escala en 24 anos, volvendo a xuntarse a súa formación orixinal.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Porno for Pyros | 1993 | Warner Bros. |
Good God's Urge | 1996 | Warner Bros. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 The Virgin encyclopedia of popular music (Concise ed ed.). London: Virgin in association with Muze Inc. 1997. pp. 963/4. ISBN 1-85227-745-9. OCLC 38189417.
- ↑ "Porno for Pyros Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-11-11.
- ↑ Blabbermouth (2021-07-23). "PORNO FOR PYROS Is Working On New Music". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). Consultado o 2022-11-11.